Colón Muradano?

P/ Manuel Lago Álvarez
Colón MuradánDende sempre, sabe Galicia enteira que os mariños muradáns foron recoñecidos por ser os mellores capitáns e pilotos, acumulando a fama de ser os mellores para mandar buques de vela en navegacións de alto risco, e que o porto de Muros foi recoñecido polos reis como un dous mais importantes da península.
Moi coñecida e a frase: «todos somos galegos menos o capitán que é de Muros»; sentenza que confirma un recoñecemento expreso a profesionalidade dos mariños muradáns, moi por enriba dos méritos doutros.
Contan os mais vellos que nunha singradura atopáronse dous galeóns. Achegáronse un o outro e saudáronse os capitáns, e un díxolle o outro: «Seica pensas que non te coñecemos Cristobo? Ti és tan de Muros coma nós ¡¡¡.
Que Colón fora de Muros, non sería ningún disparate. Quen senón os capitáns de Muros serían capaces de embarcarse rumbo o descoñecido, o que tamén hai que engadir que a carabela capitá, a Santa María, saíra dos astaleiros de Muros, co nome de «La Gallega», e fora rebautizada con este nome na honra dá nai de Deus.
Colón escondía a súa procedencia galega, por mor de que os reis católicos, Isabel e Fernando, tíñanlle certo desapego ós galegos, xa que Galicia non os apoiara nas liortas que se deran na sucesión ó trono, nas que Galicia apoiaba a Juana la Beltraneja. Xa contarei mais, que o tema promete.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s