Entrevista a Caridad González Cerviño

por Jorge Lago de Pexejo
Esta é unha entrevista dobre, ou polo menos espero que o sexa. É dobre por que non só entrevisto a Caridade González pero por engadido entrevisto tamén á primeira alcaldesa na historia de Muros.
Tratarei de facer honra ás dúas.
Picture15Caridad González Cerviño, viúva, nai de dous fillos, de profesión Procuradora dos Tribunais, e filla do avogado muradano Don Manuel González Gil, e da tamén muradana Dona Caridad Cerviño Luces, foi elixida concelleira en Muros nas eleccións do 25 de maio de 2003 polo PSdeG-PSOE, sendo alcalde Celestino Formoso. Tras a morte deste en xuño de 2004 foi elixida alcaldesa de Muros e continuou o goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG ata xuño de 2006, cando rompe o acordo cos nacionalistas e continúa o goberno en minoría ata o final da lexislautra en 2007.
O 27 de maio de 2007 foi cabeza de lista do seu partido nas eleccións municipais, sendo este o máis votado e quedando a só un concelleiro da maioría absoluta; pero isto non significou a súa reelección como alcaldesa, xa que o dirixente do BNG, Domingos Dosil, chegou un acordo co Partido Popular para a súa investidura como alcalde.
Elixida Deputada provincial en 2007, ostentou o cargo de Presidenta da Comisión de Cultura e Deportes da Deputación Provincial da Coruña ata o ano 2011.
Nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011 volveu presentarse á alcaldía polo PSdeG-PSOE conseguindo resultados similares aos de 2007, pero nesta ocasión si puido ser investida alcaldesa, xa que o BNG e o PPdG non uniron os seus votos.
Foi a primeira muller que alcanzou o cargo de alcaldesa en toda a historia de Muros, e antes de exercer como procuradora, foi profesora de matemáticas, física e química. Estudante de Dereito, está en posesión da medalla do Colexio de Procuradores de Santiago, de cuxo consello é vocal e tamén miembro da executiva da FEGAMP y da FEM. na Comisión de Igualdades, asi como miembro da executiva provincial do PSdeG-Picture16PSOE.
J.L. Caridad, non sei se me esquecín de algo, pero non cabe dúbida de que o teu curriculum é polo menos notable.
Que se sente sendo a primeira alcaldesa na historia de Muros?
Caridad._ Nunca o pensei desde o punto de vista de ser muller dende logo o ser alcaldesa do teu pobo e algo moy bonito e gratificante porque quer decir que os teus veciños confían e esperan algo de ti.
J.L._ Dende logo que ser a alcaldesa do teu pobo ten que ser gratificante, pero non necesariamente fácil. Queres decir que houbeses atopado as mesmas gratificacións ou dificultades se foses un home? Cres que avanzamos o suficiente como para que algúns sectores da poboación non resintan implícita ou explicitamente o feito de ser liderados por unha muller?
Caridad._ Non creo que avanzáramos o suficiente, de feito eu teño fama de mal carácter solo por ser muller si fora home sería un home de carácter pero pódoche asegurar que para ser alcaldesa hay que ter temple e moito carácter porque detrás de un político hay unha persoa con todo o que eso significa; familia, amigos sentimientos etc. e esto queda totalmente eclipsado co cargo político.
J.L._ A seguridade, carácter, auto estima e ser consciente do que vales espérase e respétase nun mundo tradicionalmente rexido por e para homes, pero non podemos poñer en dúbida de que unha muller con tales talentos ou virtudes crea actitudes regresivas mesmo e lamentablemente nas do teu propio xénero. Dígoo porque a pesar de estar xa en pleno século XXI ese tipo de actitude non diminuíu moito.
Queres seguir comentando sobre o antedito ou cambiamos de tema?
Caridad._ Efectivamente tamén as mulleres son as primeras en criticar as que creemos capaces de abordar proyectos que eran exclusivos dos homes pero a min non me gusta falar si do meu señero xa temos no outro lado abondo, ou non?
J.L. Ben, aínda que non é fácil separar a persoa da política e do cargo que ostenta, imos tratar de levar a entrevista por diversos rumbos.
Recentemente publicamos aquí sobre a túa viaxe aos EUA e o teu contacto os muradanos residentes alí. Ademais diso, que impresión che causou a visita á Gran Mazá? Imaxinábaste a Nova York tal e como o experimentaches?
Caridad._ Eu sabia que era unha inmensidad pero é moy distinto estar alí, non solo a sua lonxitude ou o se perímetro senon a sua GRANDEZA con maiúsculas, sentir a xente, outra forma de vida, otras costumes. Nada se para, e acabas formando parte de ese anonimato que se respira.
J.L._ É curioso, así tamén é como o ve moita xente: multitudes indubidablemente, pero certo anonimato, iso é parte da cultura americana mesmo vivindo en zonas de pouca densidade poboacional. Os americanos temos, teñen, unha enorme tendencia a respetar a privacidade individual. Esa actitude vela positiva ou prefires esa certa dosis de  morbosidade inquisitiva que existe nos nosos pobos?
Caridad._ A privacidade e importante pero os que vivimos en pobos pequeños a parte de ese morbo somos fámiliares , de porta aberta, e decir colaboramos cos vecinos pero acabamonos metendo mais do que nos deixan, eu prefiero a privacidade no me gusta molestar.
J.L._ Os muradanos residentes nos tres estados limítrofes recibíronte con moito entusiasmo a pesar de ser unha viaxe de índole privada. Cando nos vas dar outra visita?
Caridad._ Gustaríame volver pronto pero estamos moi lonxe e o meu tempo esta muy limitado pero dende logo volvo a vervos a todos.
J.L._ O tempo case nunca é o mellor aliado para aqueles que queremos facer moito e o teu posiblemente telo que administrar moi ben. A propósito e falando de tempo, o teu programa de actividades diarias ten que ser considerable. Poderíanos dicir como é un día calquera na vida da alcaldesa de Muros dende que te ergues ata que dis: Ben, mañá é outro día.
Caridad._ Pois levantome as 7:30h bueno, poño o despartador para as 7:45 dou outra volta levántome, aséome, o almorzo é fundamental, recollo mais ou menos a mina casa e as 8,30-9 marcho para o Concello a alcaldía, vexo todo o que entrou porque todo o que chega o Concello pasa previamente pola mesa da alcaldesa. Alí repártese por departamentos e pasamos a firmar o que fixemos o dia anterior, despois chamadas, despachar cos funcionarios y recibir xente. Sobre as 12,30h tomar café pero non sempre, depende de si hay salídas a ver obras ou calquer reclamación ou asunto dos vecinos que requieren a miña presencia alí, ademais gústame sair a calle e o contacto coa xente. As tres ou tres e nedia a casa a facer de comer, e comer porque os meus fillos estan na coruña e cando non me apetece cocinar chamo a Flora e sempre ten algo para min. Trinta minutos de siesta !muy español! Jajaja, e logo as 5:30 da tarde aproximadamente a traballar o meu despacho profesional hasta as 9:00. Procuro non pasarme pero hoxe cheguei a casa as 10:30, falar cos meus fillos todas as noites, cear algo moi suave , ler, repasar a prensa e boas noites, pero  non antes da media noite. A verdade e que non teño moito tempo libre, pero cando o teño aproveito como cando fun ahí , que desconectei e disfrutei.
J.L._ Pois si que tes unha xornada intensa e larga. O da sesta compártoo totalmente e aínda que non é un costume moi americano, eu tamen procuro favorecer o instinto latino sempre que podo. Dime que te impulsou a meterte na política e porqué polo partido socialista. Supoño que terá sido un proceso evolutivo e non espontáneo.
Caridad._ Efectivamente eu sempre fun un pouco rebelde e a miña loita pola igualdade foi o que me levou a arrimarne a esquerda. Fun criada entre homes con moitas desigualdades eu non tiña dereitos, tiña RESPONSABILIDADES e si e certo que as asumín do cal estou orgullosa pero sempre creín que eu era unha persoa capaz, que non era unha «segundona».
Entrei en politica porque o meu compañeiro alcalde falecido CELESTINO FORMOSO VIDAL pideumo e díxome que era un momento en que eu podía facer algo polo noso Concello, despois de pensalo moito porque eu estaba moi ocupada díxenlle que si pero que debería considerar o meu traballo e pouco tempo lle podía dedicar . Aparecín en politica como independente como número 2 da lista do PSdeG-PSOE e hasta aqui cheguei sobre todo polo apoio dos meus compañeiros de partido.
J.L. _ Pensas presentarte as próximas elecións?
Caridad._ Penso presentarme nas proximas eleccions porque o noso proxecto non está finalizado. Catro anos non chegan para executar o programa electoral e ademais tanto os meus compañeiros de partido como os meus veciños eso esperan de min.
J.L._ Qué mensaxe compartirías cos muradáns para convencelos de que a túa é a mellor candidatura?
Caridad._ Para convencer a os meus vecinos aválame a miña traxectoria e o meu facer xunto co meu grupo. E si algo cambiou no Concello de Muros foi a igualdade dos vecinos, a cercanía a sua casa que e o Concello, e a paz que se respira.
J.L._ Só me queda darche as grazas por dispoñer xenerosamente do teu limitado tempo para ter esta conversación. Moita sorte e ata a próxima.
Para rematar aí vai o cuestionario de Bernard Pivot para que o contestes coa máxima espontaneidade posible.
1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
Caridad._Lealtade
2. J.L._ Cál é a menos favorita?
Caridad._ Dor
3. J.L._ Qué te emociona?
Caridad._ Felicidade
4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
Caridad._ O ruido do mar
5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?
Caridad._ Os golpes
6. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
Caridad._ Cajoendiola
7. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Caridad._ Piloto de aviación
8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
Caridad._ Médico
9. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
Caridad._ Non creo no ceo. Falamos?

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Entrevistas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s