Xentes de Muros no século XVI

p/ Manuel Lago Álvarez.

De cando os franceses prenderon fogo a Muros aquel fatídico 26 de marzo de 1809, amais das cinzas de 190 casas queimadas, deixáronos sen parte daImagen3 nosa historia escrita. Vellos documentos que se atopaban nas casas dos escribáns da Vila foron tamén pasto do lume e coa súa desaparición perdeuse un legado historiográfico que como rexistro escrito da nosa historia deixounos orfos do coñecemento do acontecer de Muros durante séculos. Pero non todo se perdeu. Dalgunha maneira unha pequena parte do arquivo salvouse do lume. De feito, nos arquivos municipais de Muros hai documentos dos séculos XVI, XVII e XVIII, arquivados na forma en que os técnicos chaman “unidades de instalación”, sendo as mais antigos as actas capitulares do ano1560.

A publicación no ano 1997 do libro do muradán Don Manuel Fabeiro Gómez titulado “PAXINAS HISTORICAS DE MUROS”, (Editorial Toxosoutos), dou luz a un inmenso traballo paleográfico sobre as actas capitulares do ano 1560. Don Manuel, con unha paciencia inmensa transcribiu estas actas que nos dan a coñecer o como se desenrolaba a vida dos muradáns neses anos.

O libro describe con todo detalle como o primeiro de xaneiro de cada ano, alcalde, xuíces e rexedores, e parte dos veciños, acudían á Misa Maior na Colexiata, para despois da ofrenda facer tódalas dilixencias que eran obrigatorias de realizar dende tempo inmemorial, e entre outras: nomear ao Escriban, designar ao Procurador Xeral, conceder poder o mesmo, proposta dos Señores, donos dos Cobrados, aprobación de ordenanzas, etc. Amais, no libro fai referencia a acordos municipais de todo tipo, incluíndo as peticións e queixas que presentaban veciños e forasteiros. Así podemos saber dos acordos sobre os diezmos pesca e as medidas do sal; do pago aos traballadores; da visita de inspección do Dr. Carriazo, provisor da cidade e arzobispado de Santiago; da contratación do Sacristán e as súas obligacions; dos ingresos e gastos fixos do Concello; da necesidade de pan en Noia e da descarga de pan para Muros; do conflito do coto de Louro cos forneiros da Vila; da economía marítima; do acordo de non admitir en Muros aos taleheiros que foran vivir a Noia, etc.   E así, todo o libro, escrito cos datos que ofrecen as actas capitulares, e un magnífico diario do acontecer da Vila e das súas xentes neses anos do século XVI.

Dos andares sobre as páxinas do libro, fun quen de sacar os nomes das persoas que cita, que alcanzan a cantidade de 117, e que transcribo. Moitos dos apelidos aínda son habituais nas xentes de Muros de agora; outros xa desapareceron. xunto con eles –nalgúns casos, cando así aparecen- tamén poño os oficios, cargos e labores que desempeñaban.

Persoas citadas:

Afonso Bazarra

Afonso de Lansos

Afonso de Nantes

Alberte Díaz

Alberte Fernández

Alberte González

Alberte Simón (taleheiro)

Alberto de Bazarra

Aldonza Dominguez

Alonso de Lestón (forneiro)

Alonso de Queiro

Alonso Nunez (Notario de número da Vila)

Alonso Pérez

Antón Xerpe

Antonio de Caamaño

Antonio de Meyrans (rexidor)

Antonio de Padrón

Antonio Domínguez

Antonio Gómez Ares

Antonio Gómez de Guisamonde

Apriço García

Bachiller Leis

Bachiller Pardiñas (alcalde)

Bartolomé de Barral (notario)

Coles Maragato

Diego Fariña (escribano)

Dominga Oanes

Domingo Ferreiro

Domingos Fernández

Fernán de Saborido

Fernán de Sofán

Fernando de Loro de Figueroa

Fernando Díaz de Caamaño

Francisco de Xixón

Gómez Ferreiro

Gómez Martínez (Ferreiro)

Gonzalo Calderón (rexidor)

Gonzalo Fernández (xuíz)

Gonzalo García (mariñeiro)

Gonzalo Louro

Gregorio de Caamaño

Gregorio de Reloba

Gregorio Fernández

Gregorio Fernández de Ben

Gregorio López (rexedor)

Gregorio Loro

Gregorio Peres

Gregrorio de Landeira (rexedor)

Inés Rodríguez (viuva de Sancho López de Ozconez)

Jacome de Ermida

Jacome Paz

Jacome Xorxe

Juan Afonso de Senyill

Juan Ben (notario)

Juan da Cana

Juan de Iocias

Juan de Lago (traballador)

Juan de Louro

Juan de Paradas (escribano)

Juan Fernández de Landeyra (tnte. de alcalde)

Juan Rodrígues Guiançe

Juan Rroibo

Juan Veloso

Lopo Afonso

Lopo Fariña

Lopo Faryna Fernández

Lorenço Afonso

Martín de Leis

Martín de Tal

Martín Fernández

Martín Fernández Loro

Martín Sánchez (sacristán)

Martino de Mayo

Mourelos

Pedro de Ben de Figueroa (Procurador Xeral en 1560)

Pedro de Zas

Pedro del Rio (canteiro)

Pedro Ninobo

Pedro Simón (taleheiro)

Pedro Teyxido de Turnes

Pedro Yañez de Baruta

Pero Afonso de Ayuso (coengo)

Pero Amor (colledor das Rendas no 1559)

Pero de León (colledor de Rendas Reais)

Pero García de Ares

Pero Lesmente

Pero Yañez de Baruta

Roi Bo

Roi da Ponte (colledor das Rendas Reais)

Roi de Loro Figueroa

Sancho López de Ozconez (Xuíz da Vila, soterrado na Colexiata)

Vasco Patiño (Xuíz ordinario)

Vasco Rodríguez (taleheiro)

Xácome Giance (mercader e colledor das Rendas no 1559)

Xácome Gómez

Xan Rodríguez

Xil de Corposanto (taleheiro)

Xoán Beloso

Xoán Camarón

Xoán de Bamonde (procurador do alumeado da igrexa)

Xoán de Bazarra (colledor das Rendas Reás)

Xoán de Ben (alcalde)

Xoán de la Llama (Procurador xeral en 1559)

Xoán de Louro (Maiordomo Cofradía. Espíritu Santo)

Xoán de Meiráns (escribano real)

Xoán de Neira

Xoán de Santa María

Xoán de Xixón (alcalde)

Xoan Falloa (coengo)

Xoán Fernández

Xoán Fernández de Landeira

Xoán Martín

Xoán Preto (rexidor)

Xoán Rodríguez Moro (Teniente de Xuiz)

Xoán Roubo (Maiordomo Cofradía. Espíritu Santo)

Xoán Xordo (maiordomo do Couto de Louro)

Xoán Xordo Rebellón

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

Novo libro do Muradán José Manuel Bermúdez Siaba

O muradán José Manuel Bermúdez presentará axiña a seu cuarto libro. Unha novela histórica ambientada na Gran revolta irmandiña de 1.467, o maior acontecemento social ocorrido en Galicia na idade media.

A novela, escrita en galego, conta a historia dun labrego da comarca ferrolá, chamado Valente, que despois de ser visitado polos sicarios do nobre Andrade, Imagen2esixíndolle entregar un terzo da colleita como pago dos impostos, e ante a imposibilidade de facer fronte a tal demanda, decide desprazarse a Pontedeume para solicitar do nobre un aprazamento. Un amigo da infancia, que lle da acubillo na súa casa durante a súa estanza na vila do Eume, disuádeo de visitar a Fernán Pérez, e convénceo para tomar parte nunha gran revolta que se está a organizar para acabar cos abusos dos señores donos daquelas terras.

A animosidade que esperta aquel plan no idealista labrego, faino incumprir cunha promesa que lle fixera a súa muller. Esta, temendo que lle ocorrese algo ao seu marido, decide ir a buscalo, sendo asaltada no camiño por unha caterva de mozos bébedos, que, despois de agredila e violala, asasínana e foxen en busca de protección no pazo dos Andrade.

Valente, quen se encontra coa súa muller morta no camiño de regreso, implicase emocionalmente naquela loita, co obxectivo de atopar e matar aos asasinos da súa dona. Alistándose no exército irmandiño, dedicará varios anos da súa vida a loitar contra a nobreza galega, sen deixar nunca de perseguir o seu obxectivo de vinganza.

Na novela mestúrase a ficción cos acontecementos históricos que se deron en Galicia entre o 1.465 e o 1.472. Centrando especialmente a narración no bienio da revolta e dominio irmandiño, dende o 1.467 ata o 1.469, e na contra revolta posterior, dende 1.469 ata o 1.472, coa recuperación do poder e dos seus territorios polos nobres anteriormente derrotados. Se ben, mediante recensións retrospectivas, se alude a sucesos anteriores, levando a historia a tempos pretéritos, antes incluso de nacer o protagonista, desenvolvéndose a trama ao longo de toda a súa vida, durante a cal suceden unha serie de acontecementos e cambios na sociedade galega, que afectan directamente ao personaxe principal, e a aqueles amigos, veciños e familiares que o rodean.

Os protagonistas de ficción e as súas vivencias comparten argumento con personaxes e feitos reais, o que fai desta obra unha interesante elección, tanto para unha lectura ociosa como consultiva.

A novela está dispoñible en formato dixital para Kindle, en Amazon. E está xa en proceso de edición, polo cal axiña estará dispoñible tamén en papel, editada pola editorial Círculo Rojo.

No mes de marzo será presentada polo autor en Buenos Aires, xunto a súa anterior novela, “Mucho antes de ser mujer”.

Bermúdez espera poder presentala xa en Galicia no mes de maio ou de xuño, e case con seguridade en Santiago de Compostela.

Sinopse do libro.

Na segunda metade do século XV, as clases baixas e medias de Galicia estaban a sufrir unha situación de inestabilidade e carencias que alimentaron, durante anos, o descontento xeral e os desexos de xustiza dos menos favorecidos. Aos períodos de malas colleitas por mor da falta de choivas, sumábanselle os abusos da aristocracia, e a inseguridade que supoñían os salteadores e criminais, que actuaban baixo o amparo dos nobres e do alto clero. O descontento do pobo estoupou finalmente, na primavera de 1.467, nunha gran revolta popular coñecida como “A Gran Revolta Irmandiña”.

Naquel contexto social, un labrego chamado Valente Bolaño, coñecido como “Valente de Covas”, alistouse no numeroso exército popular en busca de liberdade e vinganza. Ao longo de varios anos Valente había ser protagonista, tanto dos satisfactorios logros acadados na guerra, como de desoladoras perdas persoais.

Acadada a vitoria, pouco durou aquel tempo de paz e xustiza, xa que unha contra revolta dos nobres, ansiosos por recuperaren o poder e os seus territorios, desencadeou un novo enfrontamento. Valente retomou, unha vez máis, as armas para defender a liberdade conquistada e ultimar, de paso, o seu inconcluso desquite.

Biografía do autor

José Manuel Bermúdez nace en Muros, (A Coruña) o 7 de decembro de 1.957. Con apenas 3 anos emigra coa súa familia a Buenos Aires, onde se desenvolve a súa infancia e cursa os seus estudos. ConImagen4 15 anos retorna a Muros, ao terminar o servicio militar, con vinteun anos, emigra novamente, esta vez a Suiza, onde escribe os seus primeiros poemas e relatos, os cales non chegou a publicar.

En 1.985 vai vivir a New York, retornando definitivamente a España en 1.989. Publica o seu primeiro libro en 2.012, (De la luz a las tinieblas. Editorial united p.c). En 2.013 publica o seu segundo traballo, unha recompilación histórica sobre o concello de Muros, (2.0 Editora). En agosto de 2014 editase a súa segunda novela, titulada Mucho antes de ser mujer, (Finisterrae Ediciones).

Publicado en Presentacions | Etiquetado , | Deja un comentario

Os nosos fotograf@s: Chucho Sande

Luz e mais luz… Unha luz que fai brilar como estrela que alumea as pedras de Muros. Así son as fotos de Chucho Sande, un muradán que reside dende fai moitos anos nas terras americanas, e que dende a lonxanía fai vivas e presentes entre nos, as imaxes de canto curruncho de Serres, de Baño, de Muros… se pon o alcance do seu obxetivo; parecendo como si as inmoviles pedras posaran para il, cal si foran modelos vivos que souberan do seu oficio, e así, as fotos de Chucho Sande son tamén como cadros pintados no radiante do sol; son unha expresión de pleitesía o astro rei e as terras de Muros; unha homenaxe a unhas terras queridas e nunca esquecidas.

Imagen12 Imagen13 Imagen14 Imagen15 Imagen16 Imagen17 Imagen18 Imagen19 Imagen20 Imagen21 Imagen22 Imagen23 Imagen24

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado | Deja un comentario

A Semana Santa de antes

p/ Manuel Lago Alvarez

Mais alá das crenzas relixiosas, a Semana Santa e unha época chea de tradicións que se celebra en todo el mundo, e cada país e cidade dálle un colorido que a caracteriza, e que vai moi da man coa celebración dos misterios que contemplamos.

A Semana Santa de Muros, non e moi diferente de outras; so cambiaron as persoas. As antiguas imaxes que se levan nas procesións aguantaron os anos, pero o que non aguantou foi unha fe enervada e a simboloxía de determinadas tradicións; unhas: as propias da participación activa na celebración dos misterios, e outras: as externas a practica relixiosa, realizadas nos entornos privados familiares.

No recordo de moitos, as fotos que publicamos neste número de TMT; fotos que nos levan a lembrar a Semana Santa de antes.

Imagen1 Imagen2 Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Os nosos fotograf@s: Quín Caamaño

Aínda que a él lle gusta fotografar todo o que encontra, unha constante das fotos de Quín e a súa preferencia polos motivos mariños. Quero pensar que a súa e unha maneira de achegarse o mar que durante mais da metade da súa vida tivo lonxe por razóns de traballo. As súas fotos están caseque sempre cheas de melancolía, e refrexan con naturalidade diferentes escenas mariñeiras sen que os protagonistas, sexan homes, mulleres ou embarcacións, sepan que están sendo inmortalizados. Os fondos das súas fotos gañan sempre protagonismo o captalos como parte fundamental do encuadre.

Imagen1 Imagen2 Imagen3 Imagen4 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado , | Deja un comentario