¿Cómo ser un bo Maestro de Educación Musical na Etapa Infantil? (I)

p/ Esmu-Carnota

Un bo docente é aquel que organiza os coñecementos e valores que os alumnos foron adquirindo a través da súa historia persoal en amplos esquemas que axuden a analizar, comprender e transformar a realidade, presenta valores alternativos para vivir en sociedade… É unha persoa que, coa súa intervención na aula, a súa actitude e a súa orientación, provoca e facilita a reconstrucción do pensamento, sentimentos, actitudes, valores e conductas, recreando a propia e persoal cultura dentro da sociedade e do mundo no que viven, crecen e maduran as súas alumnas e alumnos.
Picture24O mestre é un namorado da cultura, do coñecemento, da arte, da literatura, dos valores; un investigador reflexivo da situación da clase, coñecedor das necesidades, os problemas, as relacións, as situacións que se dan na aula e no centro, deseñador e experimentador de formas de avaliación cualitativa dos resultados obtidos, dos métodos, actitudes, valores que se producen na clase…
Pero o que nos cómpre destacar nesta ocasión son as características que deben ter os especialistas de Educación Infantil para impartir música nesta etapa educativa e ser bos docentes na súa tarefa diaria, profesionais, mestres e mestras reflexivos, homes e mulleres empeñados en ensinar aos seus alumnos a enfrentarse consigo mesmos e ao mundo que lles rodea dende a Educación Infantil ata a Universidade.
Na Educación Infantil, anque non se menciona a música como área específica, podemos encontrala referenciada en todas e cada unha das tres áreas Identidade e Autonomía Persoal, Medio Físico e Social e Comunicación e Representación.
Picture25As condicións musicais que debe ter o especialista na Educación Infantil son as seguintes:
–       Actitude positiva cara a educación musical. Ten que estar convencido da importancia que a música ten na vida do home e como o acompañou nos seus momentos máis significativos.
–       Aptitudes musicais: oído musical, boa voz, sentido rítmico, imaxinación creadora, musicalidade…
–       Coñecementos musicais: nocións elementais e prácticas de ritmo, melodía, harmonía e forma musical. Coñecemento e destreza dos instrumentos musicais escolares, ademáis de coñecer os diferentes sistemas ou metodoloxías musicais.
–     Preparación psicopedagóxica que o habilite para levar a cabo a ensinanza da música. A música é unha forma de expresión e comunicación artística, capaz de potenciar actividades creativas.

O especialista coñecerá a poderosa atracción que exerce a música nos seus alumnos, as súas características como eixe motivador e globalizador, así coma a súa contribución tanto no desenrolo afectivo coma no intelectual, á vez que favorece a adquisición doutros aprendizaxes na etapa infantil.
Pero para ser un bo maestro/a é imprescindible a colaboración da familia. Na Educación Infantil a necesidade de participación e colaboración no desenrolo educativo dos nenos ten especial importancia. Tanto no marco legal da nosa reforma coma nos decretos das distintas comunidades autónomas con competencias en materia educativa, establecen que a etapa infantil acada o seu pleno senso nun marco de colaboración e coordinación entre os elementos que inciden no proceso educativo dos nenos: o equipo docente e as familias.
Se ben a familia e a escola son dous ámbitos educativos distintos (pola súa natureza, organización…) plantéanse un obxetivo común, no noso caso, a educación musical do suxeito e o desenrolo de todas as súas potencialidades musicais. Debe existir unha estreita relación entre os pais e a escola, establecendo unha comunicación rica e fluida que necesariamente servirá para un maior coñecemento do neno por ambas partes.
A colaboración das familias cos centros de Educación Infantil é importante pola especificidad das aprendizaxes antes dos seis anos, a necesidade de complementar a acción educativa sobreo neno/a… As principais ventaxas son que ao participar todos os membros da comunidade educativa hai un aproveitamento racional dos recursos, a distribución das tarefas redunda en beneficio dos pequechos, supón unha gran riqueza compartir diversos puntos de vista, aportacións, iniciativas, colaborar conxuntamente para resolver conflictos, tomar decisións, realizar proxectos…
Tanto pais coma mestres debemos ter a preocupación común porque o musical transcenda aos estreitos límites da escola e inunde ao ambiente da colectividade. En vano se esforzaría a escola de formar o gusto dos nenos, se as familias adoptan unha actitude de rechazo ou de infravaloración desta tarefa.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Música y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s