Lenda da Cova de Sisilia

By: Manolo de Lajo

O pobo de Muros encontrase protexido por dous montes sitos de tal maneira que sí tiramos unha liña recta entre eles, a vila queda exactamente nela. Estes montes son Cruz de Pelos o NE é o Oroso o SW, ámbolos marcados dende tempos ancestrais por dous pedestáis coas súas respectivas cruces. A do Rumial no Oroso e CruzImagen1 de Pelos no monte do mesmo nome.

Conta a lenda que a de Cruz de Pelos foi destruida durante a Edade Media por unha meiga que peiteaba os longos cabelos o pe dela, quedando soio o pedestal que hai hoxe en día. Dita muller foi axusticiada na fogueira por herexe, ainda que como decía meu bisavo cando nos contaba a lenda: «herexe non é o que arde na fogueira, sinon o que a prende».

O NE de Cruz de Pelos baixando para Porcomorto, no coñecido como Chan da Lagoa, encontrase a Cova de Sisilia, antiga morada da meiga e dos tres últimos republicanos da bisbarra. Estes tres sindicalistas da CNT botaron un bo tempo nela durante a guerra civil e aproveitando a noite baixaban as cortes de Felipe a buscar a comida que súas donas e os veciños alí lles deixaban. Nas ditas cortes moraba Mikis, o gato do pai de Felipe, ainde que eles o chamaban de Durruti, como o seu líder.

Sabedores de que cada vez o cerco da garda civil estaba máis perto é co conocemento de que estaban chegando reforzos desde Santiago para dar a batida definitiva, decidiron planexar a fuga a Francia. Entón un deles mandoulle recado a seu cuñado para que os esperara co barco de Carraspello (barco no que era contramestre) cheo de fuel fondeado en Esteiro e poder darse a fuga aproveitando a sombra da noite de lúa nova.

Eles sabían que os camiños dende Cruz de Pelos hasta calquer punto da ribeira estaban vixiados, pero tamén estaban o tanto de que a cova era máis longa do que exploraran. Así que decidiron coller a Durruti e tiralo por un furado con pendente que facía o final da cova conocida. Cal sería a sorpresa que miña tía Concha do Campo de Abaixo encontrouno bagando por a praia de Bornalle cando andaba o arneirón para a campa de súa nai, esta foi a maneira de saber que a cova tiña outra entrada cerca da dita praia.

Cando tiñan todo preparado para salir, déronse de conta de que faltaba Carmona, o home parece que se foi despedir da muller, con tan mala sorte que a casa estaba vixiada é capturárono. Uns días despois trás un xuicio sumarísimo, foi pasado a garrote vil en Santiago. Os dous restantes acojonados, decidiron adentrarse na cova tapando o lugar estreito dende o interior e seguiron o mesmo camiño que antes fixera o gato, hasta chegar a uns profundos que quedan cerca da praia de Bornalle e soio se ven con mareas vivas. Molláronse un pouco e continuaron a andaina por a ribeira hasta chegar a Esteiro. Alí estaba fondeado Santiago rodeado dunha espesa borraxeira, nadaron en silencio, embarcaron e sín saber moito de mar e cas luces de navegación apagadas botáronse a un andar de 8 nos rumbo a libertade, que naquel tempo non era outra que a terra donde naceu a Marsellesa despois dun levantamento do pobo. Amparados na noite e na borraxeira chegaron o porto de Arcachón con combustible xusto e mortos de fame, sendo recollidos por os franceses e recluidos nún campo de concentración na Praia.

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s