A ponte do Engano

p/ Mª Luz Pérez Quintela
Dende sempre, os límites do partido de Muros, estiveron marcados polos ríos Ezaro e Tambre. Polo camino de Fisterra, a Ponte de Ézaro, que tardou anos e anos en rematarse, e polo camino de Santiago, a ponte de Don Afonso, que agora ten unha anteponte, a que chaman a do “Engano”. Falarei delas e das súas descoñecidas hestorias. Agora vai a historia dhus amores que aconteceron nas ribeiras que lle deron nome a ponte do Engano.
A casa de Xestoso, na parroquia do Cruceiro de Róo, pertencente ó Concello de Serra de Outes, era unha casa de labradores fortes,xente boa e moi traballadora, e tiñan gran influencia entre a vecindade. Cando se fixeron as obras de millora na carretera de Muros- Picture45Noia, co fin de atallar para chegar máis pronto a Santiago, collendo polo corredor, ós de Xestoso invadíanlles algúns terreos que a Xunta de Galicia estaba disposta a expropiarlles, pero Xosé, que así se chamaba o cabeza de familia, cedeu de bo grado os terreos en cuestión para que as obras se fixeran o millor posible.
Eran moi bos vecinos. Axudaban á xente, e donde había un problema, ou motivos de tristura, alí estaban eles para axudar a devolverlles a ledicia ós vecinos. Nestes menesteres a máis disposta a facer ben era a filla pequena, Mariquiña, a que seu pai adouraba e regalaba canto ela desexaba.
Mariquiña namorouse dun garrido mozo de Tàllara, perto de Noia, e sábados pola tarde, Domingos dispois da Misa e tamén polas tardes, moceaban e paseaban entre as dúas parroquias-Cada un collía o seu coche e encontrábanse na entrada da Ponte Nova que se fixo sobor da Ria nas obras xa mencionadas. O que primeiro chegaba esperaba polo outro despois de aparcar nunha área de descanso próxima a dita ponte. Dispois, entre risas, bicos e arrumacos cruzaban a Ponte de lado a lado.
Pero un día, sin saber o porqué, Antón, que asi se chamaba o mozo, non acudiu á cita. Volveuse Mariquiña para a casa pensativa e cabizbaixa, sen saber cal sería o motivo desta ausencia. Pero esta situación repetiuse outras dúas veces máis, e Mariquiña triste, sen noticias de Antón, e un tanto desconfiada, decidiu que iría soamente un día máis a unha cita que que non se celebraría. E así fixo , cando deixou o coche no aparcadoiro e saleu cara á Ponte, alí atopou á seu Antón bicando e abrazando a Xulia a de Remedios. Alí, dónde ela fora tan feliz con Antón, e dónde lle prometerá un eterno amor.
Mariquiña tornou para a súa casa triste coma noite e deixando a súa alma presa entre a pedras da Ponte que ela deu en chamar a PONTE DO ENGANO, e cuio nome a xente acolleu e así se chama. Mariquiña enfermou de tristura ,e pouco a pouco consumiuse en silencio ata morrer.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s