…E moi humanitaria Vila de Muros

p/ Manuel M. Caamaño
Neste mes de Xaneiro, a Asociación Cultural FALTRIQUEIRA, promoveu , xa por segundo ano consecutivo, un festival solidário a prol de Caritas- Muros. E como o ano pasado pedíronme a min que fose un dos seus presentadores e conductor desta gala.
Aquí vos queda un dos textos que escribín como parte do guíon da presentación e que exalta, como non, o gran humanitarismo que sempre tivo a gala lucir o noso Concello e as nosas xentes.
Picture31Entre os títulos que ornan o nome da vila de Muros destaca, e ben se pode comprobar nesta ocasión que aquí nos congrega, o de MOI HUMANITARIA.
A veciñanza desta vila por avatares da súa historia e pola fonda vinculación que ten co mar, tivo que acubillar infinidade de veces nas súas casas, dar de xantar e arroupar a centos de desgrazados náufragos que o mar inclemente das nosas costas fixo naufragar. E todo isto fíxose sempre como “cousa que había que facer”, nada se pedía nin nada se agardaba. Chegaban a terra os coitados: cansos, famentos e espidos; aturdidos polos acontecementos sufridos e polo terror de haberlle visto a cara a morte moi de preto e aquí atopaban consolo, un prato de comida e un acubillo quente para quecer os seus aterecidos corpos.
Hoxe e aquí, todos. Uns coas súas aportacións económicas e outros ofrecendo de balde o seu arte e o seu traballo estades a honrar a sangue que corre polas vosas veas. Esa sangue que é herdanza dos nosos antergos e que nos impele a poñer o corazón na man para socorrer ao necesitado.
Picture32Hónrame haber nacido nesta vila, ser fillo e ser veciño deste Concello e ser tamén depositario na miña pequena parte desa tradición humanitaria das xentes de Muros.
Cando a vida nos vai metendo anos sobre o lombo, a miudo medimos os nosos actos pensando sempre en dar bo exemplo aos nosos fillos e en ser tamén dignos da memoria dos nosos pais. Pois ben, aquí e agora amosamos quen somos e de onde vimos. E facémolo, non con un mal entendido orgullo, nin gabándonos de nada. Facémolo así, porque somos de Muros e é o que nos toca.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s