A nosa xente: José Manuel Formoso Luces

Picture5 O muradán que hoxe traemos as páxinas de TMT, o que todos conocemos por “Porrúa”, naceu na Vila de Muros o 12 de xaneiro de 1948 . O seu segundo apelido “Luces”, e dos mais antergos de Muros, pois xa aparece mencionado en documentos do séculos XV e XVI (“Alfonso Basques vivio despues de biuda su muger Maria de Lusses, la biexa”). Fillo de José Formoso e de María Rosa Luces, foi o primeiro de seis irmáns. Casado con Josefa Fernández, e pai de catro fillos, un deles, a quen cariñosamente coñecemos por “J”, é sacerdote diocesano e ocupa o cargo de Vice-Canciller no Arcebispado de Santiago.
O noso “Porrúa” sempre foi, – e sigue sendo-, un home inquieto, pero manso de corazón. As súas colaboracións en cantas manifestacións culturais se deron en Muros, foron sempre agradecidas. Foi membro fundador da Cabalgada de Reises de Muros (unha das mais antergas de Galicia), do grupo de teatro xuvenil muradán, do clube de fútbol, do Clube de Remo, da Festa da Flor, do Festival “Mister Feo”, da Confraría da Virxe das Dores, etc, agora, xa xubilado, e con mais tempo, non deixa de colaborar, como un veciño mais, en multitude de iniciativas cívicas. As alfombras florais da Calle Axesta, que se fan para a festa do Corpus, levan o seu selo. Auténticas obras de arte nas que José Manuel pon todo o Picture6seu interés, facendo as plantillas, e axudando a montar unhas alfombras dignas de todo eloxio, e tamén dirixindo a un bo número de veciños cooperantes, que admiran o seu bó facer, e como non, a súa paciencia. Gran aficionado a fotografía, é colaborador gráfico habitual da revista “The Muros Times”, pero a súa gran pasión son as cunchas. Leva moitísimos anos percorrendo as nosas costas, recollendo cunchas, clasificándoas e referenciándoas con seus nomes científicos e os habituais entre nos. A súa colección, que abrangue mais de dos milleiros de exemplares catalogados, xa percorreu moitas vilas de Galicia, onde foi admirada por milleiros de persoas. Das catalogadas como propias da nosa ría de Muros e Noia, ten publicado un libro a todo cor, do que se editaron 30.000 exemplares, que foron repartidos en colexios, bibliotecas, exposicións, feiras de turismo, etc.

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s