Todos somos galegos mais o capitán é de Muros

p/ Juan Jesús Gestal Otero

Muros é unha Vila rica de antigo en memorias e fecunda en acontecementos, con erudita tradición de posibles remotos orixes gregos, que contou cun Gremio de Mareantes que lle deu a época de maior esplendor, e unha ben merecida sona de ser berce de excepcionais capitáns de navío, contratados a porfía polas principais flotasImagen1.png europeas de entón, que cruzaron baixo o seu mando todos os mares coñecidos. Isto deu orixe a coñecida frase: “Todos somos galegos menos o capitán que é de Muros, que segundo a tradición foi pronunciada con admiración, nun porto da Bretaña, por un mariñeiro que se gababa da pericia do seu capitán, cando este en medio dun forte temporal, tras sortear numerosos baixos, conseguiu levar o barco a porto con todos os tripulantes sans e salvos, a vista dunha multitude, que desde o peirao observaba, asustada e sorprendida a difícil arribada, e se preguntaba ¿de onde son?.

Frase que é gramaticalmente incorrecta, prestándose a broma de que os de Muros non somos galegos, pois debería dicir “Todos somos galegos, mais o capitán é de Muros”. Vexamos por que:

Tratase de dúas oracións coordinadas: (1ª) Todos somos galegos, (2ª) O capitán é de Muros, e as oracións coordinadas son oracións compostas non subordinadas, que conservan a súa independencia unha da outra, o que quer dicir que independentemente cada unha ten sentido, ao contrario do que sucede cas oracións subordinadas, e sintacticamente as proposicións son independentes entre si, aínda que grazas as conxuncións que as unen constitúen unha oración complexa. Polo tanto “menos” tería que ser una conxunción, o que non é.

En Galego, “menos” pode ser: (1) un adverbio denotando unha diminución ou inferioridade cuantitativa ou cualitativa, que non é o caso, mais ben o contrario; unha preposición  significando agás, excepto, salvo, pero non é iso o que se quere dicir, que por ser de Muros non se é galego (por aquí é por onde se meten con nos dicindo que “non somos galegos”), ou (3) un adxectivo: peor, menos potente, mais suave. Tampouco é este o sentido.

As oracións coordinadas poden ser: copulativas (para enlazar o sumar informacións, non é o caso); disxuntivas (tampouco); distributivas (non); explicativas (unha oración explica a outra, tampouco procede); consecutivas (non), ou adversativas (unha das oracións corrixe a outra). Este é o caso ao meu entender, e por tanto, os nexos usados entre as dúas oracións deben ser conxuncións adversativas tales como: mais, sen embargo, non obstante,…).

Por tanto, o correcto gramaticalmente é empregar a conxunción adversativa “mais” (e non “menos”) que equivalería ao “pero” castelán, “con que a un concepto se contrapón outro diverso ou que amplía o anterior”: “Todos somos galegos, mais o capitán é de Muros”.

 

Anuncio publicitario

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s