Historia sobre a nosa Pendanguiña

p/ María Luz Pérez Quintela
Hai casi cincuenta anos que cheguei a esta fermosa vila de Muros. De todas as tradicións, contos e historias, hai una que sempre, sempre chamou a miña atención: ¿ Por qué a nosa Virxe do Carme, a que se venera nesta vila, agarimosamente chámanlle “ A Pendanguiña”, e quen tal nome lle dou.E preguntando e investigando cheguei a coñecer a seguinte historia de boca da miña sogra, Teresa Cerviño Lago, neta do autor do nome Picture2“Pendanguiña”, que era o seu avó materno Xoan Manuel Lago Fernández, Armador e Patrón dun veleiro que se chamou “ O Paquete de Vigo”, que levaba e traía mercancías a Xixón e Vigo, despois de que xa navegara por moitos mares.
Pois contaba Xan do Manelo, que así se lle coñecía familiarmente, que vira á Virxe do Carme, á “Pendanguiña”, no pau maior do seu veleiro, nun día de tremenda angustia por causa dunha forte tempestade que a punto estuvo de afundi-lo barco.
Como o día oito de Xullo, os mariñeiros baixaban á Virxe dende a súa Capela no barrio do Carme, ata a Igrexa Parroquial, para facerlle a novena, e o día 16 do mesmo mes, na súa festa, volvía para a súa casa, non sin antes pasear polo mar nunha embarcación debidamente engalanada, seguida po-lo resto dos barcos , costume que aínda hoxe se conserva , facendo soar as súas bocinas, deixando sobre o mar unha fermosa coroa de flores mentras se reza un responso polos navegantes que xa non están con nos. De tanto paseo Xan do Manelo dou en chamarlle “A Pendanguiña”, que aínda se lle chama hoxe . E dende eiquí cóntovos o que él relataba con corazón agradecido.
“PENDANGUIÑA”
( Á Virxe do Carme da Vila de Muros)
¡ Foi tremendo!, contaba Xan do Manelo,
¡ algo inesperado que a todos sorprendeu!.
O meu barco afundíase na escuma
Dunhas ondas enormes, negras e profundas;
Parecía non ter fin, e as velas se partían,
Os meus homes, mariñeiros con moitas
singladuras,
Aterrados pola bravura do mar, choraban con tristura.
Eu xa esgotara todas as manobras
E vin, cheo de medo, do meu veleiro a zozobra.
Quedábame por facer una derradeira cousa
E non o pensei máis, púxenme mans a obra.
Abracei ós meus homes como si fose o seu pai,
Axionllámonos en cuberta collidiños da man,
E mirando cara ó ceo que nos traía aquel mal
Berramos cheos de fe:¡¡¡Nai, Nai,Nai!!!,
¡Socórrenos Señora, nesta hora de zozobra!
¡Baixa as túas mans por nos, nosa Patrona!.
E ó mirar cara ó ceo, sobor do pau maior
Miramos á nosa “Pendanguiña” que nos daba o seu favor.

¡ Quedamos mudos ¡. Deixamos de chorar
Mirando como a nosa “Pendanguiña”
calmaba o fero mar.

Publicado en Contos e Lendas, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da redacción – Xullo—2013

The Muros Times
ANO 0 – Nº 4 – XULLO—2013

Picture1Cando fai uns poucos meses debuxamos o inicio da revista, non podíamos supoñer que ”The Muros Times” iba a ter unha acollida tan grande.
TMT, que nace na diáspora, a miles de kilómetros da terra que uns muradáns deixaron buscando unha vida mellor, e o froito do interés de moitos en dar a coñecer a historia, arte, cultura e costumes dhun “LAR” que nunca se olvidou.
Ás aportacions dos colaboradores fundacionais, cada mes únense outras que enriquecen a revista dándolle mais calidade e fomentado o interés dos moitos lectores, os que xa podemos contar por alguns miles, asegún as estadísticas que nos ofrecen a páxina de TMT no Facebook, e a páxina-soporte en issuu.com.
Para os vindeiros meses hai xa compremetidos un bo número de artigos de muradans residentes e doutros que están fora, pero que tamén queren unirse o gran proxecto de TMT. Profesores de Historia, Filoloxía e Mediciña; Licenciados en Economia, Farmacia, Dereito, Bioloxía, Inxeniería Industrial, Graduados Sociais, Periodismo, e un longo etcétera, vannos aportar os seus coñementos, pero tamén haberá outras colaboracións de persoas , que a outro nivel, pero non por elo menos importante, escribirán sobre embarcacions tradicionais, mediciña natural, costumes, flora, etc.
TMT é, e vai seguir sendo, unha iniciativa plural e aberta, e por iso quer da colaboración de todos, porque entre todos poderemos mais, e ese mais debe ser causa común de todos: Pór en valor o noso concello de Muros e as súa comarca.
Xa por último, dende de “The Muros Times”, os colaboradores queremos dedicarlle unhas liñas de agradecemento a Manuel Lago Álvarez (Manolo de América) polo seu infatigable labor na captación de mais colaboradores e pola edición e maquetación da revista dixital. Sen o seu profesionalismo, dedicación e paciencia (comparable á de San Xó), este proxecto nunca se podería haber levado a cabo. Gracias Manolo.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario

A Avenida de Bos Aires

p/ Manuel Lago Álvarez

Coma en calquera Vila, as nosas rúas teñen nomes, pero moitas delas teñen uns nomes un pouco singulares; nomes que non se encontran noutros lugares e que, os que nos visitan por primeira vez cáusanlle asombro.
Paciencia, Amargura, Soedade, Calvario, Sufrimento, etc, non son nomes habituais para as rúas, pero como somos un pouco “distintos, pero non distantes”, témolos nós, aquí, en Muros. Descoñezo as datas e circunstancias nas que o Concello lle deu esos nomes. Teño recollido moitos datos interesantes das actas do noso Concello, pero non cheguei atopar nada referente o nomeamento das rúas da Vila, tan só o acordo que fai mención a Avenida de Bos Aires, que se fixo a instancias da petición formulada pola Sociedade “Mutualidad y Cultura Muradana”, con domicilio social na cidade de Bos Aires, e que contaba naquel ano con 260 inscritos do concello de Muros.
Picture27Igual resulta un dato descoñecido para moitos, pero a emigración muradana na Arxentina, estivo perfectamente organizada arredor desta sociedade, da que, no ano 1922 era presidente Don José Lamela Penela (irmá do bisabó da casa dos “Alonso”, de Serres), Don Amado Louro, síndico, e Don Manuel Don, vicepresidente, e dos que din as crónicas: “quienes desde sus respectivos puestos han sido los principales propulsores del progreso de tan simpática institución. Caballeros en toda la extensión de la palabra, entusiastas, inteligentes y ardientes galleguistas, esos tres coterráneos son merecedores de la gratitud de todos los muradanos por la patriótica labor que realizan”.
Esta sociedade era unha das moitas sociedades galegas de carácter local que existían na Arxentina, e era unha das que realizaban unha labor mais intensa i eficaz, que non por silenciosa, sí, mais digna de aplauso.
E como non podía ser doutra maneira, agradecidos a nación que os acolleu, a xunta directiva da sociedade, acordou dirixirse o Concello de Muros, solicitando designase co nome de Buenos Aires a unha das rúa da súa Vila natal. A petición foi atendida de inmediato, e a Corporación muradana acordou darlle o nome de Buenos Aires a travesía que se coñecía e coñece como “A Porteliña”, fixando as autoridades municipais que fora o día 29 de xuño de 1922, o día elixido para o solemne acto do cambio de nome, e a colocación das placas que foran enviadas pola Sociedade, dende a Arxentina. Coñecido o acordo da corporación municipal muradana, a xunta directiva da Sociedade “Mutualidad y Cultura Muradana” tivo o xesto magnífico de enviar por xiro telegráfica a cantidade de 560 pesetas para que foran distribuídas, no día do Patrón, entre os pobres acollidos no Hospitalillo de Muros. Igualmente dispuxeron o envío de 250 pesetas á Parroquia de San Juan de Serres, para que foran tamén repartidas ós pobres daquela feligresía, no día da súa festa patronal.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Fonteliña dos Picholos!

p/Carmiña Prieto Rouco
Picture26

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado | 1 comentario

O home do saco

p/ Manolo De Lajo
O home do saco na miña infancia era un coco para asustar os nenos. Conta a lenda que era un vello alto e forte cun saco ó lombo para meter nel os nenos malos.
Nos anos cuarenta, xa terminada a guerra civil, vivía na Atalaia un boticario xa retirado que non se relacionaba moito coa xente. O caer a tarde acostumaba a baixar ate a alameda e sentaba nún banco a ollar as nenas xogar, sempre levaba un saco con él.Picture25
Dende que nunha noite fatídica do mes de maio faltou unha rapaciña loura, comenzou a correr na vila a cantiga: «……….porque en la alameda dicen que hay un hombrón con un camisón que a las niñas lleva».
Nunca se pudo probar que fora él o que a roubara, e menos sendo un boticario retirado e con moita influenza. Pero a partir desa data, a lenda do home do saco comenzou a aterrorizar o povo e o caer a noite as nais apurábanse para recoller as fillas a voz de «para a casa que ven o home do saco».
Crese que secuestraba rapazas virxes con cabelo louro e pel moi branca para sacarlles os orgos e facer mediciñas.
Noutras zonas da aldea como Tal e Esteiro, o home do saco era un home feo que baixaba da Silvosa cun saco as costas e que en vez de falar, roncaba ou fungaba, tamen lle chamaban o abellón.
Andaba de noite sen rumbo procurando unha casa onde o invocaran para asustar ou meterlle medo os nenos. Impresionaba por o seu aspecto e non se sabe ate onde chegaba a súa maldade e sempre remataba ceando unha cunca de caldo na casa requerida.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario