O acto de presentación do libro «Son Galego» de Antonio Rey, organizado por The Muros Times e I Love Muros, coa colaboración do Concello de Muros, celebrouse o sábado 1 de febreiro nos locais municipais de San Xosé.
A presentación do libro, do que e autor o poeta Antón Rey (galego de terceira xeración) nado en Bos Aires, foi todo un acontecemento emocional e cultural de primeira magnitude no noso Concello. Arrouparon ao autor e fixeron uso da palabra, entre outros, o novelista Suso de Toro e o Académico e Profesor Universitario Henrique Monteagudo. Foi dinamizador e mestre de cerimonias Manolo M. Caamaño (Manolo Chuvasco) e pechou o acto a Alcaldesa de Muros dona Caridade González Cerviño. Destacar a lectura duns poemas do autor por parte de Manuel María Pena Silva (Rioderradeiro) e a actuación do grupo Faltriqueira, que unha vez mais colaborou desinteresadamente nun acto cultural promovido por The Muros Times.