Naceu en Muros o 6 de febreiro de 1912, e faleceu en San Juan, Puerto Rico, no ano 2006. Foi escritor, periodista, diplomático e xuíz.
Estudou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como xuíz en diversas cidades españolas. Foi Canciller do Consulado de España na República Dominicana e en Puerto Rico.
Este emigrado muradán tivo unha exitosa carreira que pasou por unha invitación a ser catedrático en EE.UU. e unha recordada labor no Consulado General de España en Puerto Rico e nos Centros Galegos do lugar. Foi incluso proposto para a concesión do premio Príncipe de Asturias. A súa marcha de España cara a emigración foi provocada. Entre outras cousas tivo que abandonar España, a que se propuxo non volver en vida de Franco por, entre outras, as seguintes razóns: Negouse a dictar sentencias de fusilamento, según as ordes dos que querían «depurar» Barcelona. Denunciou que se roubaba o diñeiro destinado a comida nos campos onde estaban internados os presos republicanos. Denunciou que se estaban pasando ao mercado negro parte da carne e o trigo que chegaban de Arxentina para reparto gratuíto (menciónao en un dos libros da serie «Lola Espejo Oscuro» de Darío Fernández Flores). Denunciou os roubos do diñeiro da construción de vivendas. Ao final abandonou España e volveu, na década dos oitenta, co Goberno de Felipe González e lle ofreceron que exercera los años de xuíz que lle quedaban («no es Vd. de los nuestros, pero es un hombre honrado a carta cabal», lle dixeron).
Cando José María Garcia Rodríguez chegou pola que entonces chamaban «Ciudad Trujillo» o exilio republicano abriulle as súas portas. Foi amigo íntimo dos Escofet, e de Gausachs, e de Prats Ventós e de Suau e de Matilla e de Vela Zanetti.
Foi Jesús de Galíndez (Escritor, xurista e profesor da Columbia University e delegado do PNV no Goberno Vasco no exilio.) en persoa, o que, tras informarse co Goberno do lendakari Aguirre exiliado en EE.UU. deu o visto e prace para que se recibira o muradán en tódalas tertulias dos exiliados españois. Jesús de Galíndez coñecía perfectamente a Jose María García Rodríguez porque este foi un gran amigo da irmán do Presidente de Euskadi, Miren Aguirre.
Na súa longa estancia na República Dominicana, dirixiu alí o «Boletín da Cámara de Comercio» e a «Revista de Economía de la Secretaría de Estado». Escritor prolífico, publicou unha chea de libros: Ambrosio Spínola y su tiempo (Barcelona, 1942); La gracia en la locura (B.,1493); No éramos así. Novela que refrexa a vida nos frentes da guerra; Huyen las raposas. Novela basada nos pronunciamentos do século pasado e desenrolada en Galicia; La guerra de la Independencia.(1808-1814) Dous volúmenes; Como el amor loco (Madrid, 1943). Novela.-Biografía de D.ª María de Molina (Barcelona); Biografía de D. García Hurtado de Mendoza; Antología del Filósofo Rancio (Madrid). A Vila nos anos 20, Os mártires de Carral, etc.