Entrevista concedida a The Muros Times polo escritor Manuel Iglesias Turnes
1/4/2013
p/ Jorge Lago de Pexejo
J.L._ Manuel, antes de falar do teu libro As rapazas de Xan, ¿Pódesme dar unha breve descripción de quén eres e de donde ves? Pois ainda que visitas Louro, penso que os teus orixens son de outro lugar.
Manuel Iglesias Turnes: Pois así, en poucas palabras, contareiche que son un traballador por conta propia, que desenrolo unha actividade relacionada coa mellora xenética da vaca Frisona Holstein. Nacín en Cabanas (A Baña) e vivo en Santiago dende os anos 70. Louro para min é algo máis que un lugar ó que se vai de visita. Fun a primeira vez de camping no 68. Nunca deixei de ir e agora teño vivenda alí. Estou orgulloso de ser tamén de Louro.
J.L._ Cando empezastes a escribir As Rapazas de Xan, ¿Qué che inspirou a facelo?
Manuel Iglesias Turnes: Empecei en Xuño de 2009 e, devagar, remateina no mesmo mes de 2010. Houbo periodos longos, de meses, que non tratallaba nela. Non tiña présa porque non supoñía que podía ter o interese que logo tivo. Supoño que o que me inspirou e motivou a escribirla foron aqueles recordos da infancia. Aquelas cousas que che impactan de neno, que ves pasar por diante túa, que ti non queres que pasen pero pasan. Por medio da escrita pos a cada cousa no seu sitio, e eu tiña moitas descolocadas . Mais, As rapazas de Xan, e tamén unha novela de amor. Todos, ou case todos, levamos unha historia de amor no corazón.
J.L._Ten o libro un mensaxe específico co que o leutor se poida identificar?
Manuel Iglesias Turnes: Si, o libro ten varias mensaxes coas que o lector identificarse. Todos aqueles que noutros tempos, e agora tamén, tiveron que deixar a súa terra para buscar o sustento lonxe, vanse identificar e moito con esta novela. Pero tamén todos aqueles que ten e tiveron a capacidade de poñer o amor por enriba doutros sentimentos menos nobles. Os que aman a Galicia, a nosa lingua, a forma de ser da nosa xente, veranse plenamente reflexados no que aquí eu conto. Dito esto, engado que calquera persoa, rural ou urbana, rica ou pobre, xoven ou maior, pode disfrutar cunha historia de amor, desamor, de gran contido social, que mestura o drama coa retranca e o humor.
J.L_ Apesares de ser unha novela, qué tanto ten a obra de realismo, ou é pura ficción?
Manuel Iglesias Turnes: A obra é ficción, ainda que os que a leron e a crítica aseguran que a dose de realismo e tal, que o lector vese mergullado na historia. Eu, que me criei nunha aldea, non quero negar que bebín algo de que aconteceu ó meu carón. Pero fíxeno de moitas fontes, e a de máis caudal foi a da miña imaxinación, sen lugar a dúbidas. É, insisto, ficción. Mais construín un retrato tan veraz que calquera pode pensar que iso sucedeu así.
Tamén din os entendidos que a primeira novela dun autor é a máis personal. Algo diso haberá.
J.L. Si tuveras que escoller, qué escritor considerarías o teu mentor ou que che influenciou máis?
Manuel Iglesias Turnes: Suso de Toro, sen dúbida. Dixen nunha presentación de As rapazas de Xan en Santiago, que eu decidín escribir cando lin Calzados Lola deste autor, que, por certo, parte da trama desenvolvese por Muros e Louro.
Suso é o meu padriño literario e penso que de moitos autores que están a publicar na actualidade. Cando leas o prólogo que lle fixo á miña novela verás que o que digo é certo. Noutro plano, Rosalía é o sentir do noso país, a voz que traspasa os tempos e non perde actualidade.
J.L. Ademáis dos que fas referencia, quén é o teu autor favorito xa sexa noso ou alleo?
Manuel Iglesias Turnes: Suso de Toro, Diego Ameixeiras, Rivas e moitos outros
J.L._ Normalmente as cousas non pasan por que si, acórdaste como se orixinou o teu interés por escribir?
Manuel Iglesias Turnes: Eu penso que o interese por escribir aparece pola necesidade de contar cousas, de comunicar cos demais, de denunciar aquilo que che é incómodo dentro. Empecei a escribir porque a miña cabeza estaba, e está, repleta de cousas. A min interésame todo o que acontece ó meu arredor. Nunha ocasión dixen nunha entrevista á Radio Galega que escribín este libro sen plantexalo previamente. A locutora riuse, pero foi así. Un día empezas a escribir e ó pouco tes unha historia que te atrapa. As personaxes xa ten cara e unha forma determinada de comportarse. Non é doado de explicar, pero cando escribes se as peresonaxes non collen vida a historia non sae. Se ti nas cres, os lectores tampouco. Foi unha necesidade nun momento de desacougo. Tamén podemos dicilo así.
J.L_ Ademáis de escribir, qué outras inquietudes che moven?
Manuel Iglesias Turnes: Son unha persoa moi normal, con inquietudes moi normais. Móveme o ter un país orgulloso do seu, que fale con orgullo a súa lingua. En xeral indigname todo aquilo que atenta contra da dignidade das persoas. Iso multiplícase cando se atenta contra a dignidade do conxunto do pais.
J.L. Estás escribindo algo máis? e si é así, ¿Pódesnos adiantar algo?
Manuel Iglesias Turnes: Estoulle dando voltas á cousa, pero sen présa. Teño un traballo que me deixa poucos ocos e isto de escribir tes que ter as mans no teclado, pero tamén a cabeza na historia. Algo farei por que é unha experiencia marabillosa iso de estar creando unha ficción.
J.L. Atreveríaste a darlle algún consello a os novos escritores, a aqueles que teñen ideas no miolo pero non se deciden a plasmalas en verbas escritas?
Manuel Iglesias Turnes: Pois é un atrevemento pola miña parte dar consellos, pero eu diríalles que é cuestión de perder complexos e non poñerse límites. Hai que escribir cara diante, con valentía. Cando comproben que o que escriben lles chega, os emociona, están no camiño porque ó lector tamén lle ocurrirá iso. Ninguén sabe se ten posibilidades se non o intenta.
J.L. Bueno, foi unha grata experiencia o haber falado contigo Manuel i estou seguro de que esta non vai a ser a única vez en que te prestes a falar con nós.
Para rematar, tes algo que queiras comunicarlle a os teus leutores?
Manuel Iglesias Turnes: Que agardo que vos guste, que a disfrutedes. Que pensedes que foi escrita con moito corazón, con moito amor a Galicia e ás súas xentes. Que As rapazas de Xan e unha novela que narra a vida nunha aldea nosa alá na posguerra, onde a xente escapa da miseria emigrando a America. Mais tamén é diversión, solidariedade, emoción etc. Teño fé en que vos vai gustar.
Grazas, Jorge, por darme esta oportunidade de falar para a xente de Muros.
Contido
De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.