Entrevista a Bill e Valerie vía Skype

p/Jorge Lago de Pexejo
Picture15Penso que se Muros non namorase, Muros  non existiría. Os que o habitan demostran os seus sentimentos a diario en todos os medios dispoñibles e os que estamos fóra manifestámolo a través da morriña e o de retornar sempre que nos é posible. E despois están os outros, eses que se prendan do pobo aínda que non sexan muradans.
Tal é o caso de dous ingleses Valerie e Bill.
J.L._Hi, nice to meet you. How should I address you, Mr. and Mrs…?
Valerie._ Non, soamente Valerie e Bill.
J.L._Moi ben, pois entón Valerie e Bill.
Sodes unha parella de ingleses vivindo en Galicia por bastante tempo.
Bill._ Non, somos unha parella vivindo en España e Francia por bastantes anos.
Valerie._ E a Galicia vimos de Abril a Xuño ou Xullo.
J.L._ ¿E a Muros?
Bill._ A Muros porque nos gusta.
J.L._ ¿Por qué?
Valerie._ A resposta sería porqué non, Muros é un pobo fantástico con xente fantástica, xenerosa, acolledora, amable e que nin por un minuto che fan sentir forasteira.
Picture16J.L._ Como muradano afágame enormemente que sintades tal apego ao pobo. Obviamente experimentásdedes e tendes visitado outros lugares que ofrecen dalgún xeito o que a simple vista ofrece Muros. ¿Cal é ese algo de especial que vos inclina cara a Muros?
Valerie._ A paz que se sinte estando aquí.
Bill._ Si, ademáis do que xa mencionamos, en Muros encontramos unha paz que en outros sitios non é tan palpable.
J.L._ Dado que vos sentides tan muradans, dicirnos algo de vós para que os nosos lectores vos coñezan un pouco mellor.
Valerie._ Ahora estamos retirados, pero eu son psicóloga e Bill foi mestre de escultura e dibuxo.
J.L._ Pero as malas linguas din que tamén sodes afeccionados á música, ti Valerie tocas piano.
Valerie._ Bueno, tocar si tócoo, pero non sei se consigo tocar música. Bill toca a trompeta.
J.L._ Entón temos algo en común, eu tamén toco moitos pianos, pero non necesariamente produzo música.
Valerie._ ¿ A qué te dedicas?
J.L._ Ademáis de facer entrevistas para TMT ( jejeje) dedícome a restaurar pianos e clavicordios.
Valerie e Bill._ Oh my God!!!
Valerie._ Definitivamente temos que tocar xuntos.
J.L._ Definitivamente temos que coincidir en Muros.
Valerie e Bill._ Of course!! E así será.
J.L. Pero vós dividides o tempo entre Inglaterra, Francia e Galicia.
Valerie._ Non, non. En Inglaterra nin sequera temos casa. Eso sí, temos amigos e visitámonos de vez en cando, pero Muros vai a ser a nosa meta final.
J.L._ ¿Queredes dicir que tedes en mente retirarvos en Muros?
Bill._ Si, cremos que encontramos o lugar ideal para retirarnos.
J.L._ Vindo dunha cultura diferente, ¿Ídesvos acostumar a cear tan tarde como cean en Muros?
Bill._ Xa estamos acostumados e encántanos.
J.L._ ¿E a siesta?
Bill._ Nos a siesta xa empezamos a mañán cedo.
J.L._ ¿E a comida local?
Valerie._ Encántanos. Peixe fresco, marisco, vexetais…
J.L._ Pois xa non nos queda moito máis tempo para seguir esta agradable conversación. It was a real pleasure and I thank you both for your time. Espero sinceramente que nos atopemos en Muros e xa para finalizar vouvos someter a ambos os dous ao cuestionario de Bernard Pivot. Máis que nada por que teño curiosidade nas respostas de dous ingleses.
1. J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita?
Valerie._ Flores
2. J.L._ ¿Cal é a menos favorita?
Valerie._ Guerra
3. J.L._ ¿Que te emociona?
Valerie._ Os paisaxes
4. J.L._ ¿Que son ou ruído che gusta?
Valerie._ A música
5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas?
Valerie._ O electrónico
6. J.L._ ¿Cal é o teu xuramento favorito?
Valerie._ Fuck!
7. J.L._ ¿Que profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Valerie._ Médico
8. J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer?
Valerie._ Banqueiro
9. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais? Valerie._ Ola
J.L._ Agora tócache a ti, Bill.
Bill._ Ah, Mmm!
J.L._ Non te preocupes que non estás pasando un examen psicolóxico.
Bill._ Eso dilo ti, téñoa ao lado.
1. J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita?
Bill._ Ola
2. J.L._ ¿Cal é a menos favorita?
Bill._ Diñeiro
3. J.L._ ¿Que te emociona?
Bill._ O bo Jazz
4. J.L._ ¿Que son ou ruído che gusta?
Bill._ O mar e o vento
5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas?
Bill._ O do tráfico
6. J.L._ ¿Cal é o teu xuramento favorito?
Bill._ Asshole!
7. J.L._ ¿Que profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Bill._ Músico
8. J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer?
Bill._ Mecánico
9. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais? Bill._ ¡Fuxe de aquí!

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s