Festival Castelo Rock 2013

A.C.R.D PRAIA DO CASTELO

  1. QUEN ESTÁ DETRÁS DO CASTELO ROCK?
    A Asociación Cultural Recreativa Deportiva “Praia do Castelo” é a que organiza este evento, fundada no ano 2004.
    Dedícase a facer actividades durante todo ano recaudando fondos para o seu principal obxetivo que é o Festival Castelo Rock, que se fai o primer fin de semana de agosto, está situado o carón da praia do Castelo.
    Picture40CON CANTOS SOCIOS CONTA A VOSA ASOCIACIÓN?
    Conta con 480 socios de todas as idades, destos dicir que trinta ou máis socios traballan de voluntarios no festival, que dende aquí aproveito para darlle as gracias as veces que faga falta.
    QUE SIGNIFICADO TEN PARA VOS FACER ISTO?
    A nosa asociación e sen ánimo de lucro, facémolo porque nos gusta. Para dar a coñecer o noso pobo, para darlle oportunidade as bandas locais a tocar con grupos de renome, para ter unha fin de seman distinta, unha festa para todas esas persoas que lle gusta a música.
    ESTE ANO DE CRISE, AFECTOUVOS?
    Por suposto, levamos un par de anos sen recibir ninguna axuda por parte da administración, co cal, vímonos obrigados a tomar unha dura decisión, este ano e por primeira vez imos a cobrar entrada.
    Os socios que pagen o seu carnet deste ano, teñen o seu correspondente bono para os dous días. Pero tódalas persoas que quiran entrar ao recinto do festival terán que mercar a sua entrada.Picture41
    Non todo o mundo está de acordo con isto, pero a verdade que o prezo do bono é insignificante ( 8 euros ata o 30 de xullo).
    Estoume acordando de dous comentarios de uns amigos:
    -Un dicía; a mín por vir a ver como xogo o fútbol, pagan tres euros os domingos.
    -E outro dicía: e unha volta nos cochitos que dura 2 minutos, qué?
    COMO SERÁ A PROGRAMACIÓN?
    Cada ano procuramos facer cousas distintas, ir mellorando e incrementando as horas anteriores ao festival, queremos que a xente palpe o ambiente festeiro. A nosa programación saíra publicada núns días pero antici
    par que teremos o venres pasarrúas e contaremos con cinco bandas e un Dj.
    O sábado dúas novidades, gústanos o tradicional e o moderno, co que contaremos con o “gran xogo” organizado por Ana e Irene, para os nenos e a continuación para todas esas persoas que lle guste o deporte e o baile, farannos unha exhibición de zumba na praia en mans de Selo e Lola. Agradecer as estas persoas pola súa grandísima colaboración.
    A continuación o festival abrirá as súas portas para poder ver e escoitar a catro grupos e un Dj para o peche final.-
    ALGUNHA PETICIÓN?
    A verdade que sí, pedir a toda esa xente que se acercaba ao recinto a ver o noso espectacular palco, sonido, iluminación, grupos principiantes, bandas miticas,…que veñan igualmente, que merquen a súa entrada e que nos axuden nesta décima edición para nós tan especial.

A.C.R.D PRAIA DO CASTELO

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s