A hipertensión arterial

A presión arterial é a medida da forza que se exerce contra as paredes das arterias mentres o corazón bombea o sangue ao resto do corpo. Cando a cifra de presión arterial está elevada falamos de hipertensión arterial. Habitualmente a presión arterial lese con dúas cifras (por exemplo, 120/70), a primeira ou superior denomínase presión arterial sistólica e a inferior coñécese como presión arterial diastólica. A presión arterial mídese en milímetros de mercurio (mmHg).

Cales son as cifras normais de presión arterial?

Dicimos que unha persoa ten hipertensión arterial cando as cifras de presión arterial, de forma repetida, son iguais ou maiores de 140/90 mmHg. Considérase normal cando o valor da presión arterial habitual é igual ou inferior a 120/80 mmHg. No caso de que o valor da presión de arterial sexa superior a 120/80 mmHg pero non alcance 140/90 mmHg falamos de prehipertensión.

Por que se produce a hipertensión arterial?

Hai moitos factores que poden afectar á presión arterial, entre eles a cantidade de auga e sal que hai no organismo, o estado dos riles, vasos sanguíneos e sistema nervioso, así como os niveis de certas hormonas. A medida que envellecemos somos máis propensos a ter a presión arterial elevada, isto débese a que os nosos vasos sanguíneos vólvense máis ríxidos coa idade. Tamén se observou que as persoas obesas, tensas, diabéticas, que consomen demasiado sal ou que fuman teñen un risco máis elevado de sufrir hipertensión arterial que aquelas que non se atopan neste grupo. A pesar de todos estes factores de risco para padecer hipertensión arterial, na maioría dos pacientes non se identifica a causa responsable da hipertensión, é o que se denomina hipertensión arterial esencial.

Que síntomas produce a hipertensión arterial?

A maioría dos pacientes non presentan ningún tipo de síntomas, a enfermidade detéctase cando a persoa mídese de forma casual a presión arterial. Nalgunhas persoas os síntomas que acompañan á hipertensión arterial son: dor de cabeza, confusión, sangrado nasal, cambios de visión, náuseas ou vómitos.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Mediciña y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s