Lembranzas dun vello mariñeiro (III) – «A guerra do Profundo»

p/ Pedro Caamaño Lago

Para defender os intereses, de uns e outros, empezaron as denuncias, de uns contra outros. Os que somos de Muros coñecemos todos estes avatares: redes enganchadas nos aparellos de arrastre; nasas colgadas nos pescantes e nas portas, que si me paga…, que si non che pago…
Pero o conflito mas serio foi o acontecido, entre os pescadores da merluza de Muros e os de Fisterra, que diron en pescar co palangre, nos caladoiros de toda vida do cordel.
Picture23Os pescadores de Muros, que sempre avogaron pola pesca de cordel, empezaron a enganchar cos anzós nos palangres, e empezaron as cabezas a dispararse, os de Fisterra largaban os palangres polas tardes, e recollían pola mañan, eles cargaban de merluzas e os de Muros non podiamos nin pescar, e de ahi o lio: que si tendes dereito.. que si non. En resumen, que dalgunha forma entenderon que debían actuar.
Unha tarde víronlle largar os palangres por fora da fenequeira, xusto nos mares onde pescaban o cordel, e nin corto nin perezoso, dous barcos acordaron saír de noite a levantar os palangres, nas canoas por un lado e nos barcos polo outro, pero ala chegando o dia apareceu un de Fisterra, que logo chamáronlle o ”queso”.
Picture24Os mais sensatos arriaron os palangres e puxéronse a facer o paripé de pescar, sen embargo un dos botes de muros, pasou do de Fisterra e sigeu alando os palangres co viveiro cheo de merluzas, o de Fisterra saleulle a parte de “queso”, colleu o rezon tiroullo abordo do bote de Muros, arrancando co bote de remolque para Fisterra, pero amigos!!!! despois de forcegear co cabo cando xa tiñan o bote socado a popa, o patrón do bote de Muros ocorréuselle coller un cuchillo, para según él, cortar o cabo. Os de Fisterra, enganchárono, e despois de forcexear, amarrárono na cornamusa de proa, e así chegaron con el a terra, cando lles preguntaron por que o amarraron, según eles, para que non se lle tirara o mar. En Fisterra, según versións as mulleres queríano linchar, que si o tiramos o mar que si o apaleamos, as de dios. Tiveron que influír as autoridades mariñas, que xa estaban alertadas polas mulleres de Muros.
Como e de supoñer en Muros armouse un revuelo que nin d… ¡. Que si ibamos a Fisterra; que si hai que levar armas ou non, Pero o señor avogado D, Manuel González Gil, (Don Loló), que según versións, era amigo do secuestrado, calmou os ánimos e acordou sair a buscalo. Encontraron un camión, embarcaron uns cuantos dos mais decididos, e tira para Fisterra, Xa chegaban arremangados, pero entre o avogado e as autoridades, embarcaron no camión o secuestrado muradán e saíron para Muros de volta, como e de supoñer os seguintes meses os de Muros acougaron.
Pero a cousa non quedou aí. Uns meses mais tarde, estaban os de Muros pescando fondeados os ollomoles nos siriales da nave, e chegaron os de Fisterra co “jueso, engreidos pola vitoria anterior, e ca escusa de que si o profundo era dos de Muros, os siriales eran dos de Fisterra, colleron os rezons engancháronlle os cabos os botes, e leváronos arrastro hasta case Fisterra, onde os arriaron, a algúns puxéronselle de corbata. Tamén os de Muros fixeron das súas, cando estaban largando os palangres, tiraban o rezon e levaban todo arrastro.
Esto non quer dicir que xa se acabou, aínda tiveron conflitos no canto, digo tiveron por que cando chegaron cos palangres o canto xa eu non estaba. A pesares de toda esta guerra, todo se arreglou, por que no fondo todos sabían que tiñan razón, os agredidos e os agresores, o que pasa é que todos tiñan a obriga de loitar polas súas familias. Por que digo esto porque a raíz dun accidente, que non sei precisar, no que morreron, dous ou tres pescadores de Fisterra, os de Muros sentíronse identificados, co dolor dos fisterráns, é a nivel de cofraria elaboraron unha coroa, desprazándose a Fisterra, ían un tanto mosqueados polo que había pasado. Pero os de Fisterra abrazáronse a eles, pagaron tódolos gastos, e acabáronse os conflitos para sempre.
A nivel persoal, gustaríame dicir que a raíz de que os palangres, logo as volantas fixeron a súa aparición. Acabáronse os ollomoles, as merluzas da fanequeira e mais tarde do canto, chegando a conclusión que seguindo co cordel, aínda hoxe teriamos merluzas e ollomoles para rato.
Por eso o traballo de estes homes comparado co traballo dun oficinista por exemplo, sin menosprezar a nadie, cada un no seu sitio, ou con cantidade de outros, e tan arriesgado, que non o podes calificar de inferior a ningún. Que significará unha falta de ortografía, ou un erro en unha palabra mal expresada, ou outra cousa parecida, ante un erro navegando en popa encima da cresta dun golpe de mar. Un erro nun papel… engarrucho e tiro, pero o patrón non ten nada que tirar, e moi pouco onde agarrarse. E que pouco se apreciaban estas cousas, claro víanse tan castigados polas inclemencias do tempo, e pola sicose de pensar que o dia seguinte comerías ou non, “e daban pena”. Aínda que a min, sempre me deron pena aqueles que algún dia os menospreciaron.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s