Ao PICO, xograr de Esteiro. (in memoriam)

 P/ Manuel María Pena Silva

Picture20Non coñecín á persoa,
albisqueino en personaxe,
recoñecinlle a liñaxe
que no escenario é coroa.

Prorrompo aplauso arestora,
por ser levián equipaxe;
replique o eco a mensaxe
da «Galizaland» señora.

Rindo sentida homenaxe
a XOSÉ MANUEL OLVEIRA
GALLARDO, voz mariñeira
dunha adestrada oleaxe.

Muradáns, falta o veciño
de Breogán compañeiro,
caeu telón, xa adiviño…

Eis PICO, xograr de Esteiro,
noutro papel, manseliño,
maxistral, máis verdadeiro

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Saudade

SAUDADE (Como hei…)
                      p/Joaquín Vilar

Como hei poder vivir,
se perdo a vida cada hora,
que (des)vivo lonxe de Ti,
cando teño que estar fóra?

Como hei poder pensar,
no que teño que facer,
sinto gañas de chorar,
por non te poder ver?

Como hei poder ter,
se quero coller e non podo,
es auga que escapa das mans,
e non encontro acomodo?

Como atopar o perdido,
cando volver a consciencia,
donde retomar a convivencia,
e recuperar o sentido?
Joaquín Vilar

GAL-ízate
Esperta do longo sono,
derruba os muros de pedra,
racha o ar cun aturuxo,
de liberdade e guerra.

Acubilla os teus fillos,
espallados na ribeira,
Nai do Alén,
pobo de escudo e bandeira.

Ergue ó teu pobo,
defende a túa aldea,
enche de cobiza o mar
a Fala … a Terra!!

Chan dos nosos ancestros,
Patria de mar e vento,
enchárcanos de forza,
danos folgos e alento!.

Galicia esperta!
cabeza ben alta!
a fronte ergueita!
Galicia: loita,canta,berra!!

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Anabel Lago-Pedrick

Picture19Ola, son Anabel Lago-Pedrick, filla de Jorge Lago de Pexejo de Miraflores e Manuela Tajes Gómez da Virxe do Camiño. Segundo os meus pais fun concebida nos EUA, nacida en Muros no que vivín ata os dous anos, polo tanto son 100% muradana e 98% americana, unha ecuación un pouco rara, pero así é como me sinto. Estou casada cun yankee Richard Pedrick, que o que máis ama de Muros ademais da arquitectura e a amabilidade das súas xentes, son os churros nos días de mercado. Temos dúas nenas chamadas Olivia e Isabel. A miña profesión é psicóloga e traballo nun programa estatal tratando de remediar os males que aflixen á sociedade. Falo exclusivamente inglés, galego ou castelán. O galego foi imposto no fogar como lingua oficial por dous galegos que aínda trato de descifrar o por qué da súa obstinación en que aprendese galego antes que castelán. Quero mandar un abrazo a Muros e a tódolos muradáns, e sobre todo á os meus tios, aos meus primos e a toda a  familia.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Oscar Fariña Lamela

Son Oscar Fariña Lamela, fillo de María Lamela e José Antonio Fariña Sambade. Emigrei aos EUA no ano 1996 e cheguei aquí sen ter puñetera idea de onde chegara; nin se viña temporalmente Picture18ou para nunca máis volver.
Os meus irmáns xa estaban aquí e xa se dedicaban ás faenas do mar pero eu nunca pisara un barco. Recordo que cando me estaba a despedir da familia, estaba máis contento que ou carallo anticipando a viaxe en avión no que tampouco viaxara nunca. Nin se me pasaba pola cabeza o que me esperaba ás dúas semanas de ter chegado aquí.
Ofrecéronme unha praza nun barco dun muradano Xesús dá Corrubeda cuxa esposa era prima da miña nai.
Recordo que ou Corrubedo chamou ao meu tío José Lamela e espetoulle: ¿O teu sobriño quere vir a pescar? » Si, respondín eu». Ok mañá ás oito no peirao de Point Pleasant» E así foi como puxen pé na cuberta do Muros, o único entre cincuenta pesqueiros que tiña o nome do meu pobo.
Aí foi cando me decatei do significado de ser emigrante e do dura que era a miña profesión, pero tamén do agradecido que estou por conseguir un benestar e dar grazas a deus por encontrar a mellor amiga, nai e esposa. Todo o mundo fala ben dos seus, pero Jennifer para min é o todo, ela e os meus fillos son o maior tesouro que poiden posuír. Saudos a toda a familia, en especial moitos bicos para miña nai que non pode estar con nós. Saudos a todo pobo.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Juana Conchas García

Son Juana conchas de Muros tamén coñecida comoPicture17 Juana García.
Filla de Conchita de Juan do bar e de Moncho de Moreira.
Casada con Ramon Garcia tamén de Muros
Nacín en Muros e emigrei para USA no ano1984
Actualmente resido en Rahway, NJ, USA. Traballo na casa.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario