“CANDELABRO”: Aloe arborescens

p/ Amado Barrera.

 Mirade que hermosura de candelabro de flores temos en Esteiro.

Orisinaria de Sudáfrica, é da Familia das Liliáceas.

Teñen un único talo que pode chegar aos 4 m. pero que seextende en roseta majestuosa de carnosas follas de borde moi espiñento.Imagen1

E FLORECE EN PLENO INVERNO, de Decembro a Marzo, o que moito agradecemos os que as flores amamos. Mirade nas fotos qué fermosos candelabros cor escarlata.

¿E sabedes qué? Pois que o zume das súas grosas follas é moi bó para evitar-las ampollas das queimaduras nas que, ainda por riba, combate moi ben a infección bacteriana. E aínda máis, velaiquí vos copio o que pon a Wikipedia esa: “Algunos estudios preliminares indican que esta especie pudiera ser beneficiosa en el tratamiento del cáncer ya que contiene compuestos que inhiben la proliferación celular. Los resultados de un ensayo clínico en el que se trató a 240 pacientes con A. arborescens mostraron que el aloe mejora los efectos de la quimioterapia incrementando su eficacia tanto en tasas de reducción del tumor como en tiempo de supervivencia.

E tamén pon que das flores se extrae un compoñente para tintura, e que se usan en cosmética.  demáis dunha hermosura é unha panacea!

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

Petroglifos de Monte Naraio (1)

p/ Xocas Figueiras.

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Cerro das Gardas Imagen2
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Para acceder, dende a igrexa parroquial de Louro collemos a estrada que sube ao lugar de Taxes e na mesma a primeira pista que sae a esquerda e conduce o Monte Naraio, se subimos pola mesma atoparemos un pequeno camiño que conduce a un pequeno grupo de pedras visibles dende a pista.

As formas predominantes son os laberintos, mais tamen hai signos cruciformes,círculos concéntricosImagen1 e pequenas cazoletas nos centros dos laberintos. Chama a atención a orixinalidade dos laberintos que se diferencian do esquema típico dos laberintos galegos, dando a pensar que os seus artifices coñecían formas xeométricas moi complexas. Soen atoparse deste tipo nos arredores da ría de Pontevedra. As cruces poderían ser representacións de antropomorfos.  O seu significado podería explicarse como un lugar de culto.

Propiedade: Comunal .  Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15053027
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:   GUIA DE LOS PETROGLIFOS DE MUROS .-J.J. EIROA,PEPA REY

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo

Transitar pola pista e posibel todo o ano, mais a chegada aos gravados pode ser un pouco complicada debido aos toxos que nacen no camiño.

Publicado en Arte e Cultura, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

¿ Que é o xeito?

Imagen1p/ Pedro Caamaño Lago

O xeito é a forma mais selectiva de pescar a sardiña, (Sempre baixo o meu humilde entender), e consta de unha longa rede, de forma rectangular, denominada como arte de deriva. Consta de tralla de corcho, tralla de plomo, é unha unica rede de enmalle, (quero suliñar “unica rede”, para xustificar a miña tese de rede selectiva). A luz de malla oscila entre uns 25 e uns 40 milímetros, è dependendo de si o peixe e mais ou menos grande, así se usa a malla. Estas redes despois de armadas, non deberían ter mais de 15 metros de altura, e de largo cada peza uns 90 ou 100 metros, (digo cada peza, por que unha “cacea” así é denominado o conxunto de pezas que unha embarcación pode levar), sempre dependendo da capacidade da mesma. (Antes cando todo era libre seguramente levaban as que querían, pero agora non creo que lles permitan levar mais de 10 pezas).

A tralla de corcho, (ou a parte de arriba da peza, a todo largao dela), ia armada con unhas pezas de corcho de forma circular con un abuxeiro no medio, polo que se facía pasar a trallaImagen3 (ou cabo) e a todo o seu largo repartíanse os chumbos de uns 5 ou 6 centímetros de diámetro, separados entre si, como uns 15 ou 20 centímetros. Estes corchos teñen a función de aguantar a rede vertical para que a malla se aguante aberta, facilitando a introdución da cabeza da sardiña, para que sen deixala pasar de todo quede enganchada polas jaladas. (ou agallas).

A tralla de plomo é tamén un cabo armado a todo o largo da peza, ca función de arrastrar a peza o fondo, para que isto funcione así, tamén leva uns plomos en forma de medio tubo que se cerran da redor da tralla (ou cabo), con unha distancia tamén de 15 ou 20 centímetros, e con un peso de uns 50 gramos cada un, e ca función como dixen antes de arrastrar a rede para o fondo, (ou pa Baixo, por que estas redes nunca se lle deixa baixar o fondo de todo. ¿Por qué? Por que a sardiña non esta sempre a mesma altura. E aquí é onde o patrón ten que empregar a súa sabedoría deixando a “cacea” mais arribaImagen4 ou mais abaixo. Para que isto suceda así, ten esta arte do xeito, outras pezas denominadas “voireles” (sempre na xerga Muradana) que deixan a cacea a altura axeitada.

Estes boireles, non son mais que outras boias mais potentes, que constan de unhas laminas de corcho, montadas de forma horizontal, formando un cono. Da parte mais ancha de estes boireles, saen unhas trallas ou cabos de menos diámetro que as trallas de corcho e plomo, o suficiente largas para darlle a cacea a profundidade que o patrón queira, estas trallas denomínanse “sineiras”.

Si poñemos un exemplo o mellor entendémolo mais fácil. Si largamos a cacea en unha profundidade de 40 metros e a deixamos sen boireles esta cacea iria o fondo, e si a sardiña esta a 10 metros, non colleriamos ningunha, así que o patrón intuíndo con certa experiencia, que a sardiña esta a esa altura, poñeríalle os boireles 10 metros de sineira, para que a cacea quedara a altura das sardiñas, e así mallaran nas redes.

Antes cando non había aparatos electrónicos tiñan que arreglarse como podían para detectar o peixe e saber a que altura estaba, e para eso usaban as aves, onde están as aves están os peixes, os araos, as padelas, os mascatos. Os araos indicaban o peixe e a profundidade tardando mais ou menos en subir superficie, as pardelas son mais superficales, e indican o peixe mais arriba, os mascatos según a altura que collían para zanbullirse tamén indicaban a profundidade, si se zambullian sesgado, indicaban o peixe arriba.

Para entender todo isto estaba o patrón, e por suposto a intuición, o conocimento das zonas, como a profundidade, e a calida do fondo, si é de pedra de area, ou de fango.

Con esta arte traballase xeralmente, a alborada, aproximadamente, unha ou dúas horas antes de saír o sol. E o “axexo”, tamén outras tantas antes de poñerse o sol.

A forma de largar, normalmente e de norte a sur ou viceversa, pero sempre procurando atravesar a “cacea” as fontes de luz, como é a saída do sol, na alborada, ou na posta do sol no “axexo”. A hora de largar tiñan unha norma moi estrita que era non “aparear”. (Aparear era, non largar Imagen2no mesmo sentido e nunca mais cerca de 20 ou 30 metros, a teoría era que si estaba moi cerca, por esa parte sacáballe os peixes).

Nas lanchas largaban sempre pola popa, e collían pola popa. Para coller, montaban o “carro” na popa, e a voz do patrón, vamos a elas, póñanse a tirar polas redes a man, e a “debajar”. (O carro e un trebello bastante ancho con un rodillo o suficiente ancho, para que a rede, a veces cargada de sardiña non se esmagaran). A expresión debajar e o arte de sacar as sardiñas da rede sen estropealas, nin rompelas mallas o sacala. Para iso ían o carro os mais expertos, a darlle esa media volta de marras, para que saíran as sardiñas cas agallas enteiras e sen collar, (o collar era a malla que o tirar mal por ela saia ca sardiña). Xeralmente o mais experto era o patrón, o seguinte, que ía a debajar era o segundo mais experto, e outro recollendo a rede na “sentina” (a sentina e un espazo no centro da lancha de babor a estribor, e desde a quilla hasta a cuberta), o cuarto home dedicábase a estibar os boireles no costado de estribor, deixando o costado de babor libre para largar con soltura, o quinto home dedicábase a estibar os peixes nas caixas, ou nos cestos, según o caso.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A Gaita

p/ Esmu-Carnota

 HISTORIA DA GAITA

As fontes de apoio para o estudio da gaita son principalmente iconográficas e literarias, e algunas referencias en contextos literarios.Imagen5

Xoan Corominas coa súa tese colocaría a procedencia da palabra GAITA no gótico gaits (cabuxa) debido a que o fol do instrumento facíase de pelexo deste animal.

Idade Media: Coincidindo coa chegada dos suevos á Península sitúan moitos a introducción do instrumento en Galicia. É unha das etapas máis prestixiosas de gaita, sendo empregada tanto nas danzas xograrescas, como nas ceremonias eclesiásticas.

PARTES DA GAITA

1º. Fol dImagen1o depósito do aire

2º. Tubos que son pezas de madeira unidos ao fol

3º. Lengüetas sonoras: palleta e pallón

PUNTEIRO:

Tubo cónico de madeira. A parte inferior acampanada e a superior remata nun “espigo”, lugar onde se introduce a palleta. A lonxitude caría dependedo da tonalidade: RE (grileira, 28 cm), DO (redonda ou normal, 31 cm) e SI BEMOL (normal, 35 cm).

O punteiro ten once buratos de distintos diámetros, dos cales oito son melódicos (executa as distintas notas) e tres son sempre abertos.

As madeiras máis ultilizadas os o buxo, palo santo, palo rosa e o ébano.

O punteiro galego é cónico, a diferencia dos punteiros orientais que son cilíndricos.

FOL:

Antigamente construíanse con pel de cabra, de aí o seu nome, de ovella, carneiro e tamén do estómago do porco. Na actualidade abonda os de pel sintética. Os de pel animal foron desapImagen4arecendo pola dificultade para a conservación e a confección. Os de pel son mellores porque conséguese mellor unha afinación perfecta e as palletas e pallóns duran máis, xa que soportan menos humidade.

A parte inferior do fol chámase “vientre”, a intermedia “garganta” e a superior “cabeza”. Na parte superior é de onde saen todos os tubos da gaita: punteiro, soprete, ronco, roquete, e chillón.

O fol vai forrado dun pano que nas súas costuras ten un cordón trenzado e na parte inferior do vestido colgan os frecos.

RONCO:

É o tubo máis grande da gaita e a súa misión é emitir o sonido do instrumento (pedal). Mide uns 78 cm según o modelo da gaita, pode variar un chisco, sendo maior nunha tonalidade grave que noutra máis aguda. Componse de tres partes; prima (a parte máis cercana ao fol, leva un espigo onde se coloca o pallón), parte central (é a parte do ronco) e a copa (parte traseira do ronco).

O ronco vai adornado con frecos de cores, amarrado ao tubo de unha, dúas ou tres borlas (pingon ou perillas). Estes adornos conformas os FARRAPOS DE GAITA.

RONQUETA:

É máis pequena que o ronco e da unha octava superior de éste. Componse de dúas partes: Prima e copa. A vara adórnase con frecos e borla.

RONQUILLO:

Tamén chamado pión ou chión. Non ten copa. Os normais levan paleta e non pallón, cando se usa o pallón zona unha octava máis aguda que a roqueta.

SOPLETE:

Tubo coa misión de enche o fol de aire. Ten un pequeño espigo que se introduce na baixa correspoImagen3ndente. Na parte na que se introduce o fol ten unha válvula chamada zapón, que premite a entrada do aire, pero impide a súa salida unha vez dentro desta. O zapón é unha lengüeta de coiro que vai unida a un soplete por unha lámina de metal ou punta pequeniña.

BUXAS:

Tubos cilíndricos adecuados ao punteiro, ronco, roquete, chillón e sopelte. A súa función é a de servir de entrada entre o fol e os tubos, e o seu nome provén da madeira de buxo.

PALLETA:

Doble lengüeta de caña, moi importante que estea ben feita, xa que depende, en gran parte da calidade e o timbre do son. Componse dun pequeno tubo de cobre ou latón chamado tudel ou courel, sobre o que están dúas láminas de caña, unidas por un fío de cáñamo enfiado e pola canga (arame de cobre ou latón).

