A Furna de Touriñán

p/Alfonso Pouso
“Xaquín , Xaquín , san Telmo nos valga… “
e despóis d’aquello volveu a emnudecer a noite no seu sepulcral silencio.
Na mañanciña da víspera do san Xoán, o alborexar o día, un barco tarrafeiro atopaba a deriva unha pequeña dorna abandoada os caprichosos sons do vento e a marea, a unha milla for fora dos baixos da laxe, traendo como tantas veces, por desgraza, a door e o loito outra vez a nosa vila .Picture39
Deran as catro da tarde no reloxo da comandancia e no vello muelle “do cansorro” trafegaba Manoel mail-o seu fillo Xaquín, coa ansia de iscar o escaso cento de nasas de madeira de arcolito, e mentres o rapaz ía d’un lado a o outro botándolles o isco dentro de cada unha, o pai estibaba-as una a una fincandoas contra o jalleiro coa fin de que non se movesen cando saíran pro mar.
A tarde prestábase, xa que o mar era coma un prato chá, e tan soio sopraba una faixiña de Nordés, o cal lles axudaría a chegar a Touriñán xusto pro lance de axexo; arribaron as beiradas do cabo xa entre luscos e fuscos, e afanaronse en aferrar o vello trapo remendado de relinca e armar os remos para largarlle un dos dous roseiros nos que estaban dispostas as nasas, na mesmísima boca da furna. Co mar enchendo o patrón mandaba bogar o rapaz antre as olgas tirándoas case en terra firme, volveron a largar o trapo enfilando a proa nunha bolinada cara a “ pedra do home “e aló deixar o resto do aparello, xa que sabido é que as nécras d’alí son coma “ pans de boroa “.
Despóis de baldear e achicar a embarcación mandou o patrón o rapaz que se deitara un anaco a dormir, xa que as noites de lanceo poiden chegar a ser cansas e longas. Acurrucado Manoel e o seu vástago no plan,e tapados cos raídos chaquetóns , acendeu un cigarro de picadura mentres aguardaba a hora de insar os roseiros do axexo.
Era una fermosa noite como poucas das da nosas costas cando Manoel espertou a Xaquín pra escomenzar a faena da levantada na “ pedra do home “, viñan a tres e a catro en cada nasa, nécras coma puños, que din os pescos, halaba o rapaz coa forza que lle daban os seus quince anos e Manoel cun sorriso nos beizos repetíase na sua cachola , “ d’esta acertéina ”e de rematada a levantada e a posterior larga d’ese roseiro, aló foron a catro remos cara o que se atopaba na beirada da furna, levando na idea de se non cubría alí xuntalo nas augas do outro.
Era unha noite do escuro con tal negrura que asemella non poder ver unha cuarta máis aló do teu naríz e por máis que o tentaba , non era quen Manoel de afastar dos seus miolos
Aquella vella lenda da “ luz de Touriñán “a cal contaba como despóis de asasiñar a un probe veciño da cercana aldeíña de Flis, por mor d’un asunto de roubarlle as catro leiras que posuía ,despeñaran o corpo do coitado dende o alto das rochas do cantíl do cabo a escuridade da furna, non aparecendo ahinda hoxe o seu corpo .
Contan os máis vellos o carón do lume da lareira nas longas e frías noites do inverno, que dende entón algunas noites póidese ver unha mortecina luz, e deixase caer dende o alto das rochas de pedra en pedra o abismo d’aquela cova, contan que é a ánima do finado que ven a reclamar venganza pro seu descanso…
Din , que todo o que con ela se atope , sen remisión entrará da sua man polas portas do outro mundo… e non terán descanso tampouco as ialmas dos que con el van, ata que el mesmo atope descanso co esclarecemento do seu crime, vagando en pena todos xuntos nos profundos da negra furna de TOURIÑÁN.
Hoxe na vila redobra de novo a campá a funeral ,con cadaleitos valeiros d’un pai e un fillo, o resto ocorrido , xa antes foi dito cando enmudeceu a noite no seu sepulcral silencio…

[ a. pouso ]

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s