Quixera agradecerlle ós organizadores a invitación feita a miña persoa como pregoeiro do novo milenio.
Denantes de nada, o meu saúdo e a miña gratitude a tódolos amigos e amigas e coñecidos; é dicir, a esta xente de ben que aquí representades ó pobo de Muros, co seu alcalde á cabeza.
Fai anos que agardaba a ocasión que no día de hoxe se me ofrece, para agradecer a eses magos que veñen de oriente, algo que ós presentes lles pode parecer nimio e menudo, pero que eu sempre entendín coma un regalo. É o feito de pertencer a esta Vila; porque, como dicía Samuel Becket, as raíces da terra non só son as nosas: son as dos nosos fillos e as dos nosos país e avós.
Cando estou en Muros e, sobre todo, alonxado del, lémbrome do que hai mais de vinte anos fora pregoeiro desta festa: o meu pai, que tanto amou e ama a este pobo. Penso na miña nai, acollida neste solo muradán, e nos meus antergos, entre os cales, algún deles, non tiveron a ledicia de poder xacer baixo este chán. Penso nunha infancia e nunha xuventude forzadas de agarimo e sentimentos dispares, que rezuman na miña mente cando paseo por estas rúas. Porque as rúas de Muros son conceptuais: a tristura, o sufrimento, a amargura e a ledicia están representadas no noso rueiro; como tamén a nosa propia historia se mestura a pedra sólida e granítica, representada neses petróglifos dos nosos montes, nas nosas casas, e nesas rochas coas que gañamos terreo ó mar; esa mar tan fermosa, da que tanta dependencia temos.
Por iso digo que agradezo a Deus e os Reis Magos por pertencer a este pobo. Porque comprendo que Jovellanos considerara a súa presenza nesta Vila como unha espera dourada, ou que o noso insigne historiados Ramón de Artaza, corrixira ós fenicio e situara no noso contorno as ricas illas Casitérides.
Muros é un referente, e debemos sentirnos fachendosos de ser de aquí. Poucos homes e mulleres poden presumir de disfrutar desta bahía chea de historia, elixida polo pirata Drake para descansar das súas tropelías, e na que o Almirante Alvaro de Bazán fixo fuxir a Armada Francesa. Ou simplemente camiñar e reflexionar polos lugares das súas oito parroquias, que fan da natureza un prodixio, e nos que hai campanas de ouro agachadas, ou profundos nos que se atopan somerxidos tesouros de insignes corsarios.
Muros, para min son vivenzas. De rúas, de paisaxes e tabernas mariñeiras que Puccini puido escoller para representa-la súa . Dunha mar dura e sinceira que racha contra o meixón, eses penedos que os cregos consideraban como unha maldade en cernes, un perigo oculto, no que aínda se poden escoitar cánticos estricados e penetrantes.
De olores diferentes; porque debedes saber que en Muros hai tres tipos de herbas que ulen de distinto xeito. A mariña, presente nos piñeirais de Louro e o Ancoradoiro, que desprenden un perfume estimulante, froito do contacto coa mar e co arume; a olorosa, esvaiada ó redor dos nosos cemiterios, e que adopta a fragancia das flores que adornan os camposantos; e a agreste, que se ubica nos recovecos da costa, alí onde o mar se confunde coa terra. Contábame a miña avoa que esas herbas servían para namorar. Coa mariña o home elegante; coa olorosa, o crente; o coa agreste, o duro mariñeiro. Hoxe teño no meu peto eses tres tipos de herbas, porque desexo que os Reis Magos se namoren da dulzura dos nosos nenos e nenas, e da boa vontade dos nosos homes e mulleres. Que nos traian benestar e felicidade; pero tamén que repartan entre nos algo que só os que proveñen de Oriente posúen: a Areté, un concepto que significa virtude, templanza, sensatez e prudencia, e que Aristóteles asumía coma o paso principal para conquerir que o home se fixera exemplar, ó entender éste a boa educación, a sinxeleza e o trato amable cara os demais coma algo propio nas súas vidas.
Iso faime lembrar unha ensinanza do meu pai, que quixen facer lei na miña vida, cando me dicía que .
Deus puxo nas nosas mans unha Vila fermosa; demasiado fermosa. Un contorno encabezado polos montes Pedregal, Estivada e Medoña, e pola simboloxía de Cruz de Pelos e Monte Louro; ese Monte Louro, que o divisalo desde a baixada de San Xusto, aínda preto de Compostela, fai que nos estremezamos porque sentimos a chamada dos nosos antergos. ¡Quén non observou a caída do día desde ese Monte Louro¡ Se existe o Paraíso, non creo que poida haber algo tan parecido. Esas cores añís e crepusculares, que converten o ceo nun espectáculo de luz e tonalidades dispares; e que ningún pintor, chámese Turner ou Cunstable, serían capaces de materializalos nun cadro, porque plasmar dita realidade só está o alcance de Deus, que é quen a expresa a través da natureza.
Por iso , todos nós pedimos ós Magos de Oriente que nos sigan permitindo disfrutar deses anoiteceres e amenceres porque é o mellor regalo que nos poden entregar.
Sei que a xente menuda estas verbas lles poden parecer que non teñan moito sentido, pero cando medredes levaredes no voso interior o sentimento de agr4adecemento que debedes ter cara a Deus por vos dar a oportunidade de pertencer a este entorno.
Nunha etapa como a actual, na que o consumismo cega a mente humana polo afán de posuír e posuír, sería bo que reflexionaramos e situaramos as necesidades reais por riba de tanto valor material. ¡Acaso hai maior regalo que unha posta de sol ou o sorriso dun neno¡. Sede xenerosos e compartide o que teñades. Compartide as vosas ledicias e tristuras, porque no e mais feliz o que mais ten, senón aquel que menos necesita.
Posiblemente haberá rapaces que hoxe non van a ter ningún regalo, sendo o mais grande día da ilusión e da fantasía. E nos temos a obriga de ter cara a eles a nosa lembranza e a nosa solidaridade. E tamén cara a aqueles maiores e pequenos que viven este día alén de nós e, seguramente hoxe, nas súas mentes, estará o pasar dos Magos de Oriente polas rúas desta Vila. Para eles vai o noso recordo e agarimo.
Un bo regalo de reis sería que se rematara con tanta barbarie, con tanto odio e con tanta fame. Sei que hai moitos nenos que nas súas cartas, a parte das súas peticións lóxicas, tamén expoñerán ós Reis Magos estes problemas; e sei tamén, que moitos dos que estades aquí, cambiariades os vosos regalos e todo o que posuedes, se con elo se conseguira erradicar deste mundo tanta inxustiza e tanta maldade. A xenerosidade é un deber e o demais só é egoísmo malintencionado. Por iso, hoxe, mañá e sempre, todos debemos amosar que somos xerosos; xerosos cos nosos fillos e os nosos pais; xerosos cos nosos veciños; xerosos con erros dos demais. En fin… xerosos con todos e con todo.
Queridos Magos de Oriente: os nenos e nenas, os homes e mulleres, os cidadáns de Muros estamos convosco, e desexamos que cumprimentedes os nosos desexos; pero tamén queremos agradecervos o voso esforzo e a vosa entrega para facer felices a tantos e tantos nenos ano tras ano. Neste día Muros está pendente de vos; e agardamos que gocedes do pracer de camiñar polas nosas rúas, e de sentir o ánimo que palpita dentro das nosas xentes. Ogallá mañá, todos vexamos cumpridos os nosos desexos. Moitas grazas. Unha forte aperta para todos neste día que nunca esquecerei.
Muros a 5 de xaneiro do ano 2000.
Buscador interno
Fotografías
Categorias
-
Entradas recentes
- O OFICIO DE SANCRISTÁN EN MUROS
- A voz dos nosos poetas
- MÁIS DE OITO SETAS COMESTIBLES
- FRIAXE GLACIAL
- DATOS DE INTERES
- A voz dos nosos poetas
- Dúbidas do Galego: Lívido e libido
- Iglesia de Santa María do Campo (II)
- Curiosidades muradanas Mariñeiro agredido con un bastón, no ano 1754
- A prensa de 1960: Toma de posesión da Alcaldía de Muros do Dr. D. Fernando Rey Hermida e homenaxe ao anterior alcalde, Don José María Monteagudo Romaní”
- Publicidade muradana de 1961
- O Xuíz e os touros
- Novas de onte de novembro de 1912
- Muros: Resultados das eleccións de 2019
- Pedras ilustres da capela de San Pedro
- Fonte do Faro
- Cruceiro da Capela de Santa Cruz
- As comuñóns de 1910
- Corporacións de Muros 1979-2019
- Las Ordenanzas para la Villa de Muros dadas por el Arzobispo D. Lope de Mendoza (Noticia de los primeros regidores)
Etiquetas
- Abelleira
- Abril-2013
- Abril-2014
- abril-maio-2015
- Abril-maio-2016
- Agosto-Setembro - 2013
- Agosto-Setembro-2014
- agosto-setembro-2015
- Agosto-Setembro-2016
- Agustín González López
- Alfonso Pouso
- Alianza Uhía Patiño
- Amado Barrera
- Amador Martín Armesto
- A nosa Xente
- A Nosa Xente na diáspora
- Antonio Rey
- Antón Lameiro
- Bernardo Barreiro
- Blanca Fachado Lorenzo
- Capela do Carmen
- Capela dos Remedios
- Cartas da Redacción
- Cintia París
- Colexiata de Muros
- Convento Louro
- César Lorenzo Gil
- Decembro-2013
- Decembro-2014
- Decembro-2015
- Decembro-2016
- Domingo Juan Barreiros Lago
- Dra. Castiñeira
- Elena Barrera
- Elixio Vieites
- Emilio Xosé Insua
- Esmu-Carnota
- Esteiro
- Faltriqueira
- Febreiro-2014
- Febreiro-2015
- Febreiro-2017
- febreiro-marzo-2015
- febreiro-marzo-2016
- Francisco Abeijón Núñez
- Francisco Carantoña Dubert
- Francisco Javier Mayo Veloso
- Gonzalo Brea Romaní
- Henrique Monteagudo
- Historia
- Inés Monteagudo Romero
- Isidro García Dubert
- Joaquín Caamaño
- Joaquín Vilar Gómez
- Jorge Lago de Pexejo
- José Antonio Lago Lestón
- José Manuel Bermúdez
- José Manuel Formoso Luces (Porrúa)
- José María García Rodríguez
- José Vazquez Rama
- Juan Jesús Gestal Otero
- Longarela de Louro
- Louro
- Luciano Piñeiro González
- Luis Villar
- Maio-2013
- Maio-2014
- Manolo de Lajo
- Manuela Lado Lestón
- Manuela Tajes
- Manuel da Roura
- Manuel Lago Alvarez
- Manuel M. Caamaño
- Manuel María Pena Silva
- Marcelino García Lariño
- Maria Nieves Formoso Vidal
- Marisé Luces Tajes
- Marzo-2013
- Marzo-2014
- Marzo-2015
- María Luz Pérez Quintela
- Muros
- Música
- Novembro-2013
- Novembro-2014
- Novembro-2016
- Octubre-2014
- Octubre-2016
- Octubre-novembro-2015
- O Rumial do Campo das Cortes
- Outubro-2013
- Outubro-2014
- Pablo Andrade
- Pedro Caamaño Lago
- Pozo do Cachón
- Quín Muros-Negreira
- Ramón de Artaza Malvarez
- Ramón Martínez Caamaño
- Ramón Siaba Vara
- Revista TMT
- Ricardo Castillo
- Rioderradeiro
- Santiago Llovo Taboada
- Serres
- Setembro-2013
- Tal
- The Muros Times
- TMT
- Torea
- Videos
- Xaneiro-2014
- Xaneiro-2015
- Xaneiro-2017
- Xokas Figueiras
- Xullo-2013
- Xullo-2014
- Xuño-2013
- Xuño-2014
- xuño-2015
- Xuño-Xullo-2016
-
Únete a otros 54 suscriptores
Arquivos
Estatísticas do blog
- 181.127 visitas
Comunidade