A Nosa Xente: Emilio Figueroa Ricoy

Picture4Chamámoslle Luís, pero contra todo pronóstico, resulta que non se chama Luís. E estas cousas pasan en Muros, onde todo non é como parece. O seu nome de pila e Emilio, e os seus apelidos Figueroa Ricoy, muradán, nado na rúa Axesta no ano 1953. Os seus pais foron Francisca Ricoy Heredia e Bartolomé Figueroa Barreiros, a quen coñeciamos por , e que foi unha das mellores voces de Muros e a súa contorna. O noso Luís, cantar canta algo, pero que conste que él non e o culpable da moita choiva que cae en Muros.
De pequeno foi a escola de D. Manuel Parada, de Don Vicente e de Don José Beiro, e os trece anos puxérono a traballar no mar, e fíxoo nun barco de pesca que se chamaba <así es la vida>. Con dezaseis anos e unha maleta pequena saleú para embarcar en Bilbao nun pequeno mercante que se chamaba . E volta para Muros… e de Muros para Ferrol, para facer a instrución militar; e de Ferrol para Madrid, onde fixo o servizo no hospital militar .
Casou ós vintetrés anos con Carmen García Caamaño. Froito do matrimonio foron tres fillos e dous netos, que son como pequenos terremotos que enchen a Luís e a Carmen de gran ledicia.
Mariño por vocación, surcou tódolos mares do mundo en diferentes barcos. Nun deles, un barco de pasaxe de bandeira norueguesa, o Royal Viking Sea, traballou de axudante de cociña. Desta etapa lembra que tiñan que facer de comer para novecentas persoas, e que visto o visto… non lle quedaron ganas de facer de comer para ninguén mais, por elo dí que na casa non fai nin un ovo. Tamén traballou como bombeiro nun petroleiro de armadores norteamericanos, de 364.000 T. de rexistro. O buque era tan grande que para ir de proa a popa había que facelo en bicicleta.
Ahora, xa xubilado, adica o seu tempo a súa familia. Os seus netos son a súa pasión. Grandes paseos polo muelle, charlar cos amigos e adicarse a cultivar unha pequena horta, que dará froitos cando lle chegue o tempo, son agora os seus hobbys.

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s