Muros en cifras

Os cadros que se acompañan proveñen de datos publicados polo Instituto Galego de Estatística e refrexan a situación estatistica do Concello de Muros, no referente a sociedade, poboación i economía, e se refiren aos anos 2012 e 2013 e parte de 2014.

Picture8Picture9

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Carmen Senande Pazos

Muradana, nacida en el año 1961, ingresa en la Escuela de Artes y Oficios de Santiago de Compostela y más tarde en la Facultad de Bellas Artes de Salamanca. Magíster Internacional en Creatividad Aplicada. Universidad Santiago así como Especialista en Picture7Museológica y Arte Contemporáneo. por la USC. Seleccionada para participar en los talleres de Unión Fenosa  junto  Rafael Canogar, Lucio Muñoz y José Hernández. Seleccionada para representar a Santiago como Capital Cultural en el proyecto Affiche- Avigñon, Francia. Ha obtenido diversos premios y menciones tanto en pintura como escultura realizando muestras individuales como colectivas  por los diversos espacios expositivos

Museos y colecciones:
MUSEO DE UNION FENOSA .Mural colectivo  realizado junto Rafael Canogar
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
COLECCIÓN DE ARTE CAIXANOVA
COLECCIÓN DE ARTE EXCMA DIPUTACION DE LA CORUÑA
COLECCIÓN DE ARTE MUSEO BARCO DE VALDEORRAS .ORENSE
COLECCIÓN DE ARTE .PILAR I JOAN MIRO
AYUNTAMIENTO LA CAÑIZA.PONTEVEDRA
CONGRESO DE LOS DIPUTADOS. MADRID

Obra en espacios urbanos:
Realización de los laterales de las fuentes piramidales de la Plaza Europa (Culleredo) A Coruña
Realización de una unidad escultórica .Paseo marítimo Laracha . A Coruña
Realización unidad escultórica .Paseo marítimo  Espasante.  Ortigueira. La Coruña
Unidad escultórica. Paseo marítimo Ponte Nafonso (Outes) A Coruña
Unidad escultórica playa de Valdoviño . A Coruña
Realización diseño e intervención artística con grupo escultórico” Paseo de Casablanca “Los Castros. La Coruña
Grupo escultórico y diseño del Paso Bajo Feve -Viveiro. Ayuntamiento Lugo
Diseño y ejecución de ordenación urbana con grupo escultórico. Ortigueira. La Coruña
Diseño y realización del grupo escultórico. Paseo marítimo  Cervo. Ayuntamiento Lugo
Realización y diseño del grupo escultórico “Las diez mujeres de Hércules”. Paseo Marítimo A Coruña.

Ilustración y diseño:
Ilustración de los “Cuentos de Serezade” Ed: BAHIA EDICIONS
Diseño pavimentación “Mirador de los Castros”. Ayuntamiento de La Coruña
Diseño pavimentación c/Galera. Olmos .Ayuntamiento La Coruña
Diseño Pavimentación C/ Pita. Ayuntamiento Ortigueira
Realización y diseño muro del Oleoducto. Ayuntamiento La Coruña

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Luciano Piñeiro González

Nado na parroquia de Louro no ano 1924. Ingresou no Colexio de Herbón en 2º curso e, o termino dos catro cursos de Humanidades, fixo un bienio de filosofía en Santiago. Picture5Completou o Bacharelato superior no Instituto de Ensinanza media de A Coruña e fixo Maxisterio por libre nas Escolas Normais de Santiago e Palencia.
Durante longos anos exerceu como mestre en Venta de Baños e Peñafiel (Valladolid), ata a súa xubilación. Publicou traballos en diferentes medios de ámbito estatal. No ano 1958 gañou un primeiro premios de contos en Radio Nacional de España con un que levaba por título “El Retorno”.
Luciano Piñeiro fui una persoa aberta a todos. Conversador impenitente, escoitalo era gañar en saberes. Dende mozo decantouse pola literatura, en especial pola poesía. «A min gústame comunicar e transmitir vivencias, ilusións e tamén paixóns», afirmaba nunha entrevista. O Concello de Muros tributoulle unha homenaxe, pola presentación do seu poemario Aporías do tempo fuxidío.Picture6
Luciano Piñeiro publicou varias obras en castelán e galego, figurando entre elas, Intimalia, Con Deus a barlovento, Historias boubas e outras lilainas, e Vinte escollos de doxografía. Tamén destacan os seus poemas publicados na Antoloxía “Poetas de Herbón”.
Este ilustre escritor posúe varios manuscritos aínda pendentes de publicar,. Entre eles abundan os temas poéticos, cun destacado afán de proxección da terra que o viu nacer e a que nunca renunciou.
Falleceu en xullo de 2007, aos 83 anos de idade. Esculpido na súa lápida, un epitafio que amosa a sinseleza dun home bó que sempre será recordado pola súa grande humanidade e polo seu grande querer o seu Louro natal.

Xa todo é nada.
Pro Deus fica, de fronte a barlovento,
e diante DEL están axeonllados
tódolos meus saberes e sentires,
tódolos meus dicires e faceres,
diante de Deus están.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , , | Deja un comentario

Rosalía de Castro folclorista

p/Henrique Monteagudo

Picture1Nunha entrega anterior de The Muros Times publicábamos un precioso poema en galego de Rosalía de Castro, “Dinche o corazón na man”, que acabábamos de rescatar do esquecemento. Durante estes meses pasados seguimos buscando nos arquivos, tanto da Real Academia Galega coma doutras institucións, e demos cun curioso feixe de textos que axudan a coñecer unha faceta pouco estudada da nosa magnífica poeta: a recolla de cancións, poemas e ditos populares. É ben sabido que o seu primeiro libro poético en galego está inspirado, como indica o seu título Cantares Gallegos, no cancioneiro popular. A maior parte dos poemas deste libro están construídos a partir dunha cantiga do pobo que Rosalía oíra e recollera. A través dos materiais que estamos exhumando nos arquivos, imos sabendo máis do labor que Rosalía desenvolveu na recolla de materiais poéticos saídos da canteira popular. Quizais algúns non foron publicados antes porque teñen un contido un pouco inconveniente, pero nós entendemos que cómpre dalos a coñecer, desculpando o que poidan ter de malsoante polo seu indubidable carácter humorístico.
Díxose moitas veces que o xenio popular de Galicia era por unha parte lírico (de aí a saudade e a morriña) e doutra parte satírico e festeiro (de aí a retranca). Rosalía de Castro, aínda que pasou á posteridade sobre todo como unha poeta doente, e certamente moitos dos seus textos son sublime expresión do sufrimento, a angustia e a desesperación, tamén foi unha poeta rebuldeira, capaz de expresar con inigualable colorido a alegría das festas populares, por exemplo, da romaxe á Virxe da Barca (onde, por certo, como todo o mundo sabe, pinta un engaiolante retrato das muradanas). Se no lindísimo poema que publicamos hai uns meses, “Dinche o corazón na man”, brillaba a súa excelsa faceta lírica e sentimental, nos dous textos que presentamos hoxe –que, insistimos, non escribiu ela, senón que recolleu da xente do común– brinca, irónica e rexoubeira, unha menos coñecida e celebrada faceta humorística. Riamos, pois, un chisco con Rosalía de Castro, que boa falta fai.

Anque fun ben, xa che fun,
anque che fun, xa non son
anque gastei charretes
hoxe gástoche calzón.
Calzóns roxos, pucha branca
socos furados, faixa ancha,
e anque levo feridas no peito,
a falar delas non teño direito,
que has de saber, miña pícara nova
que quen foi e non é,
é como si non fora.
(Arquivo da Real Academia Galega)
* * *
Veu o demo ó mundo
subeu a un cereixo,
nunha ponla púxose
co rabo direito.
Non comeu pouquiñas
-n’ hai tal coma eso!-
que c’as carambaíñas
quedoulle o cu teso.
“Veiga o demo a froita!”
El iba dicindo,
e a xente do mundo
quedóuselle rindo.
E chegou ó inferno
e colleu un fuso
que, anque non fiaba,
tíñalle bo uso.
Morreu o primeiro
que del se ría
e chegou ó inferno
e así lle dicía:
“Quen fixo burla no mundo
xa mandou o Padre Eterno
que cando a aquestoutro chegue
lle escaravelle o cu ó demo”.

(Arquivo da Deputación da Coruña)

Publicado en A nosa Lingua | Etiquetado , | Deja un comentario

Na óptica

p/ Marcelino García Lariño

A ninguén lle gusta que o traten mal, que o aldraxen ou que, aínda disimuladamente, lle digan que está tolo sen selo.
Isto pasoume a min que non é conto. Co gallo de que se me caía o vidro do ollo esquerdo… e permítanme que faga unha aclaración porque a min gústame chamarlleImagen1 as cousas polo seu nome, ó pan, pan e ó viño, viño: non me caía a vidro do ollo esquerdo toda vez que no ollo non tiña mal ningún; non me interpreten mal; o mal estaba nas gafas que me caía o vidro do lado esquerdo dos anteollos, fun a unha óptica moi renomeada a que me solucionasen o problema.
E así foi. Atendeumo un mozo moi cortés e moi refinado e cando levándome as gafas na man para amañarmas, ó pasar mesmo por diante doutra empregada, moi guapiña e feituquiña, mirando para min preguntoulle ó seu colega ou compañeiro, que tanto me ten:
–¿Qué lle pasa ó señor?
–Hai que apertarlle a caravilla.
–¡Cómo! –berrei o tempo que dando un pulo coma unha fera arrabeada, de onde estaba sentado planteime diante del disposto xa para zoscarlle– ¿Pero ti mequetrefe do carallo posme a min por tolo? ¡Cousa que aínda non fixo ninguén! Me cago ata..
Non me deixaron terminar. O mozo, e a moza tamén pero non tanto, desfacíase en desculpas pedíndome mil perdóns mil veces. Facíame reverencias e non era quen de acougar. Dicíame:
–¡Señor, señor! Cálmese por favor. Non se poña nervioso. Escoite, escoite, por favor. Mire, a caravilla que dixen que había que premer, non era a súa, Deus me libre de semellante cousa, senón a da gafa que suxeita o cristal, e para demostrarllo veña, por favor, veña comigo para que se decate cos seus propias ollos.
Levoume con el e era certo. Apreixou o parafuso (o meu non; o dos lentes) e quedáronme noviños do trinque. Non me cobrou nada; ofrecéuseme para todo que me fixera falta, e acompañoume ata a porta.
Pero é o que digo eu. Hai que falar con propiedade e con precisión, e non mesturar nin trabucar as cousas, nin dicir unhas por outras. Hai que chamarlle as cousas polo seu nome, como fago eu: ó pan, pan e ó viño, viño.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario