A Frei Humberto Castro Soto (in memoriam)

P/ Manuel María Pena Silva

Picture12De condición campechano,
verbo animoso e fluído,
home de fe, conducido
polo ideal franciscano.

Viviu, serviu…; ouro en pano,
con seráfica humildade
departiu fraternidade
e comprensión; foi humano.

Cando Deus o convocou
pola vía natural,
obediente e puntual,
acudiu, logo pensou …

Era a cita principal:
HUMBERTO  CASTRO aceptou
cristianamente o final.

En testamento, deixou
concordia por capital.

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Lembranzas de Pesco

p/Alfonso Pouso

LEMBRANZAS DE PESCO …
Cando so era un rapaz
o’ Mar tiñalle medo
por iso fun traballar
con un home pro cemento

trescentas pesetas ao dia
foi moito tempo o meu «sueldo »
traballando coma home…
¡ e pagado como neno !

Esgotado cal un burro
canso de dar o pelexo
botenlle collons a cousa
e fun-me cara o Curbeiro

atopeime eu con Xoan
(un bon amigo de neno )
andamos cara o seu pai
que isparaba os aparellos.Picture9

– Boas tardes ,SR. PEPE
falar con vostede quero…
-Dime o que queres rapaz
¡ non poido perder o tempo !

tremabanme as pernas todas
non sei que facer cos dedos
pois a forma de falar
erache brava de xeito !

e de supeto eu soltei :
Embarcarme e o que quero

miroume de riba a baixo
deulle un respiro o trafego
e soltoume sen pensalo…
coma un ferro ao roxo ardendo :
– Hoxe as catro da mañan
¡coma un cravo no Curbeiro !

pararon xa os tremores
o peor xa estaba feito.

Cheguei moi cedo esa tarde
a miña nai dixenlle contento :
-Prepareme pronto a cea
-E, ¿ a que ven iso, meu neno ?

-Embarcarei esta noite
co SR. XACOBO o vello
e as catro da manan
teño que ir pro Curbeiro

A probe da miña nai
canto sofria por dentro
pois de sobrado sabia
do mareo do seu neno.

NOVO CABO VILAN
era o barco trasmalleiro
e fomos a TOURIÑAN
en busca de pintos e vellos.

Ao cachiño de sair
pola punta do castelo…
botei fora pola boca
o que non habia dentro

Vaia lembranza mais doce
a que gardo eu dese vello…
foi il o primeiro home
que me pagou un bon sueldo.

Hoxe xa faleceu o meu probe
xa non anda aos aparellos
pero devolle a ise HOME :
Que me embarcase de NENO.

En memoria de un bon home .

© a. pouso

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Francisco Carantoña Dubert

Francisco Carantoña Dubert 

Picture7Coñecín a Don Paco Carantoña dende que tiña eu uso de razón. Cando viña a Muros, sempre pasaba a saudar a miña nai América. Como miña nai nacera en Xixón i él era xixonés de adopción, sempre pasaban largo tempo falando de Xixón e de Asturias. Don Paco, sempre cos seus diarios baixo o brazo, daba  largos paseos pola Vila que o veu nacer, e mantiña agradables conversas coa xente; entre eles Marcelo da Rabela, con quen mantivo sempre unha grande amizade. Gran enamorado de Muros, foi o promotor de que a Vila de Xixón se hirmanase coa de Muros, por mor do afecto que os xixoneses sinten por Muros, por haber acollido o Inmortal Jovellanos, aló polo ano 1810. A él se debe tamén o monolito a Jovellanos que se atopa no noso paseo marítimo. Permitinme recoller a biografía que segue, para que propios e alleos coñezan deste muradán, quen nunca renunciou as súas orixes.

“El prestigioso escritor, periodista y crítico de arte Francisco Carantoña Dubert nació en la villa de Muros el 4 de abril de 1926. Vivió en Gijón (Asturias) desde que, en 1954, asumió la dirección del diario El Comercio hasta su fallecimiento, el 8 de diciembre de 1997.

Estudió el bachillerato en varias ciudades españolas y la carrera de Ciencias Químicas en Valladolid, Granada y Madrid, donde se licenció en 1948. Durante dos años fue ayudante de la cátedra de Química Inorgánica en la Universidad de Madrid. Ingresó en la Escuela de Periodismo en 1951 y en noviembre de 1954 se incorporó al diario gijonés El Comercio, del que sería director hasta el año 1995 y articulista hasta su muerte. Antes había sido redactor de El Español y redactor jefe de Motor Mundial. Bajo su dirección El Comercio se transformó en un periódico moderno y se consolidó como el primero y más influyente de la ciudad. Durante decenios los gijoneses se acostumbraron a leer los dos artículos que publicaba diariamente, uno dedicado al análisis de la política regional, nacional o internacional, que firmaba con su nombre, y otro sobre temas muy diversos en la columna “La Vida y sus Vueltas”, firmado con el seudónimo de Till.

Lector infatigable, hombre de amplia cultura, su producción literaria fue extensa y variada. Su afición por la pintura le llevó a estudiar la obra de varios artistas asturianos, con algunos de los cuales, como Nicanor Piñole, Orlando Pelayo, Joaquín Rubio Camín o Pelayo Ortega, mantuvo una estrecha amistad. Así, publicó libros, fue comisario de exposiciones e introdujo catálogos sobre la obra de, además de los citados, Evaristo Valle y Antonio Suárez, entre otros. Como novelista, es autor de La libertad de los tejones y del relato Dinusiña, la hija de Betulio el alberguero, ilustrado por Orlando Pelayo. A la ciudad que lo acogió durante la mayor parte de su vida le dedicó Semblanza de Gijón, que fue ilustrado por Pelayo Ortega, y su trabajo como articulista ha merecido la publicación de tres recopilaciones: La vida y sus vueltas, El último año de Till y Gijón de perfil. A Galicia y a su natal villa de Muros, de la que fue cronista oficial, les dedicó, además de numerosas referencias en los artículos publicados en El Comercio, las crónicas de sus libros de viajes Memorias del peregrino Till y Viaje a tierras de Finisterre, en el año del cometa Kohoutek, el segundo con dibujos de Orlando Pelayo, y su última obra, La estancia de Jovellanos en Muros de Galicia.

Fue miembro numerario del Real Instituto de Estudios Asturianos (Ridea), en el que ingresó en 1982 con el discurso Las mascaradas de Evaristo Valle. En 1995 participó en la creación del Foro Jovellanos del Principado de Asturias, del que sería primero vicepresidente y presidente tras el fallecimiento, en ese mismo año, de José Caso González. En noviembre de 1987 la Fundación Dolores Medio le concedió la Medalla del Gran Premio de las Letras Asturianas, en mayo de 1992 fue nombrado hijo adoptivo de Gijón y en 1993 se le concedió la medalla de plata del Principado de Asturias.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado | Deja un comentario

A nosa xente: José Manuel Formoso Luces

Picture5 O muradán que hoxe traemos as páxinas de TMT, o que todos conocemos por “Porrúa”, naceu na Vila de Muros o 12 de xaneiro de 1948 . O seu segundo apelido “Luces”, e dos mais antergos de Muros, pois xa aparece mencionado en documentos do séculos XV e XVI (“Alfonso Basques vivio despues de biuda su muger Maria de Lusses, la biexa”). Fillo de José Formoso e de María Rosa Luces, foi o primeiro de seis irmáns. Casado con Josefa Fernández, e pai de catro fillos, un deles, a quen cariñosamente coñecemos por “J”, é sacerdote diocesano e ocupa o cargo de Vice-Canciller no Arcebispado de Santiago.
O noso “Porrúa” sempre foi, – e sigue sendo-, un home inquieto, pero manso de corazón. As súas colaboracións en cantas manifestacións culturais se deron en Muros, foron sempre agradecidas. Foi membro fundador da Cabalgada de Reises de Muros (unha das mais antergas de Galicia), do grupo de teatro xuvenil muradán, do clube de fútbol, do Clube de Remo, da Festa da Flor, do Festival “Mister Feo”, da Confraría da Virxe das Dores, etc, agora, xa xubilado, e con mais tempo, non deixa de colaborar, como un veciño mais, en multitude de iniciativas cívicas. As alfombras florais da Calle Axesta, que se fan para a festa do Corpus, levan o seu selo. Auténticas obras de arte nas que José Manuel pon todo o Picture6seu interés, facendo as plantillas, e axudando a montar unhas alfombras dignas de todo eloxio, e tamén dirixindo a un bo número de veciños cooperantes, que admiran o seu bó facer, e como non, a súa paciencia. Gran aficionado a fotografía, é colaborador gráfico habitual da revista “The Muros Times”, pero a súa gran pasión son as cunchas. Leva moitísimos anos percorrendo as nosas costas, recollendo cunchas, clasificándoas e referenciándoas con seus nomes científicos e os habituais entre nos. A súa colección, que abrangue mais de dos milleiros de exemplares catalogados, xa percorreu moitas vilas de Galicia, onde foi admirada por milleiros de persoas. Das catalogadas como propias da nosa ría de Muros e Noia, ten publicado un libro a todo cor, do que se editaron 30.000 exemplares, que foron repartidos en colexios, bibliotecas, exposicións, feiras de turismo, etc.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

En cadea sen prijón-A descuverta dun novo corpus poético tardomedieval en galego

p/Henrique Monteagudo
O século XIII foi o do esplendor lírico do idioma galego, do que nos quedou garrida mostra nos cancioneiros trobadorescos galego-portugueses. As décadas finais do século XIV e iniciais do XV coñecerían un modesto florecemento da chamada escola galego-castelá. Ata o de agora supúñase que a definitiva decadencia poética do galego, que se desenvolveu en relación inversa co de emerxencia do castelán, viñera da man da obsolescencia da poesía lírica que recuaba paseniño ante a nova moda da poesía recitada (o dezir).
Picture3E de súpeto, unha inesperada revelación: un manuscrito poético en galego, contendo vinte e tres poemas, copiado por volta de 1433-34, que recentemente tivemos a fortuna de exhumar grazas á xenerosidade de dona Pilar Iglesias (a súa propietaria) e mais de Dolores Pereira e Gabriel Quiroga (os arquiveiros que o descubriron). Uns poemas sorprendentes en primeiro lugar pola lingua —un galego cunha pegada moi limitada do influxo castelán—, pero tamén polo ámbito de produción —a propia Galicia— e a autoría presumible destes textos. Por parte, chama a atención o carácter das composicións: non son cantigas, senón dizeres, isto é, non son composicións musicadas, senón recitativas.
O groso do seu corpo vén constituído por poesía amatoria, do estilo da cantiga de amor trobadoresca. Pero tamén contén unha insólita composición piadosa bastante extensa (cento tres versos) e unha mostra de poesía burlesca que evoca as cantigas de escarnio e maldizer. E aínda unha mostra de debate poético, unha pergunta de Afonso Paez ou Perez e a correspondente resposta de Joan Garcia. Coidamos que o conxunto dos textos forman parte dun cancioneiro de autor que nos chegou en estadio fragmentario. Atribuímolo ao dito Afonso Paez ou Perez, aínda que tamén podería ser atribuído a Joan Garcia, e incluso podería ser doutro autor (ou doutros autores).
A datación dos textos entre as décadas finais do século XIV e as primeiras do XV vén asegurada pola data dos instrumentos notariais que os acompañan (1433-34) e pola proximidade en temas e formas á poesía da escola galego-castelá Picture4e polo propio estadio lingüístico dos poemas.
A subscrición dos documentos notariais por Lopo Garcia de Toar, “escribán del Rei e o seu notario público na vila de Ferrol” e a referencia nunha nota marxinal a un moyto honrado señor Diego de Andrade convidan a situar na área do propio Ferrol a copia do manuscrito.
A mención dun señor da casa de Andrade resulta extremadamente suxerente, tendo en conta o pulo desa liñaxe desde a metade do século XIV e todo ao longo do XV, un pulo político e social pero tamén cultural. Coas súas irregularidades, os poemas teñen a aparencia de obras experimentais. Semellan indicar que o outono poético do galego medieval non só foi máis tardío do que supuñamos, senón tamén máis rico e creativo. En todo caso, o alcance da súa importancia non se limita á historia literaria galega, mais atinxe o conxunto da historia literaria peninsular.
Ofrecemos unha pequena mostra do manuscrito cunha presada de imaxes e de textos en edición crítica. Unhas e outros están extractados do volume En cadea sen prijon. Cancioneiro de Afonso Paez, que recentemente preparamos para a súa publicación pola Xunta de Galicia.

Poys que ja quero morrer

Poys que ja quero morrer
mando ben alta fazer
a cova para meter
meu corpo dentro en ela
—da que soo moy namorado
e por quen paso coydado
e me ten atormentado,
que é moy linda e bela.

Mando ali enterrar
meu corpo, en seu lugar,
poys que me quiso matar
sen lle eu fazer error,
e me dou tribulaçon,
e trouxo en sua prijon
senpre o meu coraçon,
seendo eu seu servidor.

E mando moy ben tanger
os sinos por coñoscer
a que me trouxo en poder.
Tangeran toda sazon
pero que me non quis confortar,
ante me leyxou penar
e moytas coytas pasar,
non sey eu por qual razon.

Maldigo miña ventura

Maldigo miña ventura
e o dia en que eu nascin!
pois ¡triste, coytado, maldito de min!
por miña señora vivo en rancura.
Maldita seja sua fremosura,
e o dia en que a eu vin!
E maldito o dia en que a coñocin,
poys por ela vivo en amargura!

Pero non a culpo, ca non é de culpar,
mays culpo a min e ao que me fadou,
que me tal fada ao colo deytou,
que ja sobre min non poso tornar.
E culpo a min, que a foy amar,
e culpo meus ollos e meu coraçon,
que me deytaron en tal afliçon
que noytes nen dias non poso folgar,
que un dia a miña señor preguntey
(a esta por que paso coytas e dolor):
“Dizede vós, miña nobre señor,
poys que vos servi e nunca errey,
se de vós galardon algun averey,
ou se esperarey en vosa mercede.”
E ela me diso: “Por certo sabede
que no me demandardes culpa non ey.”

Porende culpo triste, coytado,
a min e ao que me foy engendrar
e tanta vergonça a min quiso dar,
poys que vivo de miña señor alongado,
que por vergonça eu ando anojado
e vivo triste sen ningun placer,
porlo qual moyro e quero morrer,
ou se viver, viverey penado

Miña señora, por vosa nobreza

Miña señora, por vosa nobreza
querede ora meu cor confortar,
e tirar a min de tanta graveza
e dolor e grande pesar,
e non me leyxedes tanto penar,
mays querede a min responder
se é voso talente a min de valer
ou por voso amor me leyxardes matar.

Querede-me ora dar bon recado
e confortar este meu coraçon,
que meu corpo vive penado
con gran dolor e tribulaçon.
Se de vós non ey galardon
desta terra me yrey alongar,
ante que tal vida agora pasar
e viver en tal maldiçon.

Finda
Meu desejo ja chega a morte,
caentura, dolor, pesar forte
que ora paso en esta sazon.

Publicado en A nosa Lingua | Etiquetado , | Deja un comentario