PALLÓN:

Faise cunha caña que está pechada por un dos extresmos, o outro está aberto. Neste está feito un corte oblícuo de pequeño tamaño que logo se extende horizontamlmente. Esta legüeta debe esta separada aproximadamente un milímetro para que poda vibrar.

O pallón introdúcese pola parte aberta no espigo do ronco.

Publicado en Música | Etiquetado , | Deja un comentario

O edificio do Banco Olimpio

p/ Manuel Lago Álvarez

Na madrugada do 30 de xuño de 1952, un incendio reduciu a escombros o edificio que albergaba as instalacións do Casino de Muros. Pasados algúns meses o edificio foi mercadoImagen5 polo industrial muradano Don Abelardo Dubert, quen pasado algún tempo vendeullo á Caixa de Aforros de Santiago, entidade que plantexou a súa reconstrución para convertelo en sede da súa sucursal en Muros.

O proxecto foi encargado o prestixioso arquitecto Don Francisco Pons Soroya, neto do famoso Pintor Don Joaquín Soroya, e que fora Diretor Xeral de Arquictetura do Ministerio da Vivenda durante tres décadas.

O edificio incendiado era un inmoble do século XVIII construído en estilo neo-barroco i estabaImagen1 situado na rúa do mar. O proxecto asinado polo arquitecto Soroya, recolleu as instrucións do propietario que incluían a reedificación da fábrica ampliando a superficie, destinando a planta baixa aos locais da sucursal bancaria, mentres que os dous pisos superiores existentes mais un engadido destinaríanse a vivendas.

O presuposto da obra (aprobado polo Colexio de Arquitectos de Madrid) estimouse na cantidade de 961.243,87 pesetas, cantidade que nos tempos de agora pode parecer ridícula (apenas 6000 euros), pero que daquela eran –como se dicía antes e agora tamén, “un potosí”-Imagen2 . No seu obxetivo básico o arquitecto resumía a obra a realizar nunha actuación sobre un edificio do século XVIII situado no Paseo do Porto de Muros, propiedade da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela, de dúas plantas e tres fachadas, e medianera ao fondo: reconstrución e ampliación para sucursal bancaria e vivendas”.

A construción concibiuse como a conservación de un ben artístico con singular articulación na armonía popular da Vila con unha modificaciónImagen4 morfolóxica sustancial. A variación mais significativa era a elevación e creación dun novo andar, mantendo o balcón corrido e cabezas de muros facendo de cortaventos, con tellado que avanza sobre o balcón cubríndoo.

O arquitecto Pons Soroya topouse con que o lenzo (frontal) da planta baixa estaba en moi mal estado coas súas sillerias picadas e revocadas e os seus ocos transformados ata o punto de ser difícil precisar a súa antiga composición, sendo por elo que o autor permitiuse deseñar a reconstrución a partir do modelo compostelán, como referente do linguaxe barroco que se quixo reimplantar neste edificio de Muros, dotando ao edificio de soportais. Feitos os soportais, o arquitecto pasouse por alto o acordo da Corporación Municipal de Muros de 4 de maio de 1915, sendo alcalde Don Jacobo Formoso Porrua, que precisaba con claridade tanto a altura como a distancia entre os arcos así como a alineación cos edificios de referencia.

Con todo, antes do comezo das obras o edificio foi mercado pola entidade Banco Hijos de Olimpo Pérez. Os novos propietarios introduxeron algunhas correccións no proxecto inicial, suprimindo a terceira planta prevista e prescindindo no lenzo de entrada das dúas portas simétricas que o autor deseñara.

A armonía da reedificación fundamentouse tanto no emprego da sillería vista coma na colocación deImagen3 elementos ornamentais que dignificaron o conxunto, aportando ás balconadas da fachada principal unha cerraxería artística con referencias decorativas ao Banco Olimpio Pérez.. A foto coas persoas no balcón correspondese ao día da inauguración da sucursal bancaria. Ao ampliar a foto podese ver mellor o texto escrito no que o artesán ferreiro escribeu: SOY DEL BANCO HIJOS OLIMPIO PEREZ—SANTIAGO.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario