O Tesouro de Monte Louro

p/ Manolo De Lajo
Fronte ó treito de costa abranguido entre a Punta dos Remedios e Monte Louro, esténdese a un mínimo de dúas millas da costa e durante tres millas e medio do surleste ó noroeste unha serie de baixos que se concentran en tres grupos principáis, ó norte Meixide e o sur Virullos xunto con Meán e Ximiela. Tal como contéi noutro relato, en Monte Louro ou nos arredores, hai un tesouro custodiado por un boi, que brúa nas noites de temporal. A maioría das persoas consultadas creen que se atopa nos subterráneos coñecidos como «Os Profundos», sitos no suroeste do monte cara a Pedra de Cón; pero eu persoalmente descreo de tal versión, xa que tanto un servidor como centos de persoas antes ca mín, xa Picture29procuraron en dita zona sen nengún resultado positivo. Contábame meu bisavó Tieles, mariñeiro de toda unha vida é coñecedor dos fondos mariños da nosa costa, que no treito que vai de Pedra de Cón a Ximiela hai unha parede que parece ser feita por a man do home, posiblemente por os romanos para protexer á antígua cidade de Louro, hoxe afundida na lagoa. Dahí o ancestral dito ben coñecido entre as xentes do mar: «Dende a punta de Monte Louro a Ximiela, hai máis ouro ca terra». Si mal non recordo ó amigo Manolo do chuvasco ten mencionado que despois de remontar o Neixón, proa a Fisterra, a sonda marca dita parede nún treito pequeno da súa derrota. ¿Quén non veu unha foto de Benigno, Quín ou o mesmo Manolo do Arco da Vella rematando nese punto da costa?. Pois como ben dí unha lenda celta procedente de Irlanda, que o final do Arco da Vella hai unha pota de ouro custodiada por un Leprechaun ou duende verde. A cal non deixa de ser a mesma do boi pero disvirtuada depois do paso dos mouros por a península. Para rematar tamén hai quén situa dito tesouro na enseada de San Francisco, exactamente na Bouxa de Fora na coñecida como «Furna dos Pesos», lugar donde afundeu no século XVI un bergantín pirata cargado de ouro, do cal xa contei a historia.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Contos e Lendas y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s