Mais sobre o Pozo do Cachón.

Por Manuel M. Caamaño

O propietario, I. Pérez Bazarra era natural de Muros, emigrou a América e foi á súa volta cando decidiu levar a cabo a construción dos muíños, empresa que contou con algunhas dificultades. Neste sentido ARTAZA MALVAREZ (1959, 181-182) recolle o seguinte: “Era el Gremio del Mar de Muros una entidad de significación y poder. Propietario de multitud de terrenos y de bienes cuantiosos, cedía con frecuencia unos y otros, siempre en beneficio del progreso y del bienestar de su pueblo, y así regaló a D. Ignacio Pérez Bazarra, la propiedad de los terrenosImagen4 sitos a la orilla del mar en el punto llamado de la «Asea», hoy términos de Anido, para que levantase los molinos que proyectaba, cerca de cuyo punto construyera el Gremio un muelle en el año 1812, con el solo fin -dice el informe emitido favorablemente por el Gremio, en la consulta de la Ayudantía de Marina sobre la conveniencia de los molinos en ese punto-, de impedir que los catalanes formasen igual obra que la que ahora se pretende, con almacén o pósito de frutos para extraer del país por este punto. Cierta compañía de catalanes, años antes, trataba de introducirse bajo cubierta de construir molinos de aceña en un sitio a propósito llamado la «Acea». sin embargo los naturales accederían si dicho sitio no estuviese a ese tiempo destinado por ellos para hacer un puerto de abrigo para sus lanchas, que hicieron presente al capitán general, consiguiendo su licencia y cuando a costa de 20.000 reales habían avanzado la obra hasta la mitad, el mismo general concede permiso a los catalanes para la suya, de modo que en corto tiempo se han expedido cuatro órdenes opuestas, sin más razón que la que se exponía en el momento”.

A construción dos muíños que proxectaba o Sr. Bazarra e que ao fin realizou, era unha obra beneficiosa para a vila. Esta obra achou as súas dificultades, e o tristeiro do caso é que estas foron debidas a un forasteiro, desterrado político no Convento dos franciscanos de Louro, D. Manuel Acuña, o cal nas súas visitas a vila por diversión súa -di o señor Bazarra [Arquivo do Apostadero do Ferrol, Ano 1829] puxo, ou mandou poñer uns paus ou aceñas no mesmo sitio onde as vosas mercés (os do Gremio) cedéronme o terreo, sen máis licenza, nin consentimento que a súa e o seu capricho e agora este señor, que respecto moito, que toda Galicia ben coñece, se apropia do terreo Como seu… Visto o cal, o Sr. Bazarra pediu ao Gremio, antes de levar a cabo a súa obra, a seguridade do seu apoio e este procedeu con toda enerxía a gabiar as dificultades de tan extemporánea como indebidamente presentadas, construíndose ao fin os citados muíños.

Atopamos outra referencia nunha carta mariña de 1838. corrixida e aumentada en 1868, «Costa Oeste de España. Plano de la Ría de Muros levantado de orden superior por el Capitán de Fragata de la Armada D. Ignacio Fernández Florez y publicado en la Dirección de Hidrografía. Año 1838. Madrid» , na que o muíño aparece como Muíño de Bazarra.

Os datos dalgúns informantes non coinciden cos aportados no plano. xa que sitúan a compra do muíño por parte de Abelardo Dubert Siaba aproximadamente no ano 1890, mentres que no plano se especifica claramente a data de 1830. Das mesmas fontes procede a información de que cando Dubert comprouno xa estaba abandonado; el traxo pedras francesas e o puxo de novo en funcionamento, do que se encargaba un empregado deste, chamado Eduardo Vázquez, que era quen traballaba e vivía no muíño. Tamén se lle adxudica a construción da casa de baños anexa ao edificio do muíño, a este Dubert, fillo dun francés afincado en Muros.

A partir da súa construción ata hoxe, o muíño pasou por nove propietarios, Sendo hoxe en día propiedade municipal.

Despois de moitos anos de abandono e ruina , hoxe en día o conxunto dos muíños de marea do Pozo do Cachon atopase totalmente restaurado e adicado para fins culturais do concello .

O seu funcionamento e estado de conservación pasou por diferentes etapas, sendo que polos anos 1880-1890 estaba nun certo abandono e co muro da presa caído en parte, estado que se prolongou por un tempo ata que se ergueu de novo o muro, que volve a caer polos anos 1928-1929 (A. Romaní García, com. pers. e informantes).

Sobre o momento en que deixou de traballar definitivamente non hai coincidencia nas datas aportadas polos informantes, pero resúmese en dous momentos: arredor do ano 1915, cando se instala en Muros un muíño eléctrico, ou sobre os anos 1930. Sen dúbida, e concordando coas fases de alteracións no seu estado, o muíño pasou por etapas de inactividade e quizais nos últimos anos esta fose moi escasa, polo que non é posible precisar máis.

DESCRIPCION

O conxunto ofrece hoxe un aspecto moi diferente ao que debeu ter cando a súa construción e nas primeiras épocas de funcionamento. O edificio, ten outro adosado construído por Dubert e que en principio ía ser un aserradeiro de madeira pero que rapidamente se converteu nunha casa de baños mariños con algas para doenzas reumáticas, e tamén en almacén de grans; incluso parece ser que tivo algunha outra finalidade antes de converterse nun almacén de nasas.

A presa está moi modificada por mos dos arrastres do río e vertidos diversos, así como por uns muros construídos na zona posterior aos edificios. O muro da presa, antes caído caído nalgún tramo, esta restaurado hoxe en día polo que se pode atravesar doadamente por él.

Fonte:   http://homesdepedraenbarcosdepau.lacoctelera.net/post/2007/04/24/o-muino-das-mareas-o-pozo-do-cachon-2

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s