Entrevista a María Teresa Mayo Freire.

p/Jorge Lago de Pexejo
JL._: Encantado de facer esta entrevista contigo María Teresa. Cóntanos algo de tí.
Maria Teresa Mayo Freire: Son a menor de catro irmáns. A miña vinculación co mar ven dende a cuna xa que a miña nai foi, elas facíanse chamar daquela, María Teresa Mayo Freireatadoras. Polo tanto pasei un parte da miña infancia no muelLE de Cabanas con miña nai e as suas compañeiras. Pero, curiosamente, esa vinculación non foi a que realmente me trouxo a plantexarme o que hoxe fago. Estudiei Bacherelato e (daquela chamase así) F.P.II no instituto de Muros e iniciei a carreira de Relación Laborais na Universidad de Santiago, estudos que non rematei. Caseime con 23 anos, e foi, precisamente o meu marido que me fixo retornar a esa vinculación mariñeira esquencida. Fixemos un barco no ano 97, i eu estaba, por aquel entonces o coidado dos meus avós, cando eles faleceron, foi cando me propuxen que tiña que facer algo, traballar en algo. Quizas por ser a irmán máis nova, non o sei, teño unha gran dependencia familiar, primeiro cos meus avós e logo cos meus paìs, nese tempo tamén naceu o meu fillo, logo pensei que necesitaba un traballo que me permitise compatibilizar a vida laboral coa familiar. No me preguntes como caín na conta de que esa compatibilidad a tiña na propia casa, porque non o recordo, sei que llo propuxen o meu home e tiven sempre o seu apoio, o mesmo tempo que sempre tiven o apoio dos meus pais, que foron que realmente fixeron posible que eu me realizara dentro deste mundo, facéndose cargo da educación e coidados do meu fillo.
JL.: A pesar da tua vinculación coa vida do mar, supoño que non crecestes soñando que un día ibas a ser unha mariñeira.
Maria Teresa Mayo Freire: Jajajajaja! Non, para nada!! Fun pescar unha vez en toda miña vida ca liña por fora da Nai e Filla e collín un mareo que pensei morrer!!! Ese día dixen que nunca xamáis volvería a embarcar nun barco, claramente, equivoqueime.
JL._¿Cantos Imagen2sodes de tripulación normalmente?
Maria Teresa Mayo Freire: O meu home e máis eu
JL.: Duas persoas. ¿A que clase de pesca vos dedicades? ou ó mellor tiña que decir arte pesqueira, pero que lle queres; eu sonche da aldea.
Maria Teresa Mayo Freire: Non te disculpes que non cola, da aldea serás, pero o mar está ben cerca! Jajajajaja
Digamos que alternamos, coas betas nos meses de Xaneiro a Septembro, e desdes ahí a Xaneiro imos o marisqueo o Freixo.
JL.: ¿Cómo se dá eso de traballar tantas horas coa mesma persoa, especialmente cando con esa persoa se comparten máis que as horas de traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: O que non sei é como sería traballar con outra persoa. O traballo é moi rutinario e cada un sabemos o que temos que facer sen case comunicarnos, o resto das horas que compartimos apartámolas do traballo, cando chegamos somos unha familia máis que fai cousas de familia. Tamén penso que nos axuda que somos de pensamentos independentes, e aínda que temos amigos en común, como é lóxico, tamén nos relacionamos con grupos de xente diferentes. Levamos máis de 20 anos xuntos, e non se me ocurre un compañeiro mellor para nada. Jorge, estasme facer pensar eh!! nunca me plantei eso. Supoño que a verdadeira resposta e a máis lóxica é que somos un matrimonio que temos en comùn traballar para un benestar da familia, que mellor que poder facelo xuntos! ¿Non crees!?
JL.: Polo que entendo da tua resposta, o dito de que donde hai patrón non manda mariñeiro, non aplica.
Maria Teresa Mayo Freire: No meu si se aplica, quen manda é o patròn no barco, despois desquitome na casa!! Jajajajajaa. Ahora en serio, Luis é o que leva o control, por experiencia, as xerarquías son importantes a hora de ser serio e traballar con responsabilidá.
JL.: ¿Qué é o que máis che gusta do teu traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: Hai moitas cousas que me gustan, pero o que máis valoro é a independencia que me proporciona.
JL.: ¿E que é o que menos che gusta?
Maria Teresa Mayo Freire : Non sempre se fai agradable estar no mar, o mal tempo, o frio. Tampouco me gustan moitas das cousas que me perdo da infancia do meu fillo, pero eso non é diferente a calquera outra nai que traballa.
JL.: Un sempre tende a pensar en mariñeiros e non en mariñeiras. ¿Con que tipo de reaccións te atopas cando dis ó que te dedicas?
Maria Teresa Mayo Freire: A maioría das veces con extrañeza, pero máis extrañeza tiven a descubrir que eu a Muros non vin a inventar nada novo, a muller perdeu representación no mar pois xa antiguamente varias mulleres muradás foron mariñeiras, así que, case poderíamos decir que en Muros, a muller ten sido unha gran protagonista deste mundo do mar.
JL.: María Teresa, ¿Pensas seguir facendo ese traballo hasta que te retires?
Maria Teresa Mayo Freire: Sería unha posibilidá, ¿Verdad? Pero non o podo afirmar. O meu home xubilarase moito antes ca min, e non sei, para aquel entonces o que farei, sinceramente, non o sei.
JL.: ¿Gustaríache que o teu fillo seguira coa tradición mariñeira?
Maria Teresa Mayo Freire: Esa decisión tena que tomar él. O que non me gustaría é que tomase o mar coma a alternativa máis fácil, non sei se me explico. Él primeiro ten que estudiar e formarse, se despois resulta que o que lle gusta é o mar, pois o seu pai e eu apoiaremos esa decisión.
JL.: Como muller, ¿Quéreslle dar alghún consello as mulleres que vexan no mar unha posiblidá de traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: Que non o pensen duas veces, no mar teñen unha posibilidá de traballo. E animo os armadores a que den esa oportunidá, case que lles podo garantizar que se levarían unha grata sorpresa. As mulleres viñemos demostrando unha gran responsabilidá e constancia no que nos propoñemos. Non temos que ir moi lonxe para aprecialo, as propias mulleres muradás deron boa conta delo.
JL.: María Teresa, moi o pesar meu, temos que dar por concluida esta grata e esclarecedora conversación. Moitas gracias por haber compartido con nós eses momentos que estou seghuro han de influenciar positivamente a moitas das nosas leutoras e leutores. Apertas.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s