Patrimonio Cultural Muradán (II)

p/  Xokas Figueiras

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Patrimonio Cultural Muradán (I)

p/ Elixio Vieites Castro

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Comezo con un agradecemento persoal a todos os que co seu saber e esforzo Imagen1posibilitaron que TMT continúe mantendo con orgullo o lema de ser unha xanela aberta para todos os muradáns.

Empezamos esta empresa co atrevemento propio do neófito sen imaxinarnos nunca que chegariamos a alcanzar con tanta satisfacción o terceiro ano de circulación. O éxito débese o atopar unha veta riquísima de talento desde un principio e que se prestou desinteresadamente a ser parte da primeira revista dixital da historia muradá. Puxemos The Muros Times ao servizo dos muradáns e estes non nos defraudaron, por iso as nosas páxinas seguen sempre abertas para todos aqueles que teñan algo que ofrecer e quéirano compartir en galego ou en castelán, os requisitos son simples: encher uns cuantos folios sobre temas culturais do noso pobo, xa sexa a nivel individual ou representando a un grupo. Para moitos, o proceso foi motivo dunha gran satisfacción e aposto a que o seguirá sendo para moitos máis. Poño especial énfase en estender a invitación a todos aqueles veciños que aínda sendo do concello, residen noutras terras, a eses en particular gustaríame que se unisen ao noso labor de divulgación e que fose TMT a ferramenta de achegamento entre os de dentro e os que estamos noutros lugares do mundo.

As catro versións de TMT xa sexan na súa páxina de fb, o seu blogue ou o seu na súa versión dixital, ademais dun limitado número de revistas impresas para as bibliotecas e escolas, segue atraendo un público numeroso, interesado e curioso polo que publicamos de maneira periódica. E así, o blog de TMT, nos seus pouco mais de oito meses de vida ten xa 643 entradas, 22.900 visitas sendo o día máis visitado o 10 de abril  de 2015, (965 visitas); os domingos os días de mais visitas (18%), e sobre as 19,00 horas, o momento do día que máis visitas recibe (11 %); amais de ter recibido visitas de internautas de tódolos países do mundo.

Creo que cumprimos  satisfactoriamente co propósito de abordar diferentes e variados campos da cultura local como A Nosa Lingua, A Nosa Xente, A Voz dos Nosos Poetas, Contos e Lendas, A Nosa Xente na Diáspora, Educación, Historia, Medicina, Musica, Natureza, Entrevistas… Isto foi i é posible grazas ao entusiasmo e dedicación de todos vós que como colaboradores sempre vos esforzástedes por demostrar que o noso pobo é hoxe como o foi a través de toda a súa historia, berce de persoas con gran sensibilidade e intelixencia.

Todos, sen diferenza, lograstes poñer a TMT no mapa. Para vós que sodes demasiados para poder enumerar aquí e para todos os queredores de Muros, vaia o meu cordial e sincero desexo dunhas Felices Festas e un Próspero Ano Novo.

Jorge Lago

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Nieves Formoso Vidal.

Fotografía: José M. Formoso Luces.

En tempo de Nadal todo é festa, pero acompañada de certa melancolía que nos ven da lembranza dos familiares que xa non están entre nós.  É tempo de xuntanzas familiares; de recordos tempos pasados; de aporías de tempos fuxidíos.

O Nadal encerra múltiples tradicións que, por costume, asumimos ano tras ano sen preguntarnos, moitas veces, que significado teñeImagen2n no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas.

Típicos do Nadal son elementos ornamentais como o nacemento, a árbore ou a estrela; o acibro na porta, e como non, (na nosa terra) o bacallau con coliflor o dia de noiteboa e o cocido o día de Nadal.  Tamén acontecementos como a chegada de Papá Noel, os Santos Inocentes, a celebración do Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos e con eles os regalos para novos e maiores.

I é que o noso Nadal non é moi diferente a outros, pero nos últimos anos incorporamos costumes que aínda parecendo alleas son mais nosas ca de ninguén, como a costume de vestirse con roupa de cor vermello.  Descoñécese propiamente a orixe desta tradición que se sitúa na Idade Media cando case todo estaba reprimido e prohibido, sobre todo nas clases sociais máis baixas. Na antigüedade relacionábase a cor vermella co demo, o sangue e as meigas, polo que se chegou a prohibi-la prantación e o consumo de productos de cor vermella coma os tomates e os pementos, entre outros; así como vestirse con roupa vermellaImagen1 Sen embargo, no inverno, cando a natureza semella morrer debido ás xeadas e ás neves, o vermello simboliza o sangue e a vida. Por iso, como estaba prohibido e as xentes pensaban que levar un símbolo de vida traía boa sorte, optaron por levala agachada baixo a vestimenta, imprantándose a tradición da roupa interior vermella en tempo de Nadal, ata os nosos días. Curioso verdade?.  Pois que ninguén nos diga que é unha costume extranxeira.

Nadal, nadaleiro… (que podería escribir o bardo), pero con il, co noso ancestral Nadal, a lembranza de avós, fillos, netos… xuntos a carón do lume onde, (según os mais vellos), tamén se congregaban as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto coas panxoliñas, as esmolas aos máis necesitados e outras, conforman as tradicións nadaleiras que hoxe conservamos.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez

No ano 1543, España estaba en guerra con Francia. O rei francés Francisco I, que tamén estaba en guerra con Inglaterra, pretendeu atacar aos dous países ao mesmo tempo para o que ordenou preparar unhaImagen2 gran escuadra.  Él mesmo púxose ao fronte da dirección da flota que estaba organizando no porto de Le Havre, o tempo que mandou ao vicealmirante De Burye que puxera en servizo unha escuadra mais pequena para atacar os portos do norte español.

En España, o rei Carlos I nomeou a Don Álvaro de Bazán como xefe dunha escuadra para salvagardar os mares de poniente e as súas vilas e cidades costeiras, ordenándolle que tivera por base a Vila de Laredo.  En poucas semanas Don Álvaro organizou unha escuadra de cuarenta buques de bó porte (todas elas tiñan entre duacentas e quinientas toneladas), das que escolleu quince, que mandou a Brujas, onde deixaron dous mil homes para o Terzo de Flandes.  Ao regresar no mes de xuño recrutImagen1ou tropas para embarcar nos seus barcos; tropas que puxo ao mando do mestre de campo Don Diego García de Paredes.

O día oito de xullo chegoulle un correo do Gobernador de Fuenterrabía -don Sancho de Leiva- informándolle de que os seus vixías viron pasar unha escuadra francesa de trinta velas, e que levaban a remolque dúas naves vizcaíñas apresadas. Don Álvaro contestou ao Gobernador pedíndolle reforzos, enviando o Gobernador Leiva cincocentos arcabuceiros ao mando do capitán Pedro de Urbina.  A escuadra francesa pasou por diante de Laredo o dez de xullo, pero Don Álvaro non puido saír ao seu encontro porque aínda non recibira os reforzos que pedira ao Gobernador don Sancho de Leyva.

Pasaban os días e os reforzos seguían sen chegar. O que si chegan a Don Álvaro son varios correos que lle dan conta dos saqueos das Vilas galegas de Laxe,Imagen4 Corcubión e Fisterra a mans da armada francesa. Estas vilas atopábanse indefensas porque na costa non había tropas para defendelas porque o gobernador de Galicia Conde de Castro decidiu concentrar a súas tropas en Santiago para defender os restos do apóstolo Santiago e os tesouros da Catedral.

O saqueo da Vila de Fisterra por parte da armada francesa foi premeditado.  Os franceses foron a tiro fixo.  Buscaban as reliquias do Santo francés Guillerme de Aquitania, que se atopaban na ermida que os fieis de Fisterra construíran séculos atrás. A reliquia do santo (un brazo incorrupto metido nunha urna de prata), foi gardada na nave capitana de Jean de Clamorgan (La Saane), xunto con un bó puñado de ducados, froito da rapiña dos franceses nos portos de Fisterra, Laxe e Corcubión.

Poucos días mais e as vintecinco naves galas chegaron a Muros, fondeando na súa baia. Chegados a Muros puxéronlle prezo (12.000 ducados –os muradanos ofrecían 2000-), para que non fora atacada e destruída polos franceses.  Pero o que non sabían os franceses era que a flota de don Álvaro de Bazán estaba moi cerca deles.  Na madrugada do 25 de xullo de 1543, Don Álvaro arengou as súas tropas lembrándolle que nunca no  día da festividade do apóstolo as tropas españolas perderan un combate, o fixo así porque sabía que as súas 16 naves podían non ser dabondo para derrotar a flota francesa que presumía moito mais numerosa pese a que as naves españolas eran mais grandes e estaban mellor pertrechadas.

Navegando a todo trapo e sorteando os baixos de ximiela e birullos, adentrouse na ría de Muros.  Don Álvaro contaba entre os seus pilotos de expertos mariñeiros da zona que coñecían perfectamente as augas e accidentes da costa muradana.  Estando a escuadraImagen5 francesa fondeada na baía de Muros botóuselle encima a flota española.  Os franceses picaron cabos para entrar en combate como mellor puideran, pero nada tiveron que facer.

Don Álvaro arremeteu directamente contra a nave capitana do almirante francés Jean de Clamorgan (La Saane), que se atopaba ao lado da do corsario francés Hallebarde, e arremeteu con tanta violencia que esta foi a pique.  Tal foi a magnitude do golpe que a nave de Don Álvaro sofreu serios danos.  O combate naval apenas durou dúas horas pero a derrota dos franceses foi total.  Só unha nave logrou escapar. Unha afundida (La Saane) e vintetres apresadas con un balance 300 mortos e 500 feridos nas filas españolas e 3000 mortos nas filas francesas e un botín de 200.000 ducados, pero neste particular do botín os historiadores non se poñen dacordo.  Hainos que sosteñen que os ducados foron ao fondo do mar xunto a nave afundida (a capitana La Saane).  De ser así, estarían moi perto de nós.

Preso o almirante francés Jean de Clamorgan e mais tarde posto e liberdade (non se coñecen detalles de si Francia pagou o seu rescate), retirouse da vida militar e escribiu un libro sobre a caza do lobo.

Logo da batalla Don Álvaro dirixiuse coas súas naves e as apresadas aos franceses ao porto de A Coruña, e dende alí,-xa por terra- á Compostela, onde na súa catedral agradeceu ante o Apóstolo o favor recibido, deixando un bo donativo para os cultos.

Hai unha carta que se conserva nos arquivos da Academia da Historia, e que o rei Carlos I mandou escribir para o embaixador de España na República de Venecia, Don Diego Hurtado de Mendoza, dándolle conta do ocurrido.  A carta di:

« Estando escribiendo esta, ha llegado un capitán enviado por Don Álvaro de Bazán, capitán general del armada que anda en el mar de poniente, con el cual nos escribió que habiendo tenido nuevas como cierta armada del rey de Francia había saqueado un lugar que se dice Lancha, y a Finisterre yImagen6 otros casales y iglesias, y hecho mucho daño y muerto muchas mujeres e hijos, y rescatado otros, y que estaban en concierto con un lugar que se dice Muros, que les daba dos mil ducados porque no lo saqueasen, sacó gente de cinco navíos pequeños y metiola en los diez y seis mejores, y el día de Santiago por la mañana se topó con ellos en una cala del cabo de Finisterre, donde conforme al tiempo le pareció que debían estar, y peleo con ellos de manera que los rompió y les tomo diez y seis navíos que traían de batalla, y en ellos dos compañías de infantería del Rey de Francia que estaban en Bayona, en que había  quinientos cincuenta arcabuceros, sin la otra gente de pelea que venía en el armada, en la que tomo mucha artillería y liberto mucha gente que llevaba presa. Ha sido buena nueva »

Co tempo este combate naval foi nomeado como “Batalla de Muros” e pasou a ser a primeira batalla moderna do Atlántico.  Desta batalla conservase un cadro que está exposto no Museo Naval de Madrid .

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario