O Bergatín Fantasma da Bouxa

By Manolo de Lajo

… Alá por os mediados do século XVI, cando España estaba inmersa na colonización americana, moitos barcos piratas ingleses e franceses dedicábanse a saquear as vilas galegas. Un deses tantos, do cal non coñecemos o nome afundeu na Bouxa de Fora, un baixo que se atopa na enseada de San Francisco coñecido vulgarmente como o petón da Bouxa. Este é un baixo que non ofrece ningún problema para as embarcacións de baixura que Muros posúe, pero sí as de gran tonelaxe.Carabela
Parece ser que a vendavalada reinante nesa noite e o descoñecemento da costa abateunos a babor, sacando a nave da derrota marcada. Dando como resultado o naufraxio do dito bergantín xunto co seu cargamento de moedas de ouro. O capitán e a tripulación afundiron co barco, maldicindo o día e a hora. Polo cargamento que levaba os vellos do lugar coñecen o sítio como a «Furna dos Pesos».
Aquel barco, con toda a súa tripulación, emerxe do mar nas noites de temporal; desplegan velas, berran, pelexan como intentando salvarse do afundimento. Permanecen así durante a maior parte do tempo ata que Monte Louro saca a touca (Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca) facendo amainar a borrasca, desaparecendo entón como por encanto. A xente pensa que estas historias, lendas ou contos non son verdá, pero veñen sendo contadas de boca en boca por os nosos devanceiros e non foron esquecidas no tempo. Entón algo de certo terá.

Acerca de themurostimes

Revista Dixital Muradana
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s