Muros, 20-04-2013. Acto de presentación da Revista dixital The Muros Times, na Aula de Informática da Casa de Cultura de Muros.
O acto comenzou as 20:30 horas coa presenza dos colaboradores da revista i en conexión por Vídeo conferencia cos colaboradores na Diáspora nos EE.UU e Madrid. Salvo pequenos imponderables coa conexións cos compañeiros de Alén do mar, o acto resultou moi entrañable e enriquecedor. Púxose en valor esta iniciativa cultural que trata de xunguir no mesmo proxecto aos muradáns que viven na Vila ou perto dela, cos que se atopan na diáspora. Hoxe en día cos medios técncos que manexamos fixeron posible que fillos de Muros, separados por todo un océano, estiveran xuntos na presentación de The Muros Times. Un proxecto cultural que ten como leimotiv a posta en valor de todos
aqueles contidos en relación a Muros ou feito por muradáns. The Muros Times quere ser un «caixon dixital» da vida cultural de Muros. Desde estás páxinas queremos darlle as grazas a Caridad Gónzalez, Alcaldesa de Muros, que coa súa presenza lle dou un respaldo institucional o acto. Non podemos deixar pasar a ocasión para agradecer A Agrupación Fatriqueira, que amenizou o acto tanto o comenzo como o remate. Grazas tamén a todos que alí estiveron presentes.
Fotos: José Manuel Formoso Luces (Porrúa), e Mari-Nieves Formoso Vidal.