A perda do Cardenal Cisneros

By:Manolo de Lajo
O Cardenal Cisneros era un cruceiro da Armada de 7.500 toneladas de desprazamento, 106 metros de eslora e 18,55 metros de manga. Foi botado en Ferrol en 1897 e montaba 2 canóns de 280mm., 8 de 140mm., 8 de 57mm. 10 de 37mm. ademais de 3 tubos lanzatorpedos. Estaba propulsado por 2 máquinas verticales de triple expansión con 4 caldeiras dobles e 40 fornos para darlle unha potencia máxima de 15.000 cv. a unha velocidad de 20 nós.
cardenal cisnerosNa noite do día 28 de outubro de 1905 as lanchas xeiteiras de Baño e Boavista sairon de Anido para dar o lance de alborada. Esa mañanciña decidiron facelo na zona da costa comprendida entre os baixos de Meixide e Ximiela, visto que no lance do axexo tiveran boa marea nela.

Contaba meu bisavó Tieles que cando estaban recollendo as pesas viron o Cardenal
Cisneros virar o Neixón e poñer rumbo a Virullos, correxíndoo a babor o estar nas cercanías destes e tomar unha nova derrota para pasar por o suroeste de Meixide, ainda que para o coñecemento del pareceulle moi pouco o desvío. O barco navegaba a un andar de 10 ou 12 nos por o cal estaría o caron de Meixide en 10 minutos, eso si conseguia librar Ximiela pois levaba casi na proa. Entón meu bisavó e os patróns das outras lanchas, entre eles os Coxos e os Saturnos, comenzaron a levantar as mans e berrar para avisarlles do perigo; o cal o barco repondeu cunha salva de pitadas, coidarían que os estaban a saudar.

Uns minutos máis tarde sentiuse a bordo unha forte trepidación, que fixo deter a máquina. Tocaron cuns baixos por o sur de meixide que nas cartas da época non estaban marcados, pero que os mariñeiros muradans sí coñecían.

A consecuencía do choque inundáronse os departamentos das caldeiras de popa e os das máquinas de proa inutilizando as bombas coa parada da máquina.
Dando o barco por perdido o comandante Manuel Díaz Iglesias, a voz de sálvese quen poida, mandou arriar os botes salvavidas onde embarcaron os tripulantes e disparáronse uns cañonazos co fin de chamala atención. O Cisneros mergullou primeiro a proa e dispois, levantando a popa, afundeuse por completo mostrando as hélices.
Toda a tripulación, navegando nos seus própios botes ou a bordo das lanchas muradanas que acudiron a demanda de auxilio, foi chegando de volta a Muros.
O rei Alfonso XIII fíxolle un recoñecemento o povo de Muros por a súa actuación, tanto no rescate como na acollida.
Nos dias seguintes non tardou en soar esta cantiga na vila: «Adeus Cardenal Cisneros que pronto te has perdido, despois de sair de Muros, nos baixos de Meixido».

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s