A Voz dos Nosos Poetas: «Luscofusco de olor a sufrimento»

Luscofusco de olor
a sufrimento.

p/Manuel María Pena Silva

Un corazón que abrolla sen medida,
unha fenda profunda a ceo aberto,
un manancial que é río e que é deserto,
unha estatua de sal trala saída.

Un axente causal desta ferida,
unha mirada vaga diverxente,
un ente impenetrable indiferente,
unha vestal en mármore esculpida.

O desamor, iluso namorado,
escarmento da luz en negra cova;
como desangra o sol cando se entoba,
ese teu corazón é desangrado.

Drama en paixón por falta de alimento;
luscofusco de olor a sufrimento.

(Rioderradeiro)

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A voz dos Nosos Poetas «A VELLA DA A XESTA»

A VELLA DA A XESTA
p/ Marcelino García Lariño.
Picture46Choraba e chora na A Xesta,
Sempre o fai mirando ó mar;
A vella chora, e máis chora,
¿por quen estará a chorar?
¿Chorará polo seu home,
por seu fillo, por seu pai,
chorará polo seu noivo,
polo amigo, polo irmán?
Chora por calquera deles
que un día estando a pescar…
enguliuno unha galerna
e nunca mais veu voltar.
Calquera muller de Muros
sempre ten por quen chorar;
Non hai no porto familia
sen afogado no mar.
Hoxe, nunha estatua viva,
A vella sigue a chorar,
Mesmo na punta da A Xesta,
Soiña, fitando ó mar.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Fonte de Uhía (Esteiro)

p/ Elixio Vieites

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Uhía
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Picture44Fonte que se atopa ao pé do antigo camiño real que vindo da lugar de Mosterio no Freixo, pasaba na parroquia de Esteiro por Uhía, o Maio, Solleiros e Tras da Costa. A auga era fundamental nestes traxectos, nalgún lugar aínda se manteñen topónimos coma “Fonte dos Cabalos” (na ruta Noia-Santiago). A principios do século XX circulaban por aquí as dilixencias, coma a famosa ” Carrilana de Belermino”, que unían a parroquia de Santa Mariña de Esteiro con Muros por una banda, e con Noia e Santiago por outra. A fonte presenta no seu corpo central bloques de sillería de granito que lle dan aspecto de solidez, remata por enriba a modo de frontón con adornos en forma de semicírculos e una cruz gravada no medio . Deste corpo saen dous caños con abundante auga, que cae nunha pía de pedra. Ten un pequeno espazo que a encadra, feito de muros de mampostería e chan de lousas, con un pousadeiro para para os recipientes de carretar a auga.
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:

Haz clic para acceder a 22396CA018.pdf

(12 de 18)

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo

Picture45

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , , | Deja un comentario

O Catastro do Marqués de la Ensenada (I)

p/ Manuel M. Caamaño

Por máis que busquei por unha transcrición das “Respuestas Generales” da vila de Muros do Catastro do Marqués de la Ensenada do ano 1753, non fun quen de topala. E aparte de que é un precioso documento que detalla nas súas corenta respostas o que era a vila, como era a súa economía, os seus lindes, os nomes dos rexedores e propietarios, as medidas usadas para as terras, os tipos e o valor en Reais de Vellón dos froitos que daban; e as industrias, tipos e cantidade de embarcacións (pataches, pinazas e lanchas de falca e pesca) cos seus respectivos donos e rutas máis correntes, e actividades máis cotiás dos vecinos, etc…Tiña eu unha profunda curiosidade por coñecelo, e polo tal, un tanto destemidamente por a miña parte, propúxenme transcribir o texto.
Picture41Ao longo destas sesenta páxinas manuscritas repítense apelidos tan habituais aínda hoxe en día na Vila de Muros, como: Barreiros, Malvarez, Sendón, Beiro, Luaces, Longa, Caamaño, Hermida, Porrua, Lojo, Pardiñas, Fabeiro, Reloba, Lamela, Romero, Bazarra, Calderón… etc.
Páxinas escritas con unha caligrafía preciosista e ben coidada de escribán dilixente, pero con unha ortografía caótica e endiañada que non se atén a regra ningunha (uso anárquico das maiúsculas, distintas regras ortográficas para palabras similares en distintos lugares do texto,etc…”) nin se adecúa nin asemella para nada á de hoxe en día.
Conseguín unha copia dixitalizada do orixinal que se encontra no Arquivo Xeral de Simancas en Valladolid, e logo de tratar as imaxes cunha ferramenta de edición fotográfica para darlle mais resalte ao texto, pois case era completamente ilexible no seu orixinal, fun quen de transcribir a súa totalidade. Tratei de ser o máis fiel posible ao texto orixinal, aínda que algunhas palabras e abreviaturas resistíronseme, pero para iso contei coa inestimable axuda de Dª. Noemí Gomez Pereda , bibliotecaria e arquiveira da Biblioteca Central de Cantabria (BCC) na cidade de Santander, tremenda profesional e boa amiga á que agora aproveito para reiterarlle a miña gratitude.
Picture42Crédeme ben se vos digo que perdín as pestanas facendo esta transcripción, mais o resultado coido que ben merece o esforzo.
Aquí podedes ollar unha escolma dalgunhas das Respostas e da lista de todos os oficios, artes, facultades e empregos; mecánicos, e honoríficos que exercían o naturais, emolumentos e rendas dos veciños.
INTERROGATORIO DE LA VILLA DE MUROS
Dentro de la casa de la Audiencia de la Villa de muros, señalada para su operación a veinte y cinco días del mes de Agosto, año de mil setecientos cincuenta y tres. El Sr. D. Cecilio Morfhi valle y villa, Subdelegado de la Real Única Contribución, precedido recado político y conducente citación, pasó por delante mi Escribano a dar principio a las Respuestas Generales del Interrogatorio señalado con la letra A cuyo impreso antezede por lo Correspondiente a esta Villa, con asistencia del Licenciado D. Juan Antonio Arredondo, Prior de la Colegiata de ella= D. Francisco Alejando de Silba, Juez. D. Domingo Malbarez, Alcalde = D. Domingo Antonio Martínez D. Blas Malbares, rejidores = D. carlos de Ebia y Barrera, Procurador General = Domingo Antonio Fernández Duque, Escribano de número y ayuntamiento de esta misma Villa =Jacinto Gómez; Jacobo Lamela y Joseph Barreiros, Labradores y Vecinos nombrados por parte de los naturales = Genuario Nodal, Miguel Lamiña, Juan de Leis y Juan de Mayo, vecinos por parte de S.M. unos y otros como personas de la mejor opinión y Conocimiento en la extensión del término, calidades y cantidades de medidas, sus usos y cultura y mas a que termina este interrogatorio que a este fin se le confía de antemano para su mayor inteligencia y ratificándolo los seglares con el Juramento , y no los xxxxxx tienen prestado en los autos, y haciéndolo nuevamente de que yo el infrascrito Escribano doy fee : respondieron a cada pregunta lo siguiente.
1. Cómo se llama la población ?
1ª A la primera, que esta Villa comúnmente se llama Muros, sin que puedan dar mas Razón y responden.
2. Si es de realengo o de señorío, a quién pertenece, qué derechos percibe y cuánto produce.
2ª A la segunda, que es del señorío del Arzobispo de la Ciudad de Santiago, quien pone en ella Juez, y lo es actual dicho D. Francisco Alejando de vilba, cuyo empleo es trienal y anualmente dos Alcaldes ordinarios de cinco sujetos que propone la Justicia y Regimiento y lo son al presente dicho D. Domingo Malbarez y D. Bartolomé Caamaño = Tanvién se nombra seis rejidores cuyos oficios son vitalicios aunque actualmente solo subscriben quatro que son el expresado D. Domingo Antonio Martínez, dicho D. Blas Malbarez, D. Domingo Antonio Caamaño, y D. Luis Antonio Granero. Igualmente nombra seis Escribanos de número para otra Villa y Jurisdicción de los que les sirve uno en el Ayuntamiento por elección de los Vicarios del Gremio de la Mar que eligen anualmente cuyos oficios están ejerciendo el referido Domingo Antonio Fernández Duque, Joseph Antonio Luaces = Luis Granero y los tres oficios restantes se allan vacantes. Del mismo modo nombra tres Procuradores de Causas vitalicios que lo son Domingo Romero de Caamaño, Francisco de Casal y Silba y Manuel de la Torre.
Percive el Arzobispo el año que llaman de mulas y cuchara , y por el novecientos Reales de Vellón con que le contribulle la Villa y ayuntamiento, sin que para todo ello sepan el Título y Privilegio que tenga al que si pareciera se remiten, y responden.
3. Qué territorio ocupa el término, cuánto de levante a poniente y del norte al sur, y cuánto de circunferencia, por horas, y leguas, qué linderos o confrontaciones; y qué figura tiene, poniéndola al margen.
3ª A la tercera, que esta Villa ocupa de Levante a Poniente un quarto de Legua, del Norte a Medio día otro tanto, y de circunferencia tres cuartos de Legua, que para caminarlos se necesita ora y quarto. Demarca a Levante y Medio día con el mar. Poniente Santiago de Louro y mojón que se llama de piedra Cabalgada. Norte con el río llamado Cambeiro que divide esta Villa de la Feligresía de San Juan de Serres y su figura es la del margen (dibujo al margen del perímetro de la villa) y responden.
4. Qué especies de tierra se hallan en el término; si de regadío y de secano, distinguiendo si son de hortaliza, sembradura, viñas, pastos, bosques, matorrales, montes, y demás que pudiere haber, explicando si hay algunas que produzcan mas de una cosecha al año, las que fructificaren sola una y las que necesitan de un año de intermedio de descanso.
4ª A la quarta, que las especies de tierras que se allan en el término de esta Villa son hortaliza, sembradura y prados todo de Regadío y secano, Viñas de Cata aunque en corta cantidad. Frutales, Robles, Tojares y Jestares, cuyas tres últimas especies no se desraman ni cortan con regla ni orden, si no alguna cual rama de los Robles cuando los dueños las necesitan, por ser pocos y de poca consideración los que ay, y algun tojo o giesta para quemar. La sembradura de Regadío y secano de primera y segunda calidad produzen un año maiz; y otro zenteno, y responden

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Priores e párrocos de Muros

p/ Manuel Lago Álvarez

Despois de publicar a relación de párrocos de Louro, algunhas persoas pidiron a TMT que se publicasen os nomes dos priores e párrocos de Muros. Despois de facer un pequeño traballo de investigación, ahí van os nomes solicitados. Os datos referentes os priores foron extraídos do libro de don Ramón de Artaza, e os dos párrocos, de diferentes publicacions, faltando, en canto a éstos, as datas de toma de posesión e cese (fora por defunción ou por haber sido trasladados). Un traballo pendente a realizar sería o de dar nome a apelidos o coengos da Colexiata, que según a Bula de creación do ano 1500, eran dez. En canto aos coadjutores, sería mais fácil dar co seu nome, xa que se citan nos libros sacramentais da parroquia. Para quen queira facer este traballo de investigación refiro en que libros están os nomes: Na parroquia están os libros de Bautizados, Casados e Defuntos, dende os anos 1908, 1910 y 1897, respectivamente, e depositados, (entre outros) no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, os libros de: Bautizados: Fecha Inicial Bautizados: 1605; Fecha Final: 1908. Casados: Fecha Inicial Casados: 1630; Fecha Final: 1910. Difuntos: Fecha Inicial Difuntos: 1630; Fecha Final:1897. Además de éstos, tamén están no AHD os libros de: Actas Capitulares, Ordenanzas e Capitulacions, (1402-1764), Colexiata de Muros (1504-1882), Provisiones seculares. Libro VII. Rexidores, escribanos e procuradores de Muros. (1591-1799), Cofradías, etc.
Priores:
Roy González de Lamas
Pedro de Cebrián (Cardenal – 1535)
Alvaro de Ramos (1583)
Luis Amor (1586-1589)
Bachiller Gutierrez Falcón (1599-1615)
Bachiller Pedro de Castilla (1615-1635)
Licenciado Gonzalo Loxo de Porrúa (1635-1658)
Licenciado Pedro Durán de Porrúa (1658-1688)
Licenciado Pedro Guiance de Relova (1688-1694)
Licenciado José Rubio de Montano (1694-1733)
Licenciado Juan Arredondo Pardiñas (1735-1778)
Licenciado Juan A. Calderón (1778-1831)
Licenciado José Guiance de Caamaño (último prior -1831-1849)
Párrocos:
D. Ramón Gómez de Reloba,(canónigo cura) fallecido en 1857
Don José Blanco (encargado polo Prelado)
Don Francisco Bretal (franciscano exclaustrado)
Don Pedro Antonio Rodríguez (primeiro párroco por oposición)
Don José García Hervilla (cura ecónomo)
Don José Baldomero Callón (cura párroco)
Don José Lamela Penela (cura ecónomo)
Don José Souto Iglesias (cura párroco)
Don Joaquín Malvarez Dubert (ecónomo-abril-1922)
Don Ramón García Longo (cura párroco-1930-1966), falecido en 1966.
Don Casimiro Torres Pombo (cura párroco) 1966-2008 (falecido en 2014)
Don Alfonso Mera Nogueiras (cura párroco) 2008 –

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario