p/Manolo de Lajo
Segundo uns documentos ben atiguos, a ría de Muros contaba con catro illas todas elas cos seus respectivos santos é ermidas. San Antón en Laxeiras, Santa Cataliña en Tal, a Creba en Esteiro e San Bartolomé na Barquiña; esta última foi asolagada e só asoma de vez en cando con mareas vivas e Lua cheia. Conta a lenda que os seus moradores seguiron vivindo baixo á auga e alimentandose de berberechos. De todas estas illas a Creba é a máis grande, encontrandose 42º 46′ 29» latitude Norte e 08º 57′ 50″ Lonxitude Oeste, a uns 240 metros de Punta Uía, na comarca esteirana de Muros. Ainda que algún día fora disputada por o concello de Outes reclamando a súa pertenza ó Freixo. Pensando friamente máis valera que pertecera ó Freixo que a un particular acaudalado que a mercou nos tempos de oir, ver e calar; por o menos sería un espazo de ben común donde todo fillo de veciño poidera disfrutala. E mágoa que só poidamos falar desta illa en termos do pasado, e lembrar que era un territorio comunal ó que se levaba o gando a pastar. Dende a Idade Media existiu unha ermida dedicada a Nosa Señora da Creba e custodiada por un ermitán onde se celebraba unha concurrida romaría con xentes vindas en barcos dos pobos veciños, hoxe está desaparecida e no seu lugar plantaron un caserón. Hai moitas lendas relacionadas coa illa, sendo a máis coñecida a que explica a construcción da ermida e que foi recollida por Vicente Risco: «Na Creba había mouros que tiñan un templo do seu falso deus. Os cristiáns matáronos deixando soio a filla do xefe. Esta invocou ó demo, que levantou unha tempestade, afogou ós cristiáns e separou a illa da terra. A moura convirtíuse nunha culebra rodeada de feras que afundía os barcos. Os cristiáns foron onde un santo home que lles aconsellou bendecir a illa e erguer a igrexiña da Nosa Señora da Creba». Conto ou lenda, o certo é que houbo ermida e consta a súa existencia en documentos do século XVI. Os xeiteiros e bolicheiros da bisbarra sempre foron moi devotos da Nosa Señora e cando pasaban a carón da illa cantaban: Indo polo mar abaixo o aire rifoume a vela; Nosa Señora da Creba diume o pano para ela. Era un rito que cumpria todo mariñeiro o cal permaneceu na memoria case ate os nosos días. Contaba miña avóa que vindo no Carreto, vapor de pasaxe que cubría a ruta Noia-Muros, o pasar o rente da illa as mulleres berraban «Salve á Virxe». Todo queda en lendas e recordos, pero seguiremos reclamando o que é de todos.