A Igrexa de Serres

P/Xokas Figueiras

O conxunto está composto pola igrexa rodeada por un amplo patio cercado que é o espazo que ocupaba o cemiterio vello ( hai algunhas cruces e panteóns). A partida máis antiga que se conserva no seu arquivo data de 1600, por elo supónse que tamén daquela debería existir algún tipo de igrexa, dende entón sufriu múltiples ampliacións. No século XVIII a Confraría de Nsa. Sra. das Dores paga a construción da capela titular, incorporada ao corpo principal da igrexa. No século seguinte, no ano 1892 faise unha ampliación importante, quedando este edificio con planta de cruz latina: sancristía, presbiterio, nave central e dúas capelas. En 1984 remodélase o presbiterio, desprazándose cara diante o altar de pedra que estaba incorporado ao retablo, tamén de pedra. En 1991 amplíase de novo, quedando a nave central de forma cuadrangular. O deseño actual poderíase considerar basilical. Sobresaíndo a fachada da nave central, onde se atopa a porta principal, está coroada por unha espadana dobre que sostén dúas campás, e remata con un pináculo. Os laterais son de cantería, ao igual que o resto do templo. Presentando o lateral Sur un brasón, xa moi gastado, onde se distinguen tres cuarteis de difícil interpretación, Ramón de Artaza cree distinguir un, relativo a familia Caamaño, e un reloxo de sol na capela maior.
Picture25Dende a igrexa parroquial saía un viacrucis que subía ata a capela de San Ramón. Pegada á casa reitoral consérvanse moitas das cruces a día de hoxe.
Durante as obras do ano 1991 que consistían en mover o altar que estaba pegado ao retablo, apareceu un sagrario de pedra que foi incorporado ao retablo, o cal tamén esta feito en pedra. Consérvanse no interior tamén varias imaxes de interese. O camposanto, que de antigo se atopaba no fronte da igrexa, foi trasladado ao novo cemiterio parroquial quedando no seu lugar un xardín onde quedan varias cruces aparte dalgúns panteóns.
BIBLIOGRAFÍA
ARTAZA MALVAREZ,Ramón: Historia de Muros y su distrito
LÓPEZ, Atanasio: Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia. CSIC
PÁXINAS WEB

Haz clic para acceder a 22396CA011.pdf

http://www.muros.es/ga/iglesias.htm#IglesiaParroquialdeSerres

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s