p/ Quin Muros Negreira
Ahí vai…
información do grupo muradán, TERBUTALINA que o 7 de Marzo estrearon o seu novo disco «Ritmo Serbio» na Sala Capitol en Santiago.
E vós de quen sodes? A Terbutalina nase no insentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiant…e e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de jaraxe, o punk e outros sons. En 2011 lansan o seu traballo de presentasión Live in Catoira, que recolle 8 temas dun conserto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabesa). Meses despois viaxan até L.A. para jravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 rasións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á lus (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarja. Os 15 temas do Broncodilatador son unha pequena mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formasión nos diferentes consertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan diversión, velosidade e empanada. Na primavera de 2012 ve a lus un novo EP jravado en Portugal baixo o título Hostias para todos. Este traballo contén sete temas directos e susios nos que mesturan estilos, sachadas á altura dos xeonllos e cabesadas na nuca. O sexto corte do disco, “Suisidarse”, contará tamén cun videoclip dirixido por Lucas Nadal (director de vídeos para jrupos como Ataque Escampe ou Samesugas). Ademais deste lansamento, tamén colaboran cun tema no recopilatorio Galician Bizarre II, que recolle cansións de até 18 bandas. E despois? Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a jodelo. Bailen, hostia! Bailen!