MARTINEZ é o cuarto apelido máis común en Muros.  Un total de  814 en muros levan este apelido, sendo o 0,72 % do total de Galicia.  En España o teñen 841.250 persoas como primeiro apelido, e 844.743 como segundo apelido.

Etimoloxía: :
Apelido Patronímico derivado do nome próprio Martínimagen1 ou Martiño. Ven grafiado antigamente en Galiza como MARTIZ.

Martínez é un apelido patronímico moi difundido en España e América, sen unha orixe común. Deriva do nome de Martín máis o patronímico -ez. Segundo datos do INE, é o sexto apelido máis estendido entre os españois, tras López, lévano como primeiro apelido 840.436 españois.

Distribución do apelido:

 Distribución en España:

No estado español: podémolo atopar nas provincias de Murcia, Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Xaén, Albacete, Granada, Almería, Asturias, León, Sevilla, Cuenca, Biscaia,Imagen2.pngZaragoza, Burgos, A Rioxa, Cádiz, Cantabria, Navarra, Cordoba, Badaxoz, Guadalaxara, Castelló, Cidade Real, Illas Baleares, Valladolid, Málaga, Tarragona, Guipúscoa, Toledo, Soria, Huelva, Xirona, Palencia, Zamora, Álava, Lleida, Teruel, As Palmas, Cáceres, Huesca, Tenerife, Melilla, Salamanca, Ávila, Segovia e Ceuta.
Antigas e diversas casas solares do apelido Martínez:

As casas máis antigas que se coñecen de Martínez estiveron situadas en Asturias e Galicia. Por tanto, todas as ramas parten dos devanditos lugares xeográficos, estendidas despois polo resto da Península.

En Galicia: houbo numerosas casas deste apelido e entre elas:

– Na provincia de Pontevedra, atópase unha das máis antigas, a que radicou na Parroquia de San Salvador do Poyo, do Concello de Poyo, e partido xudicial de Pontevedra. Desta casa lémbrase, como fundador a don Jacobo Martínez, natural de San Salvador de Poyo, que casou con dona Juana Martínez, do mesmo lugar e Concello, entre cuxos descendentes se atopa don Fernando Martínez e Barba de Figueroa, natural de Pontevedra, e Caballero da Orde de Carlos I, na que ingresou no 30 de marzo de 1.829.

– Na provincia da Coruña, Houbo outra casa galega que radicou na Vila de Muros, fundada por Matías Martínez Porrúa, entre cuxa descendencia podemos citar ao doutor Francisco Martínez Pastor que foi fiscal de Trasfogueiro no ano 1.816.

– Na provincia de Lugo a de Fornelo.

– Na provincia de Ourense, a de Vozqueimado.

Nobiliaria

As Casas Solarengas máis antigas atopanse na Galiza e en Asturies. Os galegos tiveron en:
1. San Salvador de Poio. imagen11
2. Muros
3. A Coruña
4. Xinzo de Límia
5. Etc.
Proba nobreza repetidas veces nas Ordes Militares de Santiago, Calatrava, Alcántara, Montesa, Carlos III e San Xoán de Xerusalén, así como nas Reais Chancillarias de Valladolid e Granada, Real Audiéncia de Uvieu-Oviedo e Real Compañía de Gardas Mariñas. Pedro Martínez Feixoo fixeronlle conde de Troncoso en 1762.

Fontes-bibliografía

Boullón Agrelo, A.I.; Sousa Fernández, X.,

Cartografía dos apelidos de Galicia, Instituto da Lingua Galega – USC, 2001.

INEbase, Aplicativo Apellidos,, INE, 2011.

INEbase, Aplicativo Apellidos, INE, 2011.

 

Publicado el por themurostimes | 1 comentario

p/ Manuel Lago Álvarez.

No ano 1932, con grande fervor republicano,  celebrouse en Muros a primeira manifestación conmemorativa do Primeiro de Maio.  A manifestación, que congregou un gran número de persoas,  foi convocada polas sociedadesimagen3 “Traballadores do Mar e Terra de Muros”, “Agrupación de Traballadores e Agricultores de Serres” e “Protección Social Esteirana, de Esteiro”, que coas súas directivas ao fronte, con bandeiras republicanas ao vento e algunha pancarta reivindicativa, percorreron as rúas da Vila con grande animación e orde, entoando cantos e coplas.

A manifestación rematou diante da casa do concello, ao que accedeu unha comisión de manifestantes para entregar ao alcalde Don Isidro García Dubert un escrito que contiña, entre outras, as seguintes peticións:

Creación inmediata da Bolsa de Traballo; cumprir o testado por Dona Ángela González Argís, unificando o seu legado e un depósito de 900 dólares de unha sociedade muradana de Socorros en América do Norte, para con todo elo e o edificio imagen4municipal do Hospitalillo poder facer unha fundación benéfica que resolvería moitas necesidades do pobo.

No mesmo escrito recollíase a solicitude de creación de un Cuarto de Socorros con médico permanente a fin de atender a calquera persoa pobre antes de ser levada ao Hospital de Santiago.  Tamén se pedía a instalación de dous urinarios na Vila e dous retretes no muelle e contramuelle, e a construción dun camiño dende Valdexería ao cemiterio de Serres, e o arranxo de dito cemiterio.  O escrito remataba afirmando que as peticións eran xustas e que co seu cumprimento remediaríase en parte, a crise de traballo existente en Muros.

O alcalde, Don Isidro García Dubert e os membros da comisión portadora das peticións saíron ao balcón da Casa Consistorial, dende o cal se dirixiron aos numerosos manifestantes congregados.

O Alcalde, na súa disertación, fixo un gran eloxio da orde coa que se celebrou a manifestación e prometeu estudar as petición feitas e realizalas na medida que o permitiran os presupostos municipais.  Finalmente fixo uso da palabra un xóven orador esteirano, que explicou o que aquel acto significaba,  ao mesmo, que invitou e pediu a cantos do traballo viven a manterse unidos, xa que sen a unión nunca  podería alcanzar as súas reivindicacións o proletariado.

Ao ano seguinte tamén se celebrou a manifestación do Primeiro de Maio.  A prensa de Galicia recolleu Imagen5.pnga nova de forma despectiva con frases como:  “por elementos de trabajadores de Esteiro, Serres y Muros, se ha organizado una gran manifestación”.  Pese a elo, o certo foi que concentración de persoas manifestándose foi inmensa, superando en moito a calquera outra que se celebrara.  Tamén nesta ocasión, unha representación dos manifestantes entregou ao alcalde do concello, Don Isidro García Dubert, un escrito solicitando diversas obras no concello, entre outras: A continuación das obras de construción do faro na “Punta da Boia”, na entrada a ría de Muros, proxecto que levaba moito tempo aprobado e varias veces paralizadas as obras.

Tamén solicitaron que se sacara a urxente subasta a construción do varadoiro para embarcacións menores e a subasta urxente da ponte do Xallas sobre o río o mesmo nome na estrada de Muros a Corcubión; unha obra de urxente necesidade, pois dábase o caso de que habendo 36 quilómetros de distancia entre Muros e Corcubión, había que recorrer máis de cen para comunicarse.

O escrito recollía  outras peticións, das que o Alcalde tomou nota, manifestando que se terían en conta a medida que os ingresos o consentiran, pois a maioría eran obras, que eran necesarias e permitirían minorar o paro obreiro, agravado en Muros pola crise da industria conserveira e o retorno dos emigrados de América sen traballo.

Unha vez presentadas as súas peticións, disolveuse a manifestación pacificamente. Non se sabe si existen fotografías destas manifestacións.  As que neste artigo se amosan son contemporáneas, pero non son as das manifestacións de Muros.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: MurosParroquia: Esteiro (Sta Mariña)
Lugar: Esteiro—Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición: Conxunto de vivendas tradicionais que o PXOM de Muros do ano 2010 define como : “Conxunto de edificacións en cantería con plantaImagen1.png rectangular con balcóns á fachada”. Este conxunto salvouse da degradación da súa arquitectura tradicional e a día de hoxe as casas están a ser rehabilitadas dunha maneira máis acorde as súas caracteríticas estruturais. O non estar situado preto da costa e da vía de comunicación máis importante, a estrada C-550 que substituíu ao Camiño Real que comunicaba con Muros e Noia, puido ser a causa da súa conservación. Por aquí pasaba este antigo camiño e neste lugar había una “casa de posta”, que eran os establecementos onde se facía o cambio de cabalerías das carruaxes, coma a “dilixencia de Belarmino” de principio do XX, que podemos ver na foto secundaria da ficha. Algunhas destas casas de posta tiñan pousada para os viaxeiros. As casas están a ambos lados do camiño a teñen tellado a dúas aguas e ventanas enrasada, algunhas delas amosa fermosos balcóns de forxa e bo traballo de mampostería e sillería de granito nos seus muros.

Propiedade: Privada—Uso actual: Residencial
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:

Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez, Francisco. A freguesía de Santa Mariña de Esteiro, Cuadernos: Cruceiro do Rego. Ed. Toxosoutos. 2004. ISBN: 84-96259-31-5

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA012.pdf—(páxina 15 de 26)Imagen2.png

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7942197439
Lonxitude: -8.98833990097
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario
Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Amado Barrera

“A pega no espello se mira e dela mesma se admira.”

Non son moitos os animais dos que ata o de agora se sabe que se recoñecen no espello: Orangután, Gorila, Chimpancé, Bonobo, Elefante, Delfín, Orca… e Urraca!!

Certo que é algo moi significativo, indica un nivel de consciencia, pero ollo ao piollo: Que un animal non se “vexa” a si mesmo no espello non quere necesariamente dicir que non teñan consciencia de si mesmos, pode que non sexa a vista o seu sentido máis fiable, por exemplo así pasa cos cans, que si que se recoñecen polo seu propio olor, como era de esperar, pois é o olfacto o seu sentido principal.

Esta chamada “proba do espello” ten outras críticas e suscita dubidas varias, pero todas elas apuntan a non darlle moita fiabilidade aos resultados negativos como para “descualificar” a una especie. Cando o resultado é imagen1positivo, como pasa coa PEGA, as positivas conclusións son menos cuestionadas. Está claro que a Pega éche un paxaro moi listo. Consecuencia dun seu encéfalo proporcionalmente tan grande coma os dos chimpancés, orangutáns e humanos. A intelixencia e astucia da pega está fora de toda dúbida, e a súa capacidade de comunicación coas demais pegas: avisa dos perigos, xúntanse para incomodar e acosar a depredadores… Almacenan alimentos en agochos secretos e poden ser ensinadas a imita-la voz humana e pode identificar a persoas coñecidas. Tamén é famoso o seu costume de colleitar obxectos brillantes de todo tipo con que “adornan” o interior, tapizado con musgo, teas, fibras e plumas,  dos seus magníficos niños, que son grandes plataformas, ás veces protexidas con “parasol”, moi ben traballadas e reforzadas con lama, no alto de grandes árbores ou mesmo de torres eléctricas, a salvo de depredadores gateadores.

É a Pega un animal moi beneficioso pola súa variada dieta insectívora e carroñeira, aínda que moito lle gustan os ovos e pitiños doutras aves, o que a fixo obxectivo de cazadores, que a consideraban por ese o seu gusto culinario un exterminador de perdices, mira quen foi falar.

Como curiosidade anatómica temos un trazo distintivo da subespecie ibérica (Pica pica melanotos): a ausencia de plumas detrás do ollo.

Nos últimos anos é notable a diminución da cantidade de pegas pola nosa bisbarra. Non sabemos cómo explicar esta evidente observación, porque a única especie depredadora de pegas que vai en aumento é a gatuna, seguramente moi hábil en chegar de noite aos niños, pois cada vez hai menos árbores tan altos coma antes, e devorar ovos e pitos… Pero o certo é que non é especie precisamente en perigo de retroceso, todo o contrario, pois os cazadores disque xa non a cazan como facían antes, cando a consideraban inimiga mortal das perdices, e mesmo tampouco non hai tantos miñatos e aínda que os campos de cultivo si que foron moito a menos, coa súa variada dieta non deben ter moitos problemas para criar a súa niñada.

A vindeira vez que vexades unha pega, lembrade que ela tamén os ve.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario