p/ Manuel Lago Álvarez.
De cando os franceses prenderon fogo a Muros aquel fatídico 26 de marzo de 1809, amais das cinzas de 190 casas queimadas, deixáronos sen parte da nosa historia escrita. Vellos documentos que se atopaban nas casas dos escribáns da Vila foron tamén pasto do lume e coa súa desaparición perdeuse un legado historiográfico que como rexistro escrito da nosa historia deixounos orfos do coñecemento do acontecer de Muros durante séculos. Pero non todo se perdeu. Dalgunha maneira unha pequena parte do arquivo salvouse do lume. De feito, nos arquivos municipais de Muros hai documentos dos séculos XVI, XVII e XVIII, arquivados na forma en que os técnicos chaman “unidades de instalación”, sendo as mais antigos as actas capitulares do ano1560.
A publicación no ano 1997 do libro do muradán Don Manuel Fabeiro Gómez titulado “PAXINAS HISTORICAS DE MUROS”, (Editorial Toxosoutos), dou luz a un inmenso traballo paleográfico sobre as actas capitulares do ano 1560. Don Manuel, con unha paciencia inmensa transcribiu estas actas que nos dan a coñecer o como se desenrolaba a vida dos muradáns neses anos.
O libro describe con todo detalle como o primeiro de xaneiro de cada ano, alcalde, xuíces e rexedores, e parte dos veciños, acudían á Misa Maior na Colexiata, para despois da ofrenda facer tódalas dilixencias que eran obrigatorias de realizar dende tempo inmemorial, e entre outras: nomear ao Escriban, designar ao Procurador Xeral, conceder poder o mesmo, proposta dos Señores, donos dos Cobrados, aprobación de ordenanzas, etc. Amais, no libro fai referencia a acordos municipais de todo tipo, incluíndo as peticións e queixas que presentaban veciños e forasteiros. Así podemos saber dos acordos sobre os diezmos pesca e as medidas do sal; do pago aos traballadores; da visita de inspección do Dr. Carriazo, provisor da cidade e arzobispado de Santiago; da contratación do Sacristán e as súas obligacions; dos ingresos e gastos fixos do Concello; da necesidade de pan en Noia e da descarga de pan para Muros; do conflito do coto de Louro cos forneiros da Vila; da economía marítima; do acordo de non admitir en Muros aos taleheiros que foran vivir a Noia, etc. E así, todo o libro, escrito cos datos que ofrecen as actas capitulares, e un magnífico diario do acontecer da Vila e das súas xentes neses anos do século XVI.
Dos andares sobre as páxinas do libro, fun quen de sacar os nomes das persoas que cita, que alcanzan a cantidade de 117, e que transcribo. Moitos dos apelidos aínda son habituais nas xentes de Muros de agora; outros xa desapareceron. xunto con eles –nalgúns casos, cando así aparecen- tamén poño os oficios, cargos e labores que desempeñaban.
Persoas citadas:
Afonso Bazarra
Afonso de Lansos
Afonso de Nantes
Alberte Díaz
Alberte Fernández
Alberte González
Alberte Simón (taleheiro)
Alberto de Bazarra
Aldonza Dominguez
Alonso de Lestón (forneiro)
Alonso de Queiro
Alonso Nunez (Notario de número da Vila)
Alonso Pérez
Antón Xerpe
Antonio de Caamaño
Antonio de Meyrans (rexidor)
Antonio de Padrón
Antonio Domínguez
Antonio Gómez Ares
Antonio Gómez de Guisamonde
Apriço García
Bachiller Leis
Bachiller Pardiñas (alcalde)
Bartolomé de Barral (notario)
Coles Maragato
Diego Fariña (escribano)
Dominga Oanes
Domingo Ferreiro
Domingos Fernández
Fernán de Saborido
Fernán de Sofán
Fernando de Loro de Figueroa
Fernando Díaz de Caamaño
Francisco de Xixón
Gómez Ferreiro
Gómez Martínez (Ferreiro)
Gonzalo Calderón (rexidor)
Gonzalo Fernández (xuíz)
Gonzalo García (mariñeiro)
Gonzalo Louro
Gregorio de Caamaño
Gregorio de Reloba
Gregorio Fernández
Gregorio Fernández de Ben
Gregorio López (rexedor)
Gregorio Loro
Gregorio Peres
Gregrorio de Landeira (rexedor)
Inés Rodríguez (viuva de Sancho López de Ozconez)
Jacome de Ermida
Jacome Paz
Jacome Xorxe
Juan Afonso de Senyill
Juan Ben (notario)
Juan da Cana
Juan de Iocias
Juan de Lago (traballador)
Juan de Louro
Juan de Paradas (escribano)
Juan Fernández de Landeyra (tnte. de alcalde)
Juan Rodrígues Guiançe
Juan Rroibo
Juan Veloso
Lopo Afonso
Lopo Fariña
Lopo Faryna Fernández
Lorenço Afonso
Martín de Leis
Martín de Tal
Martín Fernández
Martín Fernández Loro
Martín Sánchez (sacristán)
Martino de Mayo
Mourelos
Pedro de Ben de Figueroa (Procurador Xeral en 1560)
Pedro de Zas
Pedro del Rio (canteiro)
Pedro Ninobo
Pedro Simón (taleheiro)
Pedro Teyxido de Turnes
Pedro Yañez de Baruta
Pero Afonso de Ayuso (coengo)
Pero Amor (colledor das Rendas no 1559)
Pero de León (colledor de Rendas Reais)
Pero García de Ares
Pero Lesmente
Pero Yañez de Baruta
Roi Bo
Roi da Ponte (colledor das Rendas Reais)
Roi de Loro Figueroa
Sancho López de Ozconez (Xuíz da Vila, soterrado na Colexiata)
Vasco Patiño (Xuíz ordinario)
Vasco Rodríguez (taleheiro)
Xácome Giance (mercader e colledor das Rendas no 1559)
Xácome Gómez
Xan Rodríguez
Xil de Corposanto (taleheiro)
Xoán Beloso
Xoán Camarón
Xoán de Bamonde (procurador do alumeado da igrexa)
Xoán de Bazarra (colledor das Rendas Reás)
Xoán de Ben (alcalde)
Xoán de la Llama (Procurador xeral en 1559)
Xoán de Louro (Maiordomo Cofradía. Espíritu Santo)
Xoán de Meiráns (escribano real)
Xoán de Neira
Xoán de Santa María
Xoán de Xixón (alcalde)
Xoan Falloa (coengo)
Xoán Fernández
Xoán Fernández de Landeira
Xoán Martín
Xoán Preto (rexidor)
Xoán Rodríguez Moro (Teniente de Xuiz)
Xoán Roubo (Maiordomo Cofradía. Espíritu Santo)
Xoán Xordo (maiordomo do Couto de Louro)
Xoán Xordo Rebellón