Dúbidas do Galego: Como e coma

p/ César Lorenzo Gil

(do seu blog  https://dubidasdogalego.wordpress.com/

Ás veces lese en textos en galego un uso inadecuado ou mellor dito indiscriminado das formas coma e como. Hai unha regra fácil para sabermos cando utilizar unha ou a outra.

O primeiro que debemos saber é que en todos os casos nos que empreguemos coma podemos tamén empregar como mais só poderemos substituír como por coma nun caso: Imagen6cando esa forma equivale á conxunción que forma parte da partícula comparativa. “Xa estás tan alta como a túa nai” é unha frase correcta. “Tomou posesión coma novo conselleiro de Cultura” é unha frase incorrecta. Un truco efectivo é comprobar nunha frase se o como fai as veces de partícula comparativa. Só temos que substituír o coma/como por “igual que/ca”. Por exemplo, podemos dicir “Fai coma min, non te metas en política”? Trocamos a frase: “Fai igual ca min, non te metas en política”.

Na frase “Estás tan alta coma a túa nai” aínda é máis doado xa que só temos que observar a forma “tan”, presente case sempre nas frases comparativas: “Berrei tan alto coma puiden”; “Faime tan ben a leituga coma a escarola”. Ás veces aparece a forma tanto. “Dóeme tanto coma a ti”. Noutros casos, a comparación faise só coa forma coma: “Coma min non vas encontrar moitos que gusten tanto da marmelada de figo”. “Para este traballo non buscamos alguén coma ti”.

En todos estes casos poderiamos usar a forma como: “Berrei tan alto como puiden”. “Doéme tanto como a ti”.

Cando como é adverbio nunca se pode substituír por coma. Tampouco cando é unha conxunción modal, como no exemplo de “Tomou posesión como conselleiro”. Para non equivocarnos usamos o truco de trocar como por igual ca: “Tomou posesión igual ca conselleiro”. Non ten sentido xa que ese como equivale a “en calidade de” ou “conforme”.

Máis exemplos: “Falaches como/coma unha sabia”. “Tesme a casa limpa como/coma unha patena”. En cambio: “Acolleuno no pazo como vello amigo do exército”. “Compórtate como debes”.

 

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en A nosa Lingua y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s