p/ Manuela Lado Lestón

La gripe es una infección viral respiratoria que anualmente se repite durante el invierno y que padecen tanto los niños como los mayores.

Por lo general, esta infección es leve y la recuperación resulta completa y sin secuelas, al cabo de varios días de fiebre y síntomas Imagen1catarrales, con decaimiento y, a veces, también diarrea.

La enfermedad no tiene tratamiento curativo y todo lo que se puede hacer es aliviar los síntomas y molestias que produce y vigilar la aparición de complicaciones.  El mejor tratamiento preventivo, aparte del lavado de manos y evitar el contacto con enfermos, es la vacunación anual, pues el virus sufre modificaciones que hacen necesario revisar la composición de la vacuna en cada campaña.

¿Es peligrosa la gripe en el embarazo?

Hay determinadas personas que, por su edad, situación, enfermedad o tratamiento, son más propensas a sufrir complicaciones de la gripe, algunas de ellas muy graves.  En este grupo están las embarazadas.

Se sabe que la gestación, en sí, es un periodo en el que el padecimiento de la gripe puede dar lugar a más complicaciones en mujeres, por lo demás, sanas. La complicación más frecuente es la neumonía.

¿Qué ventajas tiene la vacunación?

Además de la protección de la madre en un momento de especial riesgo, la vacunación durante el embarazo da defensas al futuro recién nacido, pues su madre le transmitirá los anticuerpos que fabrique como consecuencia de su vacunación y le proporcionará una barrera de protección contra la gripe durante los primeros meses de vida.

Además, al resultar menos probable que la madre pase la enfermedad esa temporada gripal, también se evitará que ella sea la fuente de contagio para su hijo tras el parto.

¿Es segura la vacuna de la gripe en la embarazada?

La vacuna inyectable de la gripe ha demostrado ser segura para la futura madre y también para el feto.

La vacuna de la gripe está contraindicada en personas con alergia grave (anafilaxia) al huevo.

¿Cuáles son los efectos adversos?

Los efectos secundarios son los habituales de otras vacunas inyectables, fundamentalmente locales (dolor y enrojecimiento en el sitio de la inyección) o generales leves (fiebre, malestar…). Son excepcionales otro tipo de reacciones.

¿Hay un momento mejor para recibir la vacuna?

La vacuna de la gripe puede administrarse en todo momento de la gestación, incluido el primer trimestre del embarazo, una vez que comience la campaña anual de vacunación.

¿Qué vacunas de la gripe son las más adecuadas para la gestante?

Cualquier vacuna antigripal inyectable puede utilizarse para vacunar a las embarazadas, pero deben evitarse las nuevas que se administran como espray por la nariz (intranasales), pues estas contienen virus vivos debilitados.

¿Cómo se pone la vacuna de la gripe?

La vacuna se administra por medio de inyección intramuscular en el hombro.

¿Puede ponerse la vacuna de la gripe al mismo tiempo que otras vacunas?

Sí. Se puede administrar al mismo tiempo que otras vacunas, pero eligiendo lugares distintos para aplicar la inyección.

¿Quién recomienda la vacunación antigripal de las embarazadas?

La vacunación de las embarazadas contra la gripe es una recomendación general que se aplica en todo el mundo y está aconsejada, asimismo, por las autoridades sanitarias españolas y las principales sociedades científicas de nuestro país. La Asociación Española de Pediatría también la recomienda

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Xokas Figueiras.

Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural,
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Monte de Laxeiras
Descrición: Na cima do Monte de Laxeiras, sobre un penedo, erguíase a Cruz de Pelos, da que xa só queda o fuste. Estanislao Fernández de la Cigoña a define como “cruceiro xubilar de cambio de século”, mentres que Atanasio López, en 1915, escribía sobre ela: “En la cumbre del monte de San Antón se conserva solamente la vara que servía de sostén a la cruz de Pelos. En el monte de San Marcos existe otra llamada de San Juán de las Galeras, erigiéndose estas dos cruces para que sirvan de protección a la Villa evitando los efectos desastrosos de las chispas eléctricas”.

Sen dúbida, as cruces de Pelos e do Rumial, como son coñecidas actualmente, deberon estar irmandadas. As dúas están asentadas sobre penedos facendo estes de baseamento. O fuste posúe unha escasa altura e o capitel é moi simple. Ao carecer de cruz, non temos constancia de como era, máis supoñemos que se trataría dunha cruz de brazos iguais.
Propiedade: Pública.  Uso actual: Forestal
Categoría do Ben: Non está inventariado
Imagen2Tradición oral: A veciñanza, descoñecedora do que Atanasio López escribiu, lembra a historia de como alí preto apareceu  morto o cura de Serres, no camiño que leva a Torea, tratándose, segundo os mesmos,  dunha “cruz de morto”.  O sobrenome da mesma faría referencia a un rito pagán executado no furado do capitel que debería soster a cruz consistente en depositar os pelos despois de peitearse, o que se podería interpretar como un rito de ofrenda realizado polas mozas que alí levaban as ovellas a pacer.
Referencias bibliográficas: LÓPEZ, Atanasio: “Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia”. Muros, ronsel de pedra, espiral de mar. Deputación da Coruña.  FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA, Estanislao: “O Parque Natural do Monte Aloia entre milenios”.
Afeccións:  Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular

Onde está localizado:  Latitude:42.7934067405
Lonxitude:-9.0478849411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Marcelino García Lariño

Se non é verdade o que digo, que non vexa máis á muller e ós fillos.

Foi que agarrara unha carraspeira había xa tempo, e non había xeito de que me desaparecera; tódolos remedios foran inútiles. O peor era que, cada vez, a rouqueira aínda se agravaba. Como os da casa toleábanme de que eso forzoImagen1samente tiña que ser cousa mala, moi mala, collín pánico e terminei por ir ó Centro Médico á consulta do otorrinolaringólogo que, se para pronuncialo cómpre estudio, para escribilo é mester facer todo un curso na escola de noite.

Cando me tocou a vez, o médico chamoume polo meu nome e apelidos dende a entrada da consulta, e mandoume pasar. Xa dentro, moi amable e con moita gracia, convidoume a que me sentara nunha cadeira de brazos moi semellante á que teñen os perruqueiros que, co medo que eu levaba, figuróuseme unha cadeira eléctrica desas coa que lle tiran a vida ós asasinos, e con toda educación e cordialidade, preguntoume:

-¿Qué lle pasa ó señor?

-Pásame que xa hai moito tempo, máis de un ano ou de dous, ou aínda máis, teño unha afonía persistente.

-¡Ouh! Esas cousas non hai que esquecelas. Tardou vostede moito en acudir a mirarse.

.Xa ve, doutor, un espera sempre haber se pasa, e o que pasan son os días…

-E os meses e os anos –interrompeume-.. Imos ver, imos ver, abra ben a boca.

Abrín a boca todo canto podía, que mesmo semellaba o can de Cachola cando osmaba morte no lugar. Colleu coma unha culleriña de pau, meteuma dentro, mirou, e díxome:

-¿Fuma moito?

-Nadiña, doutor; nin moito, nin pouco.

Entón puxo mala cara pola miña contestación, colocou un aparello na fronte que tiña unha luciña que alumaba coma unha lanterna das boas, volveu a mandarme abrir ben a boca, e mirou e remirou a gorxa por dentro todo canto quixo e lle deu a gana, para dicirme:

-Vaia facéndose á idea de que hai que deixa-la bebida. O alcohol non lle é bo para os males da garganta, ¿estamos?

-Doutor, se non bebo nada- respondinlle..

Moura cousa lle dixen. Emperrenchouse de tal xeito que mesmo parecía unha fera, e coma un tolo berroume:

-Pois tampouco é unha afonía como dicía vostede. Así que non son eu só o que se equivoca-. E eu, mansiño coma un año, qué outra cousa podía facer perante de aquel ferabás, coa humildade do mundo, faleille:

-Se eu non lle digo, doutor, que se equivocara..- E outra vez volveu a interromperme, para dicirme:

-Vostede non ten nada que dicir. Decátese que aquí o médico son eu.

Mal como puiden, estarrecido de pavor, sacando forzas de non sei onde, aínda lle preguntei

-¿E logo que teño, señor?

-Pois ten, vostede, unha farinxite ou unha larinxite.

-Mire, doutor. Eu cántolle moi mal, sabe, pero así e todo estoulle nunha coral. ¿Coida conveniente que a deixe, ou aínda podo cantar?

-Cante, berre, grite, vocifere e faga o que queira, que unha garganta vella coma esta, por moito que se lle faga non lle ten compostura. ¡Váiase!

E funme.

Non volvín máis a un médico nin pensado teño. ¡Non ho!.

Esto pasoume a min que non é conto.

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

MAESTRO  ROMERO

p/Alianza Uhía Patiño

Maestro Romero nace hai ben pouco, en Maio de 2014, cando dous coñecidos de 6 anos atrás fan que os seus camiños coincidan en dirección, paixóns e idais.

Alberto Romero de Muros e Alfonso Gallardo de Esteiro forman un dúo acústico que soa totalmente empastado, ben armonizado e bonito.Imagen3

Alberto, de 18 anos estudia grao superior de música, na especialidade de guitarra, e Alfonso é especialista en palabrería e verborreo, co que fan que música e letras se fundan nunha fermosa pasta que fai que os resultados sexan tan bos.

Versionan e teñen moitos temas propios.

Presentáronse cunha minixira no verán de 2014, conseguindo facer 17 concertos polas vilas de Galicia, con grandes esforzos de tempo e cartos, pero que unha vez realizados, todo pagou a pena(Muros, Louro, Esteiro, Rianxo, Noia, Sardiñeiro, Portosín, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra).

Durante o inverno seguen ensaiando, sen desistir do seu soño. As súas 3 aspiracións, eles mesmos, defínenas perfectamente “tocar, tocar e tocar” … e xa se verá!.

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Santiago Llovo Taboada.

En marzo deste ano 2015 Manuel Antonio Franco publicou en TMT un excelente artigo titulado “A confiansa levárona os ingleses” no que nos contaba de onde viña este dito muradán. Con este novo artigo vaise afondar nas vicisitudes da embarcación chamada “Confiance” e, sobre todo, nas tropelías que causou na nosa costa logo do seu apresamento polas tropas inglesas.

A Confiance era unha corveta francesa de 117,7 pés de eslora (35,86 metros), 31,38 pes de manga (9,53 m) e 365 toneladas, que fora construída en Burdeos en 1797. Antes de ser apresada en Muros a primeiros de xuño de 1805 polas tropas inglesas, tivo unha intensa actividade como nave corsaria por medio mundo.

Existe na actualidade moita información sobre esta nave logo de que no ano 1800 prendese, preto da Illa Mauricio, á fragata Inglesa “Kent” moito maior en tamaño e número de canóns. Este feito supuxo un glorioso acontecemento para os franceses e a exaltación do seu capitán, Robert Surcouf (Saint-Malo, decembro de 1773 – 8 de xullo de 1827).

Sourcouf foi un corsario francés ao servizo de Napoleón I,robert courfort famoso no seu tempo por enfrontarse ao bloqueo continental inglés no océano Índico, dende as illas de Mauricio a Reunión. Capturou un total de 47 naves, destacando a toma á abordaxe coa súa corveta “La Confiance” da mencionada fragata británica “Kent”. (Imaxe que se reproduce na páxina seguinte representa a Captura da fragata inglesa “Kent” pola corveta corsaria   francesa “La Confiance”. Cadro pintado por Ambroise Louis Garneray.

Precisamente sobre Sarcouf fíxose en 1966 unha película, chamada do mesmo xeito que o seu apelido, na que se loaban as súas proeza. (Para o mercado español chamábase “El tigre de los siete mares”). Para a súa filmación construíuse unha réplica da Confiance.

A partir de 1803, logo de retirárselle a meirande parte do armamento, a Confiance adicouse ao cabotaxe (existe información contradictoria sobre este punto. Nalgún artigo de internet afírmase que cando foi apresada en Muros seguía adicándose ao corso), facendo rutas dende o norte de Francia ata portos do norte de España e do Mediterráneo.

Nunha destas viaxes, en xuño de 1805, o buque de guerra inglésImagen2HMS Loira” (Con anterioridade fragata de guerra francesa do mesmo nome que tiña 44 canóns e que tamén fora apresada pola Royal Navy), ao mando de Sir Frederick Lewis Maitland, o apresa en Muros previa toma ao asalto da batería de costa e máis do castelo da vila.

Tal e como apunta Manuel Antonio Franco no seu artigo, nesta acción destaca o capitán (según outras fontes, tenente) James Lucas Yeo. Acción pola que foi ascendido e condecorado, ademáis lle outorgaron o mando dun dos buques apresados no asalto: a Confiance. A partir do momento do seu apresamento, a embarcación pasou a formar parte da Royal Navy, mantendo o nome orixinal engadíndolle as tradicionais tres letras HMS. (HMS son as siglas do inglés para «His/Her Majesty’s Ship«, que dende tempo inmemorial levan todos os buques da Armada británica).

Ao tratarse dun buque rápido e robusto o HMS Confiance levouse inmediatamente a Inglaterra para armala de novo, clasificándose inicialmente como balandra de guerra. Ante as prestaciónsla confiance que ofrecía a embarcación, o almirantazgo reclasificouna como de sexta clase, se lle instalaron 24 canons en Plymouth e se lle asignou unha dotación de preto de 140 homes (Cando era corsario francés chegou a levar máis de 200 homes a bordo), ao mando do recén ascendido comandante Yeo. Sen perda de tempo ordenóuselle volver a zona onde foi apresada, coa obriga de acosar a todo navío inimigo, impedindo o tráfico de mercadorías na costa norte de España. O que se vai relatar de seguido é a incursión que a Confiance fixo a principios do ano 1807 nos arredores de Muros.

Antes de entrar en materia cómpre lembrar que os navíos de guerras das distintas potencias da época actuaban como verdadeiros corsarios, apresando, requisando e mesmo queimando toda canta embarcación e mercadoría inimiga lle saía ó paso, levando o capitán e tripulantes parte do botín “de guerra” acadado.

A historia que se vai a relatar de seguido sabémola pola declaración que don Ramón Hervella, matriculado de Porto do Son e patrón dunha lancha de pesca desta vila, outorgou ante un escribán o 26 de xaneiro de 1807. Na escritura de protesta, que pola súa singularidade maqueta la confiancese vai a reproducir practicamente na súa totalidade, o mencionado patrón relata pormenorizadamente o que lle sucedeu a el, e a outros veciños da bisbarra, neses primeiros días do ano 1807: “ … habiendo salido en la madrugada del día 6 del corriente patroneando la lancha nombrada “San Antonio y Ánimas”, (Sen lugar a dúbidas o nome de embarcación máis repetido en toda a costa galega naquelas datas), propia de su suegro Roque Carvallo también matriculado en cuya casa y compañía vive, desde este referido puerto del Son a Santiago de Louro, distancia de legua y media poco más o menos, atravesando la ría con dicha lancha, estanca de quilla y costado, apertrechada con todo lo necesario para la navegación, tripulada con los también matriculados por el referido puerto, a saber ….. y Josefa Mariño junto con Roque Antonio Carballo que iban de pasajeros a comprar fruta … con pensamiento de ajustar el que dice unas pocas redes u aparejos de pescar llamadas volantas, hallándose más cerca de dicho Louro que de este puerto, a tiempo que rompía el día vieron venir acia ellos dos embarcaciones (transcrición literal desta e doutras palabras do documento de protesta), que creyeron dornas, y corbetahabiéndosele puesto cada una al costado de dicha lancha reconocieron eran ingleses armados con fusiles, pistolas y sables, que excedían al número de 60 personas y a quienes de ningún modo podían resistir por hallarse sin armas y ser las fuerzas tan desiguales.

El que comandaba los botes ingleses, que según después vió, era el capitán de la corbeta inglesa Confianza, que está a la mar a unas seis leguas sobre el cabo de Finisterre, hizo detener la lancha del otorgante, diciéndole formal y solemnemente que le devolvería dicha lancha después de que hiciese una o dos presas … hizo subir al bote a el y a varios de sus tripulantes … y dispuso que uno de sus oficiales con veinte hombres viniesen a apresar y sacar de cerca de los muelles de este puerto una pinaza que había de Muros, propia según después supo de Roque González, de aquella matrícula, y habiéndolo así ejecutado, después de que se juntaron, dejó la pinaza a su patrón y transbordó a ella a varios de sus tripulantes y pasajeros con algunas redes que había en la lancha detenida … y como observase dicho capitán inglés que había otra falúa o pinaza en el sitio que llaman debajo del castro de San Esteban de Queiruga muy cerca de tierra … se dirigió en unos de los botes y la apresó, que era de un tal Baldomar de Corcubión, y desde allí se dirigieron todos a la referida corbeta Confianza a la que llegaron a eso de las tres de la tarde del referido día seis. Luego embarcaron todos en dicha corbeta navegando hacia el oeste, y a la noche el mismo capitán mandó que bajase con dos ingleses a su lancha para que la gobernase y aguantase … .

A la mañana siguiente tripularon otra lancha, (era moi frecuente que utilizasen lanchas de pesca para poder acercarse as posibles presas sen levantar sospeitas) con ingleses, fusiles, sables, pistolas y la enderezaron a las islas de Sias, en la ría de Vigo … al cabo de unos cuatro o cinco días el oficial que destinara el capitán inglés en la lancha se les acercó con un quechemarín apresado llamado Victoria, que según después supo lo patroneaba Isidro Rodríguez de Corcubión y con otra lancha de un tal Pioquinto Rodríguez, vecino de Finisterre, … y cuando el capitán inglés hiva a entregar la lancha al otorgante en cumplimiento de la palabra dada, se halló la novedad de que el subalterno inglés despóticamente y sin orden del mencionado capitán la había mandado a puerto. En la mañana del día diez y siete del dicho enero desembarcó al Ramón, …. y otros prisioneros que venían a bordo en la ciudad de Porto, en Lisboa, desde donde caminaron por tierra hasta este su puerto al que llegaron en la noche del día de hayer … vajo juramento en forma legal y voluntaria dijeron unánimemente que todos y cada uno de los echos y pasajes aquí relacionados fueron ciertos y es la verdad … y para que en ningún caso este funesto suceso le cause el menor perjuicio … protestan, una, dos, tres, y las mas veces necesarias contra dicho capitán inglés, su subalterno, corbeta …”.

Apareceron outras informacións posteriores a estes sucesos nos que se acredita que todo o 1807 e parte do 1808 a HMS Confiance continuou “operando” nas costas galegas e portuguesas. En 1809 atravesou o Atlántico prestando servizo nas costas de Brasil e na Guayana Francesa. En 1810 a Royal Navy vendeu a embarcación, adicándose dende ese momento á navegación de cabotaxe polas costas americanas (Posteriormente existiron outras embarcacións da Royal Navy co mesmo nome).

Seguro que a moitos dos lectores deste artigo o HMS Confiance e o capitán Yeo lémbralles a outro capitán e a súa embarcación. Me Imagen1estou a referir a Jack Aubrey, capitán da corveta HMS Sophie, protagonistas da novela “Master and commander (comercializada no noso pais co nome de “Capitán de mar y tierra”) de Patrick O’Brian, adaptada espectacularmente ao cinema no ano 2003. Lembren que a época na que se ambienta a novela e a mesma, de igual xeito que estamos ante embarcacións practicamente idénticas.

Cada vez que se senten nas rochas de Monte Louro, preto do faro, escoiten o mar, pechen os ollos e deixen voar a súa imaxinación. Teñan presente que alí mesmo, hai máis de douscentos anos, sucederon estas e outras moitas cousas que son parte da nosa historia. Eu xa o fixen.

En Esteiro a 9 de outubro de 2015.

Santi Llovo..

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario