p/ Juan Silva Turnes
Qué é o colesterol?
O colesterol é un esterol (lípido), sustancia cerosa similar a graxa que está en toda as células do corpo. É necesario para formar as membranas celulares, a vitamina D, algunhas hormonas e sustancias que axudan a dixerir os alimentos. O noso corpo xa produce o colesterol que se necesita, pero tamén está presente en alimentos de orixe animal.
Existen dous tipos principais de colesterol: o colesterol de baixa densidade (LDL polas suas siglas en inglés) é o colesterol “malo”, e o colesterol de alta densidade (HDL) é o colesterol “bo”, que transporta o colesterol total o fígado, onde se elimina.
Se hai un exceso de colesterol no sangue, pode combinarse con outras sustancias e formar placas de ateroma, estas placas peganse as paredes das arterias (arterioesclese), e provocar dano nas arterias de todo o corpo estreitándoas e incluso bloqueándoas. É o principal causante das enfermidades cardiovasculares.
Causas da elevación do colesterol:
Hai causas xenéticas (hipercolesterolemia familiar).
Pero a causa mais frecuente é un estilo de vida pouco saudable: hábitos alimenticios con exceso de graxas dañinas (saturadas): carnes, lácteos, alimentos forneados e fritos, graxas trans…
Tamén axuda a falta de actividade física: reduce o HDL (bo).
E o tabaco, que tamén reduce o HDL.
A idade, a xenética e o sobrepeso tamén axudan a aumentar o colesterol no sangue.
Cómo baixar o colesterol?
O principal para baixar o colesterol é o cambio no estilo de vida, e se non chega, o uso de medicamentos.
1-Cambios no estilo de vida:
* deixar o tabaco: eleva o colesterol HDL.
* control do peso: evitar o sobrepeso, de xeito especial se hai un síndrome metabólico: aumento dos trigliceridos, hipertensión arterial, HDL menor de 40 en homes e de 50 en mulleres, e cintura abdominal maior de 102 cm. en homes e de 88 cm. en mulleres.
* control da tensión arterial, enfermidade que tamén afecta a todas as arterias.
* actividade física: facer exercicio de forma regular, mais de 30 minutos diarios, a lo menos 5 días por semana.
* dieta saudable: é importante diminuir o consumo de graxas saturadas e trans, e aumentar o consumo de graxas insaturadas:
– Graxa poliinsaturada: diminuen o colesterol total e os niveis de trigliceridos no sangue. Neste grupo atópanse os ácidos graxos omega-3 e omega-6. Están nos aceites de semillas (xirasol, millo, soxa), margarinas vexetais, froitos secos oleaxinosos (sobretodo noces e améndoas) e no aceite de fígado de bacallao.
– Graxa monoinsaturada: o ácido graxo mais representativo é o oleico. Protexe o noso sistema cardiovascular, xa que reduce os niveis de colesterol total no sangue a expensas do LDL (malo) e aumenta o HDL (bo). Atópanse no aceite de oliva, aguacate e olivas.
– Graxa saturada: consumidas en exceso elevan os niveis de colesterol e triglicéridos no sangue. Atópanse nas carnes, vísceras e derivados (embutidos, patés, manteigas, touciño), ovos, productos lácteos enteiros e graxas lácteas (nata e mantequilla). Tamén están presentes en aceites vexetais como o de coco e palma.
– Graxa trans ou hidroxenada: obteñense tras un proceso de hidroxenación na que as graxas insaturadas saturánse con hidróxeno para poder ter unha textura semisólida. Un consumo excesivo (mais do 2% das calorías totais da dieta) aumenta significativamente o risco de enfermidades cardiovasculares. Atópanse en margarinas, productos de repostería, bolería industrial, comidas precociñadas, snacks.
- Medicamentos: se o cambios no estilo de vida non son suficientes para reducir o colesterol ata cifras recomendables, segundo sexa en prevención primaria ou secundaria, existe arsenal terapéutico para tratar a hipercolesterolemia. Teñen diferentes xeitos de actuar e poden ter efectos secundarios e interaccións con outros medicamentos.
Ultimamente abundan os complementos alimenticios para baixar o colesterol, uns son efectivos, pero a maioría son de dubidosa efectividade.
Se non pode baixar o colesterol cos hábitos de vida saudable, e antes de tomar ningún producto “milagroso”, consulte co seu médico.