Por Quin Caamaño
Quin Caamaño .-Todo o que escoitei e lin de vós non é nada convencional, polo tanto esta entrevista tampouco debería selo.
Quin.- Vós de quen sodes?
-A Terbutalina nase no insentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros)
Q.C. -Sodes todos de Muros?
Terbutalina -Hai tres de Esteiro, un de Ventín e outro que ninguén quere recoñecer como propio.
Q.C.- Supoño que esta pregunta vola farían unha morea de veces, por que o nome de Terbutalina?
- -Por motivos puramente comerciais. Cobramos unha comisión dun emporio farmacéutico que non podemos citar.
Q.C.- Como se creou o grupo?
- -Grazas a un anuncio de Infojobs.
Q.C. -Entre vós tamén hai un poeta, non?
- Esperemos que non. Terbutalina está en contra da literatura e de calquera outra forma de arte que non sexan a música e a tanatopraxia.
Q.C. -Sei que non é a primeira incursión no mundo da música. De onde vindes?
- -Tocabamos todos en John Happy Driver, un proxecto para sacar a nenos pobres das favelas grazas ao free-jazz, mais expulsáronnos polas nosas incoherentes ideas políticas.
Q.C. -En pouco tempo fixéstesvos cun oco na escena musical galega. Como foi o proceso?
- -Compoñemos cancións que despois tocamos en concertos, a xente escóitaas e despois cántaas cando está de festa ou tras o coito. É dicir, facemos o que fai un grupo que se valore algo a si mesmo.
Q.C -Xa levades feito varios traballos, algún deles gravados en Portugal e Los Ángeles. Como foi iso?
- -Iso son caprichos que nos permitimos de cando en vez. Como ben se sabe, ningún de nós está casado (por agora), polo que podemos gastar os cartos que gañamos nos concertos no que nos peta. Xa gravamos en Los Ángeles, Portugal e Belgrado. O próximo disco igual o gravamos en Londres ou en Tijuana. Iso é o que temos en mente, vaia.
Q.C. -As vosas cancións son moi peculiares, con letras moi divertidas e moito ritmo. Como é o proceso de composición?
Q.C. -De donde bebestes musicalmente?
- -Cada un de nós ten as súas influencias. Sería moi complicado citar só unhas poucas, mais podería resumirse que a Terbutalina bebe de si mesma. Autoinfluénciase.
Q.C -Na actualidade como definirías o voso estilo?
- -Garage-punk.
Q.C. -Co tema “Filloa” vexo unha intención de defender o noso ante a invasión das cousas que nos veñen de fóra. É así?
- -Non, para nada.
Q.C. -Este foi un ano importante para Terbutalina. Nomeados como mellor grupo galego nos Premios da Música Independente e un dos vosos discos está entre os 25 mellores do rock galego. Non está nada mal, non?
- -Son cousas que van pasando, mais ás que lles damos a súa xusta importancia. Se estamos nisto non é por esa clase de recoñecemento, senón polo sorriso dun neno, mellor dito, polo sorriso dunha nena ou de varias.
Q.C. -Tal como está o mercado é difícil vender discos. Vós tomastes outro camiño neste sentido. Explicádeo.
- -É sinxelo: non vendemos discos. Finaciámonos cos directos.
Q.C. -Cantos discos levades editados ou colgados?
- -Contando directos e EPs, un total de seis.
Q.C. -Neste verán actuastes en varios festivais e festas. E agora, que vos queda para este ano?
- -Gravar novo material para volver suar nos escenarios.
Q.C. -Para cando unha actuación en Muros?
- -Cando lle poñan o noso nome a unha praza.
Q.C. -Como vedes a Terbutalina dentro duns anos?
- -Se todo vai ben, presidindo a Xunta.
Q.C. -Tanto polas letras das cancións, da música e os vídeos sodes un grupo moi divertido e cañeiro.; iso non quita o voso compromiso coa actualidade dando a vosa versión.
- -Somos un grupo de música.
Q.C. -Foi un pracer esta conversa, agardamos vervos axiña por Muros e desde The Muros Times desexamos que todos os vosos proxectos cheguen a bo porto.
- -Agradecidos a vós polo trato que nos dades.
Discografía: Live in Catoira (2011) – Que-de-leite! (2011)
Broncodilatador (2011) – Hostias para todos (2012)
Ritmo Serbio (2013)
Letras de algunha canción de Terbutalina FAI SOL.
Fai sol, e veñen os turistas
e suben os presios
e desaparesen as caras de despresio
Fai sol, e eu estou moreno
Bambamdubidubambam, Bambamdubidubi
Bambamdubidubambam , Bambamdubidu
Fai sol e énchense as terrasas
e póñense en bikini todas as rapasas
Fai sol e eu estou moreno
Bambamdubidubambam / Bambamdubidubi /
Bambamdubidubambam / Bambamdubidu