A Capela do Espíritu Santo

p/ Xokas Figueiras

Conta a lenda, que a imaxe de pedra apareceu na praia, e mentres se transportaba nun carro camiño da Vila os bois detivéronse no alto do Campo das Cortes, negándose a continuar, indicando así o sitio onde debía erguerse a capela.
A súa construción sitúase cronoloxicamente entre o 1250-1350; aínda que o profesor Caamaño estima que podería tratarse dunha obra tardía, entre o 1350 éo 1400. Ano arriba ano abaixo trátase dunha das capelas máis antigas non só do concello, senón tamén da capela do espiritu santocomarca, ca mesma idade que a igrexa de Santa María a Nova de Noia.
Exteriormente trátase dunha edificación rectangular, de estilo gotico-mariñeiro; na cabeceira atópase a capela maior de forma cadrada e lixeiramente máis estreita que o resto da edificación. Os muros están compostos de bloques de cantería que rematan superiormente nunha cornisa apoiada sobre canzorros de diversas labras: xeométricos, zoomorfos…, estes a súa vez sosteñen o tellado, a dúas augas, de tella do pais. A fachada principal, fruto da ampliación levada a cabo no século pasado, ten un marcado sabor románico, con columniñas embebidas nas zambras que sosteñen un dintel moldurado de medio punto, no que reza a seguinte inscrición: “SANTO-ESPIRITU-PARACLITO AMPLIOSE ESTA CAPILLA POR PUBLICA DEVOCIÓN 1927-1928”, e enriba, debaixo da pequena espadana coroada cunha cruz, ábrese un pequeno óculo.
O interior atópase dividido en tres treitos por senllos arcos faixóns que descansan sobre ménsulas, accédese a capela maior a través dun arco de medio punto e atopase cuberto todo o conxunto con bóveda de canón. Alberga diferentes imaxes, o altar maior é presidido por unha imaxe gótica do Pantocrátor ( Pai, Fillo e Espírito Santo) pertencente a principios do século pasado, a súa dereita unha imaxe da Virxe co Neno e a esquerda unha imaxe de San Nicolás; na entrada da capela maior no lado do evanxeo atópase a imaxe primitiva do Espírito Santo que Carlos Cayón define como: “riquísima reliquia ojival, tesoro artístico e histórico.”
Dos primeiros séculos non se sabe nada, o primeiro dato sobre ela aparece nun testamento do ano 1563 onde deixáselle esmola; sábese tamén que no 1609 cando Jerónimo del Hoyo visítaa, que a ermida estaba ao cargo da vila; e posteriormente no 1740 foi visitada polo bispo de Avaren o que deixa escrito:
“…que la hermita del Espiritu Santo queda contigua a una casa que sirve para recogerse un ermitaño y una huerta con que ayudara a su manutención, todo propio y perteneciente a dicha hermita y que con motivo de haber muerto el ultimo ermitaño se ha introducido en el manejo y usufruto de D. Sebastián de Giance, vecino de la villa”. Posteriormente, no 1847 o dicionario Mandoz recolle: “Espírito Santo: casa y hermita en el ayuntamiento y feligresía de San Pedro de Muros”. Entre os anos 1927-28 sufre unha pequena ampliación (fachada e treito ate o primeiro arco) por parte dos veciños de Campo das Cortes, os que nos seus carros transportan pedras da ermida caída da Santa Cruz . A esta época pertence a imaxe que preside a capela, a fachada (na cal se atopa un gravado antropomorfo), a espadana e o encintado interior.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s