Novas de Onte: O Cine París

p/ Manuel Lago Alvarez

Debuxo: Antón Lameiro.

Foron moitas as xeracións de muradáns que pasamos polo cine París, o que coñeciamos mais polo cine de Carcamán. Eran tempos non que a televisión aínda non chegara aos fogares, e o cine convertíase nunha forma de esparcimento i ocio pola Imagen6 que se esperaba con ansía para acudir as funcións dos sábados e domingos.

O edificio do cine ten a súa pequena historia xa que, nun principio ese non ia ser o seu destino. A historia comezou no ano 1918, cando D. Abelardo Dubert Siaba solicitou ao Concello de Muros que se lle cedera en venta o terreo ganado ao mar con motivo da construción da estrada a Boimorto e se lle autorizara para reedificar e adiantar dúas casas da súa propiedade sitas na Rúa do Mar ata a estrada. As casas eran coñecidas, una polo nome de “casa de Carocha” e a outra por “casa de Perpetua da Gocha”.

Vista a solicitude presentada polo Sr. Dubert, o pleno do Concello na súa sesión de data 20 de agosto de 1918, vistos o ditame do Enxeñeiro de Estradas e os acordos de 4 de maio de 1915 e de 1º de maio de 1918, a Corporación porImagen1 unanimidade acordou conceder a autorización con estrita suxeción o ditame e acordos de referencia, quedando designados pra determinar sobre o terreo a liña que debe seguirse pola fachada que afecta a rúa do Caravel, os Sres. Alcalde, Portals e Formoso.

A obra levouse adiante pero non for destinada ao fin primeiro que se pretendía (un obradoiro de panadería), sendo usado o extenso local como cocheira. Ao paso dos anos o edificio foi mercado por D. Ramón París, quen o converteu no cine que moitos coñecemos. Pechada a actividade nos anos oitenta, o Concello de Muros mercou o edificio no 2011 para convertelo nun auditorio cultural.

Imagen2

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Novas de Onte: O Cine París

  1. Pingback: A miña primeira fábrica de soños. – caracusta

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s