A Noite Boa no Monte Umbe

p/ Jorge Lago de Pexejo

A primeira NoiteBoa fora do pobo

Ao cabo de tantos anos, téñome que permitir certa licenza poética para poder narrar a miña primeira Noite Boa fóra do pobo que me viu nacer. Existen lagoas que un ten que encher do xeito que se recordan, pero ás veces a memoria nos xoga trucos e é máis selectiva que veraz.

O que sí recordo vívidamente é a anticipación ante a inminenteImagen32 marcha a terras americanas con apenas once anos cumpridos. A triste realidade do que nos obrigaba a emigrar non calara en min ainda e a perspectiva do descoñecido superaba calquera outro sentimento de anticipada ausencia.

O certo é que un día de decembro do 1961 atopeime no porto de Vigo admirando un «enorme» trasatlántico con tal fascinación que máis que un buque me parecía unha catedral. Alí totalmente pasmado e rodeado de baúis que contiñan as nosas poucas pertenzas ademais dalgúns encargos para xente que xa vivía alá en Montevideo. Hoxe pode parecer estraño, pero recordo que nos baúis había un leghón ou sacho para un que tiña unha chacra nós arredores de Montevideo e unha maruca salgada que nos encargou unha nai para un fillo que xa había moitos anos que vivía na capital uruguaia e por razóns que aínda non entendo posiblemente a maruca salgada representaba o máximo en demostración de afecto maternal. Tamén había unha chea de familiares chorosos que non viñan a dicir ata a vista senón máis ben adeus pois naquel entón non se viaxaba con billete de retorno.

Zarpou oImagen33 Monte Umbe, vin afastarse a miña terra e aí empezou para a miña unha aventura de unas dimensións insospeitadas.

A miña nai que se mareaba vendo pasar un choche, non lle sentou nada ben o movemento continuo do barco e pasouse case toda a travesía encamada e polo tanto nunca me sentín tan libre de poder deambular por onde me dese a gana dentro dos confíns do buque.

Esa catedral flotante converteuse de súpeto en algo totalmente descoñecido para aquel rapaz de Miraflores. A partir do primeiro día de adaptación ao vaivén das ondas a catedral converteuse nun hotel flotante considerando o meu descoñecemento do que podía ser un hotel flotante ou ancorado.

A miña primeira sensación de luxo foi comer todos os días en mesa con mantel e cubertería fina e en días festivos como o Paso do Ecuador; moito máis e mellor do mesmo.

Despois de xa cruzar o emisferio de norte a sur, chegou a Noite Boa e podo dicir con toda certeza de que a Jorge Lago o esperaba unha noite inesquecible.

A atmosfera do Nadal era palpable ao longo e ancho do buque, dende os privilexiados de primeira clase aos emigrantes de segunda.

O comedor do Monte Umbe tiña un par de escaleiras que converxían na entrada ao salón e ese día de Noite Boa parecía que todo tiña unha dimensión surrealista. Topámonos cun enorme árbor de Nadal que eu nunca vira pois o noso eran nacementos. Por si o da árbore fose pouco, todo o enorme salón estaba adornado de grilandas, globos, estrelas…A verdade é que nada do vivido ata ese entón tiña comparación co que os meus ollos gozaban nin moito menos con ningunha anterior Noite Boa.

Eu tiña unha especie de informante abordo que formaba parte da tripulación e tal vez porque era da Alivía, o bo señor facíiame saber de todos osImagen34 acontecementos anticipadamente. O día de Noite Boa era moi especial abordo, mesmo o capitán e os oficiais se dignaban a participar completamente engalanados cos seus uniformes no gran baile-cea desa noite.

O informante xa me dixera que ia ser unha cea para recordar e que tíñamos que ir ghuapos. A pesar de que a miña nai raramente saía do camarote para ir ao comedor, ese día por ser tan especial fixo un esforzo para celebrar a Noite Boa en familia e vestindo as nosas mellores galas alí nos presentamos miña nai, o meu irmán e eu.

Como xa dixen, o salón comedor lucía espectacular. Os manteis parecían ter máis amidón e a cubertería parecía brillar como prata de lei. Copas de viño en secuencia: Branco, tinto, champaña e auga. Panos da mesa que non sabías se atreverte a que despregar ou deixalos quedos para non arrughalos e unha carta que tratabas de descifrar coma se estivese escrito en arameo. Mesmo os camareiros parecían un pouco máis cordiais.

O menú estaba composto de seccións que eu non sabía que existisen, de feito naquel entón non sabía o que era un menú.

Entrantes: Paté foie gras de non sei qué, friames combinados, croquetas de algo, etc., etc., Jorge, que é o paté foi? Non sei mamá, non sei se foi ou non foi pero eu non o quero. E que son friames combinados? Pois sonche cousas que veñen nunha fiambreira, supoño.

Das croquetas xa había oido falar e non me soaban tan exóticas. Despois dos entremeses chegou o consomé. Para Jorge Lago consomé era caldo e aquel consomé non era caldo, Jorge nunca comera algo onde se vise o fondo a non ser calandraca e polo tanto o consomé deixouno así como llo serviron.

Por razóns obvias Jorge anticipaba a clásica caldeirada de bacallau con coliflor e presentáronlle un peixe de segundo prato que non tiña nin cabeza nin ollos nin rabo e por moito que o miraba non sabía distinguir se era vacún ou porcino pero fincoulle o dente e a experiencia foi tan boa que dende ese entón comprobou que case sempre as aparencias enganan. Terceiro prato: Tenreira á algo con salsa de algo e con patacas Parmentier. Se á sopa lle dín de lado por carecer de consistencia, a tenreira espertou apetitos que eu non cría posuír. Ambrosía non define o que eu experimentei. A tenreira pareceume espectacular a min, pero á miña nai, cando a viu vestida dunha salsa marrón a súa propia cor volveuse aínda máis verde e desapareceu do comedor deixando porba do seu mareo por todas as papeleiras ao longo dos corredores de volta ao camarote.

As patacas Parmentier vinas en principio con suspicacia porque afeito a cachelos nunca me imaxinei que as patacas se podían metamorfosear en algo tan singular.

As sobremesas: se mal non recordo entre a variedade había crema catalá, follados, flanes e napoleones. Para Jorge o máximo en experimentación pasteleira foran as cristinas de Rogelia e o pan bombón da tahona ou calquera lambetada que che permitisen dous reais ou unha peseta na casa de Xesús dá Meca. O da crema catalá non lle excitou, pois crema era o pental que che daban cando te ferías nunha caída ou te daban cunha cañota na cabeza xogando ao Capitán Trueno ou El Jabato. Pero os follados napoleónicos foron outro deses descubrimentos que deixaron rotura. Así foi a miña primeira Noite Boa fóra de Muros tal e como a recordo.

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente na diáspora, Contos e Lendas, Historia y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s