A nosa xente na diáspora: Ventura Abeijón Rodríguez

Son, Ventura Abeijón Rodríguez, coñecido tamen como o xenro de Picture16Marcial de Tona. Fillo de José e Lola da Canela e casado con Maria José, tamén de Muros. Nacín en Esteiro. Emigrei para Suiza no ano 1979. Actualmente resido en Playa Honda (Lanzarote). Estoú retirado por unha incapacidade desde o ano 2012. Saúdos a todos.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Juan Rodríguez Fernández

Picture15Son Juan Rodriguez Fernandez coñecido tamén como o fillo de Juanita de Xanquías e Juan de Marin. Sigo tendo a nacionalidade Espanola cousa que non quero cambiar nunca, porque eu son muradano, galego e espanol. Emigrei a Jersey, unha pequena illa no canal de mancha que petenece a coroa inglesa pero non petenece a Inglaterra. Vivín nesa illa por 18 anos traballando sempre en hoteles. Ahora estou na illa de Guernsey (que está o lado e é mais pequena que Jersey) donde vivo dende fai 8 anos. Traballo no aeroporto de Guernsey como oficial de seguridade.
Saúdos , apertas, bicos a toda a miña familia que está por todo o mundo; a todos os meus amigos en Muros e a todos os muradanos que están fora do noso querido pobo.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Nellie Lago

Hola a todos! Eu son Manuela Mayo Cubelo, máis coñecida coma Nellie Lago. Son do Campo das Cortes. 
Estou casada con Antonio Lago (o Jarabello) de Serres. Temos dous Picture13fillos e dúas netiñas. Vivimos en Commack, Long Island. Unha cidade de 31 Km cadrados e 36.000 habitantes. Son profesora de preescolar. Hai doce anos que traballo nun colexio cerquiña da casa. Viñemos para América a darlle un futuro mellor aos nosos fillos. Ese era o noso «sueño americano» e creo que o logramos. Estamos moi orgullosos de ser de Muros, i eu, sempre que teño oportunidade, comparto con todo mundo cousas da nosa terra e da nosa cultura. E aínda que nunca se nos olvida de donde vimos e cales son as nosas raíces, estamos moi contentos en este país. Gracias a “The Muros Times” por darme a oportunidade de compartir con vos, un pouco da miña vida. Apertas para tódolos Muradáns donde queira que estén. Nellie Lago.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

Presuposto da igrexa colexial de Muros para o ano 1843

p/ Manuel M. Caamaño
No arquivo particular de D. Ramón Artaza e Malvárez figuraba este documento municipal do ano 1843.
«Presupuesto de los gastos que se contemplan necesarios para el culto parroquial de esta Villa y Santuario de N. S. del Camino que le está anecso para Picture11el año corriente de 1843:
Por el sueldo de Sacristán y Fabriquero, 1000 Reales de Vellón -/- Para hostias, incienso, carbón, plancha de corporales y limpieza de purificadores a cargo de dicho Fabriquero. 330 R. V. -/- Para los monancillos, 270 R.V. -/- Para labar la ropa, jabón y reparla (repararla), 320 R.V. -/- Para armar y desarmar el monumento, 290 R. V. -/- Por setenta y cinco libras de cera, 930 R. V. -/- Por vino para las misas, 350 R. V. -/- Por reparos de la iglesia y utensilios, 300 R. V. -/- Por casullas, albas, misales, vinagreras y más necesario, 600 R. V. -/- Para la función del Patrono, 800 R. V. -/- Total 5.190 Reales de Vellón.»
«Data.   Por derechos de sepulturas privilegiadas que se perciben por la fábrica, 240 R. V. -/- Por reparto vecinal, 4950 R. V. -/- Igual, 5.190 Reales de Vellón.
Muros 12 de Enero de 1843.  Manuel Costoya y Valladares, Ignacio Pérez Bazarra, Felipe Lago (Siguen las firmas) Joaquín Duque, secretario.»

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Por qué a música na educación infantil?

p/ Esmu-Carnota
Maís aló das cancións infantís populares, repetidas miles de veces perante décadas de pais a fillos, e de fillos a netos, a música é un piar fundamental dentro da Educación Infantil, é unha maneira de expandir as capacidades dos cativos/as a moitos niveis. O seu poder para estimular a intelixencia emocional, así coma o densenrolo auditivo e cognoscitivo dende unha idade temprana, fan dela unha sonora fonte de información, altamente beneficiosa para os máis pequenos. Por iso, cada vez máis e máis pais súmanse á tendencia de inculcar aos seus fillos a paixón por un instrumento musical dende a idade preescolar. Compartir con eles a maxia das notas musicais ao despregarse sobre unha partitura non só nos Picture10permite estreitar lazos e abrir miras, os efectos de aprender a tocar o violín, o piano ou a guitarra, repercuten directamente na súa capacidade de aprendizaxe, fomentando a súa comprensión de materias moi diferentes coma as matemáticas, e expandindo os límites da súa imaxinación, ao tempo que cultivan unha faceta máis sensible da súa personalidade de cara á vida adulta.
Neste sentido o máis importante cando se pretende inculcar o gusto pola música a unha idade temprana é presentala coma un xogo, máis alá que unha simple repetición de exercicios, escalas e arpexios.
Porque a música hai que vivila!!!!!!

Publicado en Educación, Música | Etiquetado , | Deja un comentario