Ora et Labora – A vaca misioneira

p/ Marcelino García Lariño
MarcelinoEn Muros, no arrabalo de Campo de Cortes, houbo unha vaca que a xente deu en dicir que era santa.
Eu non sei, nin son quen de dicilo, se haberá vacas santas. Disque, eu nunca as vin, que na India hai vacas sagradas que non traballan pero comen, e que a xente ata se axeonlla cando as ve.
Esta, á que me refiro, non era sagrada; traballaba moito e con traballiños abondos. No físico era unha vaca coma outra vaca calquera, con cornos, rabo, patas, ubre e raxo. No espiritual, se é que as vacas teñen espírito aínda que sexa pequeniño, xa non me meto porque non debo nin podo, nin quero, meterme en cousas ás que eu, coitadiño de min, non teño capacidade intelectual nin xurídica suficiente para chegar a elas, e menos aínda de comprendelas.
A vaca en cuestión santa non sería, pero moi relixiosa si que era. VacaNotábaselle ás légoas. Moi escrava no traballo, moi mansa e caladiña, moi guieira e reputada vaca da súa corte, aínda ben non escoitaba o tanxer da campá, de súpeto paraba o que estivera facendo, e ata que finara o toque, non movía pé nin perna. E aínda que o amo a aguilloara e lle pegara que a veces incluso a facían sangrar, a vaca non protestaba, non se movía. Era unha mártir que morría pola fe.
Tódolos días, cando a campá da igrexa tocaba ó Ángelus: tres, tres, tres e trinta e tres badaladas, a vaca negábase a moverse, como se fixera unha folga de brazos caídos, e os humanos que traballaban con ela non lles quedaba outro remedio que secunda-la folga. Así de claro. E si se trataba de dar sinal de morte, repique de procesión ou misa solemne, actuaba do mesmo xeito: a vaca non se movía aínda que a matasen a golpes.
Esta vaca, que existiu de verdade, e que os feitos que referimos son verídicos e non contos, como ó mellor poidan coidar algúns descridos, que de todo hai na viña de El Señor, mercáralla Alexandre da Pesca ós frades franciscanos do mosteiro de Louro. Nacera e criárase esta irmá vaca (como lle chamaría o noso santiño de Asís) entre os monxes, e dende ben xovenquiña estaba afeita á mansedume, á humildade, á paz e ás badaladas do mosteiro. Cando xa de xovenca feita e dereita traballaba, os pais franciscanos e os irmáns leigos que a dirixían nos cotiáns quefaceres na horta, ó oír o soar do sino da espadana invitándoos á oración paraban as tarefas. Ela tamén facía o mesmo; e cando saíu do mosteiro para vir para Campo de Cortes, non perdeu o hábito e proseguiu conservando esas boas costumes que nunca deberan rexeitarse.
A xente tívoa sempre por santa. Volvo a dicir que eu non sei se as vacas poden ser santas ou non. Ou se o foi, ou se non o foi. Para min, para o meu punto de vista e o meu pouco entender, foi unha vaca misioneira. ¿Por qué? Porque o seu amo nunca foi quen, a pesar das tundas e castigos que tal lle aplicou co gallo de facela traballar entrementres a campá tocaba, de conseguilo. Nembargantes ela, coa súa docilidade seráfica, logrou que o Alexandre da Pesca, cando a campá da torre da igrexa tocaba á oración, se persignarse, rezase, e se tiña a pucha na cabeza a

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s