Lembranzas dun vello mariñeiro (II)

p/ Pedro Caamaño Lago

Cando as embarcacións chegaban tarde levaban o peixe ós sotos. Alí ían a maioría das señoras dos pescadores cargadiñas cos seus cestos a cabeza, que pola súa estrutura debían pesar polo menos uns 30 quilos. E cando o peixe abundaba un pouco, e as peixeiras empezaban a eructar coa fartura, habíallo que pedir por favor, e coller o que che daban.
Picture17O día seguinte as peixeiras, pola mañá levaban o peixe para a pescadería onde o expoñían encima daquelas mesas, que estaban situadas ó longo da mesma, por un lado e polo outro, deixando un pasillo polo medio, por onde circulaba a xente que ía a comprar, e polo exterior das mesas, uns bancos, e por encima de todo isto un tellado aguantado por unhas columnas de pedra. E en eses bancos sentábanse as peixeiras todas fachendosas, a venderen o seu produto o mais caro que podían. As mais coñecidas eran, as señoras, Rita Trillo, Tina de Roque, Lela de Roque María de Tina, A Leriñana, e outras. Isto chegaba ata a fonte e para alá da fonte tamén había algúns cerrados, onde había carnicerías. Ata que se fixo a praza nova, a que funcionou hasta que deixou de funcionar, agora esta intentando funcionar outra vez.
Incomprensiblemente ata fai moi pouco tempo, o traballo do pescador estaba tan desprestixiado que mesmo daba reparo recoñecer que eras home de mar, e menos presumir del. Cando se falaba de profesións o que mais e o que menos dáballe volta o tema para despistar a conversación. Cando en realidade eran os verdadeiros protagonistas, non se podía comer peixe fresco si o pescador non expoñía a vida tódolos días, especialmente no inverno, pero isto non se quería recoñecer.
Picture18Sen embargo a forza de traballo e tenacidade foron saíndo, emprendendo unha carreira lenta pero ascendente, con moi poucos recursos, o que tiña unha canoa ou un bote polbeiro podía considerarse afortunado. So había unhas cantas familias con eses privilexios.
Pero o que en realidade fallou foi a parte industrial, xa que peixe estes homes conseguíano a barullo, pudrían nos muelles por non haber quen o comercializara. Estes comerciantes, foron caendo lenta pero irremisiblemente. Daquela aínda había varias fábricas de salazón, outras tantas de conserva, unha boa flota de lanchas e de galeóns, uns cantos asteleiros, que entre todos empregaban a unha boa cantidade de xente; Eu creo que non souberon adaptarse as novas tecnoloxías, deixáronse ir e cando se deron conta, non eran capaces de aguantarse no mercado, nin con calidade nin con cantidade.
Seguindo co tema da pesca, dicía que nos en esa carreira de relevos, recollémolo testigo e tamén o levamos con bastante dignidade.
Agora parece que hai unha porcentaxe moi importante de xente, que empeza a recoñecer un pouco a verdadeira valía do pescador, e de toda a xente que de unha forma ou de outra vive do mar. Dicía a miña aboa, nunca e tarde cando a dicha e boa. Esto é un orgullo para os que levamos uns 17 anos na asociación Xubimar, loitando pola honorabilidade dos xubilados do mar, e por añadidura de todos os mariñeiros, tendo en conta que uns mais cedo e outros mais tarde, todos íamos ser xubilados, aínda que por desgraza moitos dos que hoxe practican a pesca de recreo, antes non o entendían, de calquera forma gañamos a partida, e uns e outros disfrutamos do que nos gusta, e do que mellor sabemos facer, que é pescar. Con moitos atrancos e con moitas zancadillas, iso sí, pero coa confianza de loitar por algo que nos parecía xusto.
A pesares de todos estes avatares en contra, esta forma tradicional de pescar ó cordel, solía marcar diferenzas entre os pescadores. Diferenzas ou categorías, deixámolo para que o denominen como mellor lles veña. Os pescadores de merluza, de besugo, de cabala, de robalo e de badeixo en aquela época eran os mellor considerados. Recordo que nas súas tertulias, seleccionaban os mellores pescadores e o mesmo tempo os mellores remeiros, estes eran imprescindibles, cando se trataba de traballar nas canoas. Aínda que en esta foto tamén hai representantes da baka), non se podía desligar unha cousa da outra, porque as dúas eran as fontes de ingreso mais importantes do noso porto.
Aínda que a pesca de arrastre, por aquela época non estaba alá moi ben considerada, e non pretendo con isto desprestixiala, pero no traxecto deses anos foi bastante perseguida polo sector de mais baixura, ata o extremo de teren conflitos serios; O que pasaba era que daquela na baka, ganábase bastante menos. Por iso, solo se enrolaban nas bakas, aqueles ós que os patróns de cordel non lles parecían o suficiente expertos, e polo tanto non os enrolaban hasta ver as súas características, ou a” fasquia”, que era así como se denominaba a un bo pescador o a un menos bo. Porque, como se traballaba a parte e se repartía a todos por igual, ó que non pescaba ben era una carga para os demais. Sen embargo uns anos mais tarde, a pesca de arrastre foi collendo bastante auxe, naquela época das cigalas, dos rapes, dos rapantes, hasta o extremo de que no censo do arrastre de Muros contáronse ata 22 bakas, os xurelos e a as xardas, os que agora se lles da tanto valor daquela non se querían. E a partires de eses tempos empezaron a facturar bastante mais que os pescadores. Na lonxa de Muros non se volveron a ver tantos ollomoles nin tantas merluzas como en aqueles tempos.
A razón foi a evolución das artes de pesca, As bakas ampliaron os aparellos, nos pescadores apareceron os palangres, as volantas, volantillas, betas, nasas dos pulpos, e por descontado, os conflitos entre pescadores de cordel, e os de todas estas artes, o meu entender (que tamén son de antes),”esquilmadoras dos recursos”

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s