p/ Xocas Figueiras.
Tipo de ben: Cruceiro, Concello: Muros Parroquia: Muros (San Pedro) Lugar: Muros, Praza de Santa Rosa Outra denominación do ben: Cruceiro da praza do Cristo Cronoloxía: Século XIX, Descrición:
No centro da praza de Santa Rosa, ou do Cristo, atópase este cruceiro de gran fuste e fermosura. A base, do chamado estilo toscano, aséntase sobre catro gradas (a inferior desapareceu debido ao enlousado novo da praza), o fuste de gran altitude comeza sendo cuadrangular para rematar oitavado dando paso a un capitel de forma cadrada decorada con motivos vexetais e anxos. A cruz de brazos cilíndricos sostén a un Cristo despegado da Cruz, como morto e suxeitado só polos cravos, e na parte traseira
vese unha imaxe das Dores sostida por unha mensuliña. Sabemos que pertence ao ano 1789 e tamén nos informa Ramón de Artaza que para o enlousado primeiro da praza foron empregadas as lousas da antiga parroquial de San Pedro sendo visibles, segundo el, varias con signos que ben poderían pertencer o Gremio de Mareantes da Vila.
Propiedade: Pública Uso actual: Outros Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Referencias bibliográficas:
Artaza Malvárez, Ramón. Recuerdos de la Muy Leal, Muy Noble y Muy Humanitaria Villa de Muros. Imprime el Eco De Santiago, 1908. 2ª edición.