Un mes mais e seguimos adiante ¡¡¡. A gran aceptación que está tendo a revista danos pulos para seguir traballando con mais ganas. As estadísticas que nos da a páxina de TMT, amais a de issuu.com, son moi reveladoras: crecemos en lectores, o que nos enche de ledicia a todos.
No andar da revista, cos meses vamos adaptando os contidos os gustos dos lectores sin renunciar a por en valor o esencial da revista: a historia, arte, cultura, tradicions, etc, das terras muradanas. Tamén os colaboradores van indo a mais, pero lentamente. Necesitamos contar con mais persoas que aporten o seu saber e facer, e para eso non fai falta estar cargado de títulos. Son moitos os que poden colaborar e deben facelo, pois coa súa aportación contribuen a espallar os seus coñecementos.
Sin querer ser pesados, (a verdade e que o somos), temos pendente de escribir sobre cento e unha cousas. A nosa historia da moito de sí, en todo-los eidos, e poucos concellos poden presumir deso; pois presumamos os que podemos ¡¡¡.
Para a revista de Novembro hai xa preparados un lote de artículos que de seguro van a ser do gusto de todos pola súa novidade: “Os Castros de Muros”; “A exclaustración dos frades do Convento de Louro”; ¿Cómo e cando se fundou a capela de San Xosé?, etc, e tamén se vai a contar cunha sección nova que se vai titular: “Muros: fai cen anos ou mais”, e na que daremos a coñecer pequeñas historias de feitos acontecidos na bisbarra. Nesta sección, moitos van recoñecer como protagonistas os seus avós e bisavós con detalles de todo tipo: a súa boda, os testigos, o nacementos dos fillos, viaxes, estudos, aperturas de locais comerciales, a marcha á emigración, etc.
Xa por último, queremos manifestar o a gradecemento de TMT o queredor muradán Alfonso Pouso, quen, a partires deste número, e debido a cuestions particulares, deixará de aportar colaboracions á revista. TMT queda orfa dunha notable pluma, que tanto en prosa como en verso fixonos vibrar de emoción.
P.L. : Ahí vai o gráfico das estadísticas da páxina de TMT: