A Pedra da Pia

p/ Elixio Vieites
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita…),
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: O pedregal de Esteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Picture2Pedra con pías e petróglifos. Está situada á beira dun camiño antigo de subida ao cume do monte, a 650 m. doutra pedra que está no alto do pedregal e que se chama a Pedra do Cadro. Pode ser unha pedra de límite, ou marco de couto, pero a observación detida parece apuntar a que foi utilizada en épocas distintas para moitos usos, inclusos relixiosos. Evidentemente as cruces apuntan a unha cristianización dalgún culto anterior. Está rodeada de inmensos batolitos do Pedregal de Esteiro, que forman coa erosión figuras moi rechamantes e numerosas covas. Picture3No traballo que se expón no Anuario Brigantino podemos ler que nos poderíamos atopar ante un caso singular da litolotría galega, un altar prehistórico sen alterar nos seus elementos esenciais, nun lugar de paso cara unha montaña de connotacións míticas

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: Pedra das Pías
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
20pia_LESTON_TORRADO.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?: pendente e escarpado.
Está ao lado dunha pista forestal, pero non pasan moitos vehículos por ser un sitio de gran http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/05/30/e-outra-santa-marina-mais-a-pedra-da-pia-de-esteiro/
http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/10/o-pedregal-de-esteiro/
http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2011PDF/2011%20041_056%20pedra%20da%

Publicado en Cousas que interesan, Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción: Abril-2014

Carta da Redacción:

Picture1O sol escomenza a pórse
Orade, dí a campá ¡

Somos un pobo que vive do mar e para o mar. Somos terra de aguerridos mariñeiros que o longo de centos de anos buscaron e buscan o sustento para os seus, adentrándose en perigosos mares, pero moitas veces, ese mar, que e fonte de sustento de moitas familias, cobra terribles tributos, e o fai en forma de vidas humanas. Calquera traxedia no mar non e só un mal para as familias mais directamente afectadas; e todo un pobo o tocado, porque un pobo como o noso síntese solidario sempre, é mais aínda cando os seus son os protagonistas.
O mirar atrás, os que xa vamos tendo anos podemos recordar, e recordamos con amargo dor, traxedias e mais traxedias que sembraron de dor e loito a moitas familias; que truncaron anhelos i esperanzas; que deixaron viúvas e orfos, pero fronte as traxedias, o que hai que facer, aínda que coste, e loitar polo futuro enfrontándose a vida con mais ganas que nunca. Custará facelo; sabemos que e difícil, pero será unha maneira de dicirlle ós ausentes, que o seu recordo perdurará por sempre.
Dende The Muros Times, vaia por diante o noso mais profundo sentir e pesar pola traxedia do pesqueiro muradán Santa Ana. Gustaríanos que nunca mais tiveramos que escribir textos como estes. Oxalá sexa posible ¡.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario

A flora da lagoa de Louro

P/Nieves Formoso Vidal

1.- FEO DE PRAIA: (Ammphila arenaria). Coroa as dunas móbiles. Ten a folla enrolada Picture36parra reducir a perda de auga. E unha gramínea.
2.- CARRIZO-XUNCO : Ten tallo ríxido e redondo. Picture37Remata nunha punta moi afiada. As xunqueiras son depuradoras naturais; as raíces absorben certa cantidade de contaminantes disoltos na auga.
3.- CARDO MARIÑO: (Eryngium Picture38maritumum): Ten follas moi dentadas e moi duras. Florece no verán cunha flor alulada. A súa raíz ten propiedades diuréticas.
4.- LEITEIRAS: Planta perenne con folla moi Picture39carnosa. O cortala sae un liquido de cor leite, de aí o seu nome. O seu líquido serve como remedio de curación das verrugas.
5.- CARRASCA DE SAN XOAN: As follas están cubertas dunha Picture40gorra branca que tapa o seu verde. Empregase como depurativa.
6.- HERBA DE NAMORAR: O carón das dunas e das rochas atopase esta planta con follas Picture41moi longas. As fores nacen agrupadas en cabezolos de cor rosado. Florece en agosto.
8.- CEBOLA DAS GAIVOTAS: Ten o bulbo de cor amarela. Ten unha flor branca en forma Picture42de campá que moi arrecendente.
9.- ARENARIA DE MAR
Picture4310.- ESPADANA AMARELA: Picture44Florece entre maio e xullo en ribeiras fluviais e marxes de lagoas.

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

A voz dos Nosos Poetas: En canto arribara Antón…

p/Manuel María Pena Silva

En canto arribara Antón…

Picture35Limpa palabra por loa,

en canto arribara Antón…

  e se amosara en persoa,

en verso libre, el entoa

o SON GALEGO, que é don

do Mar de Prata; abenzoa

co lume do corazón;

con cada palabra ecoa

e, polo tanto, coroa

de BREOGÁN, dá razón

de sermos patria arestora,

testemuños da traizón

-nós na trincheira-, intrusión

por contumacia invasora

que vilipendia o tesón

e aos desleigados devora.

  Limpa palabra por loa,

en canto arribara Antón…,
  Alba de Gloria, e coroa.

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A voz dos Nosos Poetas: AREA MAIOR

p/Marcelino García Lariño

Picture34AREA MAIOR

Area Maior, lembranza

da mocidade fuxida,

de cando eu aquí axexaba

surca-los barcos a ría.

Area Maior, preciosa

de noite coma de día,

silandeira ou ruidosa,

ti es sempre unha marabilla:

inspiración de poetas,

paisaxe de fantasía.

(Marcelo García Lariño)

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